As entradas para os concertos, enmarcados na iniciativa Artistas en ruta e que comezan o vindeiro venres 19, xa están á venda en www.therapants.es 

The Rapants levará La máquina del buen rollo por distintos puntos da Península Ibérica antes de apagar, para sempre, o seu motor. Logo de ofrecer case 30 concertos no que vai de ano, os muradáns visitarán, entre outras,  as cidades de León,  Barcelona, Valladolid e Madrid da man da iniciativa AIE – Artistas en Ruta. 

Desde o inicio da xira de 2025 (24 de xaneiro, Inverfest), o cuarteto de Muros ofreceu actuacións memorables en citas como O Son do Camiño, Atardecer no Gaiás -o directo máis multitudinario da historia do recinto- ou as Festas da Peregrina, en Pontevedra. Mais antes de botar o pano e gardar os instrumentos até o ano que vén, The Rapants visitará, con AIEnRuta -e co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)-, León (19 de setembro), Barcelona (25 de outubro, en colaboración con Indie Cool Tour), Valladolid (13 de novembro) e Madrid (15 de novembro).  As entradas desta xira por salas xa están á venda a través da páxina web www.therapants.es

Ademais destes concertos previstos para o outono en salas de fóra de Galicia, The Rapants ofrecerá as derradeiras actuacións desta xira en distintas localidades galegas e asturianas. É o caso, entre outras, da cita que terán este xoves co Festival Revenidas en Vilaxoán; mais tamén en Baiona (Festival Peregrino), O Barco (Festas do Cristo), Castropol (El Pueblo), Lugo (Caudal Fest) e Chantada (O Castañazo, na que será a última cita rapante do ano en Galicia).




XIRA POR SALAS – THE RAPANTS con AIEnRuta
19.09, León | El Gran Café
25.10, Barcelona | Club Sauvage
13.11,Valladolid | El desierto rojo

15.11, Madrid | Camping Osuna

Máis información e entradas en www.therapants.es 

20250910-The-Rapants-AIEnRuta