O Instituto de Estudos Chairegos organiza para o vindeiro venres 16 de xaneiro de 2026, ás 20:00 horas, na Sala de expsoicións do Auditorio Municipalde Vilalba, o acto de clausura da Exposición RETRATOS, unha colección de cadros pintados polo artista vilalbés Pedro Cabarcos para conmemorar o XXV Aniversario do Iescha.

Durante o acto, a autor, Pedro Cabarcos, e a debuxante e profesora no Taller Besbello, Isabel Pardo, conversarán sobre distintos aspectos relacio-nados co mundo da arte.

Para poñer o colofón ao acto, os familiares das persoas retratadas (ou as propias persoas, se é o caso) recollerán o seu cadro respectivo, facendo deste xeito á inversa do realizado no acto de inauguración.

Copia-de-NOTA-INFORMATIVA-EXPOSICION-RETRATOS