
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenvolvemento do programa de actividades do ano 2025, organiza a XIII Ruta Por Galicia adiante – Andando as Terras de… NOIA.
A saída do autobús hacia o inicio da ruta, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 9:00 horas do domingo, 21 de xuño de 2025.
O programa consistirá na visita aos principais espazos da vila de NOIA. Para elo, contaremos co acompañamento de ANA ISABEL FILGUEIRAS, antropóloga e arqueóloga, da Oficina de rehabilitación do Casco Histórico de Noia.
O xantar terá lugar no Restaurante O TRAPEIRO
Lugar de Merelle, 2. 15214 Noia. Telf 981 82 14 20
Menú: Empanada de millo, Croquetas
Pescada á galega
Carne asada (Xarrete)
Sobremesa caseira
Viño, auga, refrescos
Café e chupito
O regreso a Vilalba terá lugar unha vez rematadas as visitas da tarde.
O custo por participante (inclúe comida e autobús), fixouse en 30 € para SOCI@S, e 35 € para NON SOCI@S.
As persoas interesadas en participar na Ruta poderán inscribirse, como máximo ata o mércores 17 de setembro, enviando unha mensaxe á conta de correo do IESCHA, estudoschairegos@gmail.com. Tamén poden facelo chamando aos teléfonos: 686-451501 // 651-361628, ou comunicalo directamente a calquera membro da Xunta Directiva. (Recoméndase indicar calquera circunstancia que haxa que ter en conta durante a xornada).
