
A derradeira actividade semestral da Asociación Cultural Castiñeiro Milenario consistirá na visita ao Arboretum de Galicia situado en Begonte.
Un arboreto vén sendo un espazo natural protexido no que se desenvolven coleccións de árbores e plantas vasculares cunha lóxica paisaxística e con fins pedagóxicos. En Begonte, no lugar de Reiriz, na parroquia de San Vicente de Pena, temos a fortuna de contar, desde o ano 2010, co Arboretum de Galicia.
Despois de falar cos responsables do Arboretum, temos a sorte de poder facer, de xeito excepcional, unha visita guiada o domingo 22 de xuño a partir das 10:30 horas.
A actividade poder durar entre 2 a 3 horas e está indicada, en principio, para todos os públicos., cumprindo sempre as regras do espazo. Para organizar ben a actividade (as prazas son limitadas) cómpre anotarse no noso correo electrónico (castineiromilenario@hotmail.com) ou nas nosas redes sociais.
Máis información na nosa páxina https://castinheiromilenario.wordpress.com/2025/06/03/visita-guiada-ao-arboretum-de-galicia/