ÉXITO ROTUNDO NA PRIMEIRA EDICIÓN DE BIGSOUND PONTEVEDRA: MÁIS DE 35.000 PERSOAS CONVIRTEN A CIDADE NA NOVA CAPITAL GALEGA DA MÚSICA

  • BIGSOUND Pontevedra anuncia o seu regreso en 2026 tras pendurar o cartel de sold out no seu debut
  • O festival confirma a súa segunda edición os días 17 e 18 de xullo e activa o próximo martes 15 de xullo unha prevenda exclusiva de abonos con aforo limitado e prezo especial.
  • Cun impacto económico estimado de 14 millóns de euros e máis de 1.300 profesionais implicados, o festival confirma o seu regreso en 2026 e lanza este martes 15 de xullo a prevenda exclusiva de abonos.

A primeira edición de BIGSOUND Pontevedra despídese ao grande tras congregar a máis de 35.000 asistentes chegados de todos os recunchos de España. O festival supuxo o maior evento musical da cidade nos últimos anos, posicionándose ademais dentro do Top 10 de festivais de música de Galicia.

Co cartel de sold out colgado días antes do inicio, BIGSOUND Pontevedra 2025 non só encheu de música o Parque de Tafisa, senón tamén as rúas, hoteis, comercios e restaurantes da cidade, co respaldo do Concello, a Xunta de Galicia e o sector hostaleiro local.

“Ha sido un auténtico orgullo consolidar esta primera edición como un éxito y demostrar que Pontevedra tiene todo lo necesario para posicionarse como una ciudad musical y de festivales, capaz de acoger eventos de primer nivel nacional e internacional. Desde el principio apostamos por un cartel que combinase grandes nombres internacionales, artistas consolidados, talentos emergentes y propuestas locales, con el objetivo de situar a Pontevedra en el mapa del ocio y la cultura, e integrarla de forma estable en el circuito de los grandes artistas”,ha afirmado Miguel Torres, Director Artístico de BIGSOUND Pontevedra. 

Durante dúas xornadas inesquecibles, o Parque de Tafisa vibrou coas actuacións de grandes figuras nacionais e internacionais, confirmando o éxito do desembarco galego do consolidado festival urbano nado en Valencia e Sevilla. A cidade acolleu con entusiasmo un evento que xa forma parte do calendario cultural galego, cun impacto económico estimado en 14 millóns de euros e a implicación directa de máis de 1.300 profesionais.

Seguimos emocionados polo vivido. BIGSOUND Pontevedra foi unha celebración colectiva, un soño compartido que se fixo realidade. O debut non puido ser máis contundente: unha entrega absoluta do público, unha enerxía imparable e unha conexión difícil de esquecer. Tras colgar o cartel de sold out, podemos afirmar con orgullo que Pontevedra xa forma parte do mapa nacional dos grandes festivais, e estamos comprometidos con seguir atraendo turismo cultural, tanto nacional como internacional.” destacou Jordi Lauren, Director de BIGSOUND Pontevedra.

DÚAS XORNADAS INESQUECIBLES QUE MARCAN UN ANTES E UN DESPOIS NA HISTORIA MUSICAL DE PONTEVEDRA

A xornada inaugural comezou coa actuación de Sabela, referente galega do pop-electrónico, que conquistou ao público con temas como Hi, My Love ou Eu espero aquí. Pouco despois chegaba a primeira gran sorpresa: o artista secreto era nada menos que Henry Méndez, que protagonizou xunto a Juan Magán uno dos momentos máis celebrados do día ao interpretar xuntos o xa clásico Se no te quisiera.

Ao longo da tarde, o público gozou dunha programación variada e de alto nivel con artistas como Marc SeguíCali y El DandeeDepol e Abraham Mateo, cuxa enerxía e fusión de xéneros elevaron o ambiente. Tanxugueiras, pola súa banda, ofreceron unha proposta que reivindicou con forza a tradición musical galega, actualizada cunha mirada contemporánea. O colombiano Ovy on the Drums ofreceu un set vibrante e dinámico, e Luck Ra puxo ao recinto para bailar co seu éxito La Morocha. O peche da xornada chegou da man de Nicky Jam, cabeza de cartel do venres, que ofreceu máis dunha hora de espectáculo nun recinto totalmente entregado.

sábado 12 a música continuou desde primeira hora coas actuacións de SoulmackleinPtazeta e o galego LODE, quen emocionou ao público coa súa adaptación de Me muero por conocerte. Un dos momentos máis emotivos do festival protagonizouno Leire Martínez, exvocalista de La Oreja de Van Gogh, que regresou aos escenarios acompañada dunha banda feminina e do músico e actor Víctor Elías. A súa actuación foi recibida cunha calorosa ovación por parte dun público que recoñeceu os seus máis de 17 anos de traxectoria.

A tarde avanzou con forza cos directos de JulietaOmar MontesMaría EscarmentoAmaia e La Zowi, quen acendeu o ambiente coa súa proposta urbana. Especial mención merece Amaia, que interpretou Nuevo verano a capela en resposta a unha pancarta do público que dicía: “No hay verano hasta que suena Nuevo verano”, xerando un dos momentos máis conmovedores do festival.

O broche de ouro chegou pasadas as doce da noite coa actuación de Rels B, cabeza de cartel do sábado e un dos artistas españois máis escoitados en todo o mundo. Baixo unha lúa chea que el mesmo non deixou de sinalar, ofreceu un espectáculo á altura do seu status internacional, cun repertorio infestado de éxitos coreados polo público. O peche definitivo desta edición correu a cargo de Juanjo García DJ, quen asinou unha sesión final que despediu o festival cunha atmosfera de euforia e celebración colectiva.

2026 XA TEN DATAS E PREVENTA CONFIRMADAS

Tras o rotundo éxito desta primeira edición, BIGSOUND Pontevedra confirma o seu regreso en 2026, os días 17 e 18 de xullo, novamente no Parque de Tafisa.

prevenda exclusiva de abonos comezará o vindeiro martes 15 de xullo ás 12:00 h, cunha edición limitada de entradas a prezo especial (42 € con gastos incluídos) e seguro de reembolso, dispoñibles na web oficial de Bigsoundfestival.com

Organizado por BS Entertainment e PlayPlan en colaboración co Concello de Pontevedra, BIGSOUND Pontevedra conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo.

BIGSOUND Pontevedra conta tamén nesta primeira edición co apoio de KELERHAVANARENFEIMAGINGI GROUPREDBULLPEPSISCHWEPPESLos 40 Principales e Enterticket.

A conta atrás para 2026 xa comezou.

Sigue a BIGSOUND en:

WEBbigsoundfestival.com 

X: BIGSOUNDFestVlc

IG: BIGSOUNDfestival

YTBIGSOUND Valencia

#BIGSOUNDFestival2025