
CATRO NUN ZOCO EN CONCERTO este sábado, 15 de novembro, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María.
Conformado por Mini Rivas, Navia Rivas, Iria Rivas e Mariña Quintillán CUARTO NUN ZOCO combina a canción de autor con temas tradicionais, pretendendo divulgar a canción de compromiso social e todo o relacionado coa cuestión identitaria galega. Música para sentir e pensar.
Para asistir ao concerto de Catro nun zoco é necesario facer reserva (billete 5 euros) no seguinte enderezo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.