O IEU organiza para o sábado 10 e o domingo 11 de maio a presentación na Ulloa do número 8 da revista Cairón, que, ademais dos apartados habituais, dispón dun apartado especial sobre o confito de Altri.

As datas de tales presentacións son as seguintes:

O sábado 10 de maio ás 12,00 h será presentado en Monterroso, na sede do IEU.
O sábado 10 de maio ás 18 h na Casa da Cultura de Antas de Ulla. 
E o domingo 11 de maio ás 12 h  no Salón de plenos da Casa do Concello de Palas de Rei.


En calquera das tres presentacións os socios do IEU poderán recoller os exemplares de Cairón nº 8. E no caso da presentación na sede de Monterroso terán á súa disposición exemplares de números anteriores.

Máis información en http://ieu.gal/