O IESCHA organiza a conferencia de CARLOS MÉIXOME, escritor e historiador galego, que leva por título “Unha cata na nova lei de memoria democrática”, e que terá lugar o venres 17 de febreiro de 2023, ás 20:30 horas, na casa da Cultura de Vilalba.
A autora, xunto a Antón de Guizán (de Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños), introducirá aos asistentes nesta peza teatral escrita sobre os feitos decorridos na torre de Caldaloba no século XV e que supuxeron a fin da existencia efectiva do Reino de Galiza. Unha peza teatral para gozar da súa lectura, e da súa representación, reivindicando un anaco da historia de Galiza e a recuperación da torre, como distintas entidades chairegas e lucenses reclaman, fronte ao seu deterioro e esquecemento.
A entrada será libre.
Outras actividades previstas para o mes de febreiro:
-Sábado, 18 de febreiro, ás 20 horas, e previo ao día de Rosalía, a Casa-Museo Manuel María terá o privilexio de contar coa representación da exitosa peza de Xúlio Lago e María Barcala (Teatro do Atlántico) Libre coma paxaros.Esta obra teatral é un percurso polo pensamento e a palabra de Rosalía. Será necesario reservar (billete 5 euros).
-Sábado, 25 de febreiro, ás 20 horas, De Ninghures en concerto, presentarán o seu traballo “Aquí”. Oito mozos e mozas de diversas do noso país que desfrutan tocando xuntas as músicas de raíz cun grande variedade de instrumentos. Será necesario reservar (billete 5 euros).
A quinta edición do programa celebrarase do 17 de setembro ao 22 de outubro e incorpora a Navarra como quinto territorio do proxecto
CEN editará por vez primeira o ‘Catálogo de espectáculos recomendados Camiño Escena Norte’ para a súa promoción tanto nas cinco comunidades participantes coma no resto do Estado
Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas, abre mañá, 6 de febreiro, o prazo de inscrición de espectáculos para xirar no Itinerario Constelacións da súa quinta edición, que se celebrará do 17 de setembro ao 22 de outubro. As compañías interesadas teñen de prazo até o 16 de febreiro para presentar as súas candidaturas. Aquelas que finalmente resulten seleccionadas, formarán parte da nova programación con diversas funcións nas comunidades autónomas que conforman o proxecto. Toda a información e ficha de inscrición está dispoñible na páxina web www.escenanorte.com
Unha das novidades desta quinta edición será o Catálogo de espectáculos recomendados Camiño Escena Norte, unha selección de 30 producións realizada polas comisións profesionais de CEN que levarán o selo Espectáculo recomendado Camiño Escena Norte. Esta marca de calidade servirá de promoción e apoio á distribución dos mesmos fóra do ámbito do proxecto. Este catálogo publicarase en formato dixital e enviarase ás e aos profesionais da programación das comunidades do proxecto, así como a unha selección de profesionais do resto do Estado. A programación do Itinerario Constelacións de 2023 sairá dos espectáculos incluídos no catálogos.
Por outra banda, e logo de ser o territorio convidado na edición de 2022 -cuxas actividades superaron as 6.000 persoas participantes-, Navarra únese definitivamente a Camiño Escena Norte como quinta comunidade do proxecto, grazas a un importante reforzo da financiación achegada polo Goberno navarro, que permitirá programar en máis espazos da comunidade foral, ademais de aumentar as funcións das compañías navarras nos territorios CEN. Ademais, as e os artistas desta comunidade poderán tomar parte de todas as actividades do proxecto cultural.
CAMIÑO ESCENA NORTE
Camiño Escena Norte é unha iniciativa promovida polas asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria) e Eskena (País Vasco). Todas elas, unidas na supraentidade Camino Escena Norte AIE -creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto-, impulsan unha intensa programación escénica coa intención de pór en valor a diversidade cultural, lingüística e de formatos e linguaxes da produción do norte da Península Ibérica.
Desde o seu nacemento en 2019, Camiño Escena Norte leva o teatro, a danza e o novo circo a escenarios alonxados dos circuítos habituais, ofrecendo a oportunidade de acceder á cultura a públicos de municipios e localidades que habitualmente non teñen acceso a este tipo de propostas. Tamén facilita ás compañías seleccionadas en cada edición o acceso a novos espazos e escenarios nos que desenvolver a súa creatividade.
É difícil explicar o abraio que supón atopar unha novela tan impresionante coma esta, que data de 1968. Unha novela que envellece realmente ben e que nesta edición, tan coidada de Malas Tierras, amósase coma unha verdadeira alfaia literaria. Case cincocentas páxinas que retratan unha época e unha sociedade coma a arxentina, albiscando o luscofusco que envolve ao seu protagonista, Julián, que semella ir animalizándose ao longo da obra.
Cargada de humor, intelixencia e, tamén, de melancolía, Los galgos, los galgos narra, con gran mestría e delicadeza, a viaxe dun perdedor, que evoca na lectora ou lector unha amálgama de diferentes sensacións, que van desde a tenrura até o desprezo. Non é doado despegarse desta fuxida cara ningures, que alterna os escenarios Bos Aires-París-Bos Aires, e que talvez veña a indicarnos que ninguén pode ficar por sempre nun lugar invariábel.
Sen dúbida, o tempo, tan habilmente tratado pola autora, sexa o elemento transcendente que conforma esta narración. O tempo que nos consome e que pasa arrogantemente veloz coma os adorábeis galgos de Las Zanjas, ese lugar que nos recibe e nos despide con certo sabor agridoce.
“Caminemos. Otra vez caminemos, a campo atraviesa. Ya se ve mi casa. Allí, extendidos en mecedoras de color, estarán mis parientes”.
Imposíbel non anotar o nome de Sara Gallardo e querer descubrir máis sobre a súa escrita tan brillante e vivamente poética. Esta é xa unha tarefa pendente.
O IESCHA organiza a proxección do documental SANTOALLA, que terá lugar o vindeiro sábado 11 de febreiro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Vilalba, coa presenza da sua produtora CRISTINA DE LA TORRE.