O VENRES 23 ÁS 12:00H SAIRÁN Á VENDA AS ENTRADAS DE DÍA EN WWW.FUMEGAFEST.COM E ENTERTICKET DENDE 32€
O festival Fumega Fest da a coñecer o reparto dos artistas entre as xornadas do 4 e 5 de xullo, días de celebración do festival. As entradas para cada un dos días sairán á venda este venres 23 ás 12:00h dende 32€ en www.fumegafest.com e Enterticket. O Parque do Pasatempo de Betanzos vivirá dúas xornadas coas mellores bandas a nivel europeo de stoner rock, post rock, psych, space rock e post metal, nunha primeira edición que aspira a afianzarse como un dos grandes reclamos do xénero na Península Ibérica.
VENRES 4 DE XULLO
A xornada do venres 4 de xullo estará encabezada por un dos grandes atractivos desta edición, Monkey3. Dende Suiza, o grupo trae unha fusión explosiva de stoner rock, space rock e progresivo. Xunto á banda suíza, dende Escocia chega outra das grandes bandas internacionais do festival, Dvne, que destaca como un dos grupos máis potentes e ambiciosas do post-metal progresivo. Neste caso dende Bélxica, a intensidade progresiva dePsychonaut converteunos nunha das propostas máis innovadoras do stoner e post-metal. Completando esta primeira xornada, actuará unha das bandas máis representativas da escena galega, Mano de Piedra, que dende Vigo chegarán para fusionar stoner, hardcore e post metal cunha brutalidade sonora impactante.
SÁBADO 5 DE XULLO
A xornada do sábado 5 de xullo estará encabezada por outro dos grandes nomes desta edición, Greenleaf, que aterrarán dende Suecia, lugar onde crearon o seu son en base á psicodelia, o hard rock e o heavy blues. A aposta por grandes nomes consagrados da escena estatal chegará da man dos cataláns Exxasens, que levan máis de 15 anos redefinindo os límites do post-rock e space rock instrumental. Neste caso dende terras madrileñas, chega para esta última xornada unha das propostas máis incalificables do cartel. Mohama Saz combina psicodelia, rock, jazz espiritual e sons tradicionais do Mediterráneo, Oriente Medio e Norte de África. Pechando o cartel desta segunda e última xornada, o festival traerá dende Lugo o post-rock e o metal instrumental de Kalte Sonne, un dos grandes grupos galegos que se destacou en festivais de toda Europa.
Xunto ás entradas de día, o festival porá á venda tamén un pequeno cupo de accesos á acampada diarios, espazo que contará con zona cuberta, control de acceso e todos os servizos do pavillón municipal. Atoparase a escasos metros andando do recinto de concertos e do centro da vila, e terá un prezo de 12€.
Fumega Fest é un festival promovido pola promotora PlayPlan, encargados de festivais como BIGSOUND Pontevedra, SonRías Baixas ou Festival do Pasatempo, así como das carreiras de artistas como Tanxugueiras, Caamaño&Ameixeiras, Vimbio, Sabela ou Hugo Guezeta. O evento conta coa colaboración institucional do concello de Betanzos e o patrocinio de El Águila.
COÑECE AOS ARTISTAS DO FUMEGA FEST
Un dos grandes cabezas de cartel desta edición é Monkey3. Dende Suiza, o grupo trae unha fusión explosiva de stoner rock, space rock e progresivo. Nacidos no 2001 como unha banda de jam sessions, evolucionaron ata converterse nunha das formacións máis respectadas do xénero en Europa. Os seus directos son unha auténtica viaxe sensorial, con guitarras expansivas, teclados psicodélicos e unha enerxía demoledora.
Dende Escocia chega outro dos grandes atractivos do festival, Dvne, que destaca como unha das bandas máis potentes e ambiciosas do post-metal progresivo. Cun son épico que fusiona stoner, sludge, doom e metal progresivo, o seu estilo bebe de influencias como Mastodon, Neurosis e Pink Floyd, creando composicións expansivas e atmosféricas.
Neste caso dende Bélxica, a intensidade progresiva de Psychonaut converteunos nunha das propostas máis innovadoras do stoner e post-metal. Influenciados por Led Zeppelin, Pink Floyd e Tool, combinan riffs esmagadores con conceptos filosóficos e espirituais nos seus discos. Coñecidos polos seus directos impactantes e unha posta en escena escura e envolvente, son unha das grandes apostas do festival.
O último dos grandes nomes desta edición chegará dende Suecia, onde Greenleaf creou o seu son en base á psicodelia, o hard rock e o heavy blues. Mesturando a potencia das paisaxes sonoras creadas coas súas guitarras e unhas cautivadoras voces de blues, a banda sueca chegan para ofrecer un espectáculo frenético e hipnotizante a partes iguais.
O festival aposta tamén por grandes nomes consagrados da escena estatal. Os cataláns Exxasens levan máis de 15 anos redefinindo os límites do post-rock e space rock instrumental. A súa música evoca viaxes interestelares con guitarras etéreas, sintetizadores envolventes e unha produción meticulosa. Dende terras madrileñas chega unha das propostas máis incalificables do cartel. Mohama Saz combina psicodelia, rock, jazz espiritual e sons tradicionais do Mediterráneo, Oriente Medio e Norte de África, creando unha experiencia sonora única. A súa música, cunha forte carga política e experimental, é un convite ao trance e á exploración sen límites.
No festival tamén haberá espazo para gozar de dúas das bandas máis representativas da escena galega. Dende Vigo emerxe Mano de Piedra, unha banda que fusiona stoner, hardcore e post metal cunha brutalidade sonora impactante. Dende Lugo aterrará o post-rock e o metal instrumental de Kalte Sonne, grupo que se destacou en festivais de toda Europa. A súa capacidade para crear atmosferas cinematográficas e envolventes é unha aposta segura para quen busca emocións intensas e paisaxes sonoras inesquecibles.