‘O Orgullo do Norte’ coruñés estrea este xoves, a partir das 20.00 horas, o escenario dos Xardíns de Méndez Núñez cos sons urbanos, sentimentais e activistas de Jimena Amarillo, os himnos atemporais de Merche e o agardado pop latino, melódico e de vangarda de Nia

Ao cargo das pinchadas que animarán a apertura e a clausura da noite ­–ás 20.00 e ás 00.30 horas, respectivamente– estará DJ90 a golpe de grandes hits, música dance e moita frescura

O Atlantic Pride está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coruña, o apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic

O Atlantic Pride estrea o escenario dos Xardíns de Méndez Núñez este xoves, 10 de xullo, a partir das 20.00 horas, da man de tres grandes voces femininas do pop español. Icona do pop lésbico, sentimental e urbano, Jimena Amarillo chega á cidade herculina ás 21.00 horas para facer bailar ao público ao son do seu romanticismo contemporáneo, que a artista serve sen rodeos e directo ao corazón.

Contra ás 00.00h, Merche poñerá a bailar ao público ao son de himnos pop como Abre tu mente ou No me pidas más amor. Antes, ás 22.45 horas, a gañadora de Operación Triunfo 2020, Nia, non defraudará aos seus fans co seu pop latino, xa sexa melódico ou de vangarda, para presentar os temas do seu álbum PALOSANTO.

Nesta quinta xornada do ‘Orgullo do Norte’ coruñés, as pinchadas para abrir e pechar a noite, ás 20.00h e ás 00.30 horas, correrán a cargo de DJ90, que poñerá ao público a bailar a golpe de grandes hits, música dance e moita frescura.

PROGRAMA ATLANTIC PRIDE 2025

Xoves, 10 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

20.00h. DJ90

21.00h. Jimena Amarillo

22.45h. Nia

00.00h. Merche

00.30h. DJ90

SOBRE AS ARTISTAS DO XOVES 10 DE XULLO NO ATLANTIC PRIDE 2025

Jimena Amarillo

Icona do pop lésbico, sentimental e urbano, Jimena Amarillo converteuse en referente da nova escena pop española dun xeito meteórico. As súas cancións –do mesmo xeito que os seus concertos– son unha amalgama de emocións e músicas do máis diversas, que sempre soan a Jimena Amarillo, cuns textos “marca da casa” que son puro realismo pop.

Ata o momento, publicou numerosos sinxelos e os discos Como decirte, mi amor (2021) e La pena no es cómoda (2023). Con este último, foi nomeada a mellor artista emerxente nos Premios de la Academia de la Música. Esta primavera de 2025 chega o seu terceiro disco e, tras el, o seu desembarco no Atlantic Pride da Coruña. O primeiro sinxelo deste novo traballo discográfico viu xa a luz. Trátase dunha canción da que a súa propia creadora di: “Flow deskiciada é o primeiro adianto dun disco no que, aparte de baladas e as miñas moñerías de sempre, fóiseme máis que nunca a cabeza e permitinme falar máis á lixeira, utilizando a xerga que máis me gusta e explorando outros camiños, meténdome máis de cheo no universo queer… por se non quedara claro que son lesbiana, pois o recordo aquí”.

Jimena Amarillo destaca na escena do novo pop español feito por debutantes autosuficientes e espontáneas que mesturan diferentes influencias e xéneros con naturalidade. A clave do seu éxito é a sinceridade; esa forma tan natural de contar as súas alegrías, penas e namoramentos e o sinxelo que resulta identificarse coas súas experiencias. Romanticismo sen rodeos e directo ao corazón. Por todo isto, a música erixiuse como toda unha icona da comunidade LGTBIQ+ e nomes como C. Tangana a sinalan como unha das artistas máis admiradas do momento. 

Nia

Natural de Las Palmas de Gran Canaria, en 2020 preséntase a Operación Triunfo e convértese na gañadora. Despois lanza o seu primeiro EP, Cuídate, que conta con máis de oito millóns de escoitas en Spotify. Aválanlle colaboracións con artistas da talla de India Martínez, Blas Cantó, Edurne, Nino Vargas, Gente de Zona, Daniel Me estás Matando, Rocco Hunt, Lennis Rodríguez ou María Peláe; colaboracións que terminaron por asentar a proposta musical de Nia tanto nacional como internacionalmente.

Nia foi, ademais, a persoa máis votada polo público e a favorita por excelencia en Tu cara me suena, polas súas grandes interpretacións e espectaculares imitacións. Tamén participou en Dúos increíbles da man de Antonio Carmona. A carreira de Nia segue imparable e, grazas á súa talento multidisplinar, en 2022 foi a protagonista, xunto a Sebastian Yatra e Asier Etxeandia, da primeira serie musical de Netflix España, Érase unha vez… pero ya no

En 2024 lanza o seu álbum debut PALOSANTO, que se converte rapidamente nun éxito de crítica e público, aguantando tres meses entre os discos máis vendidos do país e logrando nomeamentos a multitude de premios nacionais e internacionais. 

A súa versión de Lágrimas negras, xunto á voz orixinal da lenda da música cubana Celia Cruz, lévana a cruzar o charco e converterse nunha das poucas españolas en cantar en formatos de renome internacional como Despierta América, en Estados Unidos.

Merche 

Nada en Cádiz e ligada aos escenarios desde que era unha nena, Mercedes Trujillo Callealta, Merche, é unha das cantautoras máis coñecidas deste país, publicando 10 álbums inéditos ata a data.

Despois de conseguir numerosos éxitos ao longo da súa carreira con cancións como No me pidas más amorAbre tu menteLe deseoEras túCal y arenaSi te marchas… entre outros, con seis discos de platino e catro de ouro, un nomeamento aos Grammys, numerosos premios recibidos ao longo dos seus 21 anos de carreira e os máis de 1.300 concertos dados por todo o país, a carreira de Merche converteuse nunha das máis consolidadas do panorama musical español.

Actualmente atópase promocionando o seu último single Soy superviviente, terceiro capítulo do seu novo proxecto Después de un tiempo, o seu novo proxecto, que consiste na publicación dunha serie de cancións inéditas baseadas nalgúns dos temas máis importantes da súa carreira e que contan como evolucionaron esas historias pasados os anos. Nesta ocasión esta historia é a continuación da historia da canción Abre tu mente.

GRANDES DIVAS DO POP, TALENTO GALEGO, ICONAS LGTBIQ+ e DRAGS NO ORGULLO DO NORTE 

Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride celebrará a súa 6ª edición na Coruña do 6 ao 13 de xullo de 2025. Trátase dun festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva.

A cita, que na súa pasada edición reuniu a máis de 25.000 persoas, está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. O Atlantic Pride conta, tamén, co patrocinio privado de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic. O encontro nace no ano 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coruñesa dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBIQ+, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.

Neste 2025, o Atlantic Pride regresa como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comenzo do verán ao longo da Península e no que, un ano máis, se darán cita coloridas propostas para todos os públicos. Así, no Atlantic Pride non faltarán concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebración do IV Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que na súa pasada edición rexistrou o seu récord de participación e que neste 2025 ten xa aberta a súa convocatoria para recibir relatos ata este sábado, 31 de maio.

Nesta 6ª edición, o Atlantic Pride contarña coa presencia de cinco grandes divas do pop español, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encherán a cidade herculina de cor e diversión, cunhas voces que farán as delicias de diversas xeracións. Xunto a elas, a nova escena musical galega subirase un ano máis ao escenario do ‘Orgullo do Norte’ coruñés, da man de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla.

A elas súmanse, tamén, catro grandes iconas da cultura e a música LGTBIQ+, como son Jimena Amarillo, Mayo e os dj’s Sofía Cristo e Cascales. Turista Sueca poñerá a súa boa dose de festa, petardeo e humor, mentres que aos pratos estarán, tamén, La Kristhofer, Kris K DJ, DJ90, DJ Licho, DJ Flashback, DJ Espinoso e DJ CÉS.

Ademais, o mellor talento drag queen estatal e galego, de Drag Race ao Claro Boba!, sumaranse este verán á festa do Atlantic Pride, que neste 2025 contará co maior elenco drag da súa historia. Así, polas táboas do ‘Orgullo do Norte’ desfilarán grandes iconas queer como Samantha Ballentines, Arantxa Castilla-La Mancha & OnyX Unleashed, Yasmine Lutar, Liteah, RRRITA, Escarlatina Pier, Ariel REC & Gaylicia y Kelly Amethyst. Finalmente, a xornada de clausura do Atlantic Pride será un auténtico revival eurovisivo coas voces de David Civera, Anabel Conde e Kuve.

En paralelo á programación deste Atlantic Pride 2025, o sábado 12 de xullo, o local Claro Boba! e o programa da TVG Raíña-me! Organizan a ‘Afterpartie Raíña-me!’, con entrada libre e actuacións de Alexa Evans, Marisa Prisa e Kim Miller a partir das 02.30h. 

20250709-NP-axenda-xoves-10-Atlantic-Pride-2025