A Homenaxe “O Escritor/a na súa Terra – Letra E“, que cada ano impulsa a AELG, chega neste 2025 á súa XXXI edición, recaendo por decisión da Asemblea de Socias e Socios da AELG na figura de Xosé Manuel Beiras.
A actividade terá lugar o sábado 14 de xuño, en Santiago de Compostela. A partir das 11:30 horas desenvolverase o programa de actos previsto, que pode ser consultado aquí.
PROGRAMA PREVISTO
11:30 h. Descubrimento do monólito conmemorativo e plantación da árbore do autor, un teixo. No Parque de Galeras (Santiago de Compostela). Acceso libre para todo o público.
Intervencións de:
– Goretti Sanmartín, Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela.
– Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidencia da AELG.
– Xosé Manuel Beiras.
12:30 h. Acto de entrega da “Letra E”. No Auditorio do CGAC (Rúa Valle Inclán, 2). Acceso libre para todo o público, até completar capacidade do espazo.
Intervencións de:
– Goretti Sanmartín, Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela.
– Lectura da concesión da Letra E, por Beatriz Maceda Abeleira, Vicepresidencia da AELG.
– Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidencia da AELG.
– Laudatio do autor, por Miguel Anxo Fernán-Vello.
– Entrega da peza escultórica, elaborada por Silverio Rivas.
– Xosé Manuel Beiras. Intervención do homenaxeado. Resposta á laudatio.
14:30 h. Xantar de confraternidade posterior no Restaurante A Nave de Vidán (Avenida Mestra Victoria Míguez, 44). As persoas interesadas en participar no xantar deberán reservar a súa praza enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o seu nome e apelidos, antes do 9 de xuño. O prezo do menú é de 36 euros, que se pagarán en efectivo antes de comezar o xantar, no mesmo restaurante.