por Ana Mar Fraga Rábade | Feb 13, 2017 | Autores/as, Creación
Veño dunha aldea da chaira para contarche, ali os ventos zoan manos e agarimo, as lágoas son espello, e o bico da herba ten a frescura dos tempos.
Lembro os Irmandiños cando paso ao carón da torre Caldaloba, na pena branca de Cospeito agarda a fada das fontes, no carreiro de sapiñeiro a pedra dos muros.
Ao carón da lágoa, sae ao camiño a lenda do pobo de Valerse, Veño do castro de Vilapene, traio o recendo do trigo do miño da Consueliño, da pedra e o roscar da vella peneira, daquela presa chea de troitas, lembranza do pai collendoas a man cando eu eta unha nena.
Veño dos tempos pasados, de xente rexa, de comaros verdes, teño que contarche asubío dos homes ao finai da tarefa, de porróns de auga fresca, da ovella merina pacense na eira.
Veño de grandes estivas, defouces segando e de mallas na eira, do pai cantando e da avóa levando o compás coas pernas.
Veño polo camiño que fixeron os meus antergos, son da Terra Cha, de feitas lombas, de verdes prados, de xente que garda o frescura da terra,traio o ouveo do lobo, nas noites de lúa chea.
Ana Mar Fraga Rábade.
por Suso De Merelas | Feb 12, 2017 | Autores/as, Creación
Sobre o escrito de Martiño titulado Días de palabra e sanshi, gustaríame comentar que teño algo que eu chamo “conciencia filolóxica”. Non sei se é un termo inventado por min, pero eu doulle o significado de “sentir amor por todas as linguas”. Sempre resulta enriquecedor establecer contacto con outra persoa na lingua que sexa, porque o verdadeiramente importante é iso: establecer contacto, comunicarse. Esta marabillosa sensación só é superada polo feito de atoparte con alguén que sentiu curiosidade e aprendeu a túa lingua, por moi estraña e allea que lle resultase nun principio.
por Emilia Martínez Fuentes | Feb 12, 2017 | Autores/as
Mundo inxusto,
síntese dunha promesa rachada,
fame, penas, estravíos,
Ilusións esnaquizadas do pobo que agardaba…
o cambio, a simbiosis do mundo,
asemella un teatro da vida, onde somos
títeres asoballados, sen verbas nin opinións…
criterios esmorecidos dun pobo en decadencia,
con leis en desuso é obsoletas,
onde non hai liberdade, aunque moito se predique,
e o ladrón tén máis derechos ca vítima,
e onde teñen que morrer mulleres pra que haxa xustiza,
porqué non antes??
porqué as leis van tan amodo, e non chegan a tempo…
Mundo esnaquizado póla soberbia, unhos poucos,
corruptos é famentos de bens alleos,
que se manteñen coa fame do pobo,
coas súas bágoas, co seu sofrimento,
seremos ambivalentes pasaxeiros
dunha década en deshuso, con fronteiras e murallas,
balados que se erguen ata o ceo,
impedindo a fraternidade dos pobos,
asemellamos unha morea de lobos famentos,
pelexando polo territorio existencial da discordia,
oxalá veñan tempos novos,
onde sexa o sentimento o que mande, algunas veces,
aunque sexa,
coa humildade do corazón
dun neno, onde non hai nin malicia nin ruindade,
neste corazón puro e transparente,
onde se agocha a inocencia,
desexaría que tan sólo por un día
se gobernara así o mundo,
entenderíanse moitas cousas que agora
non se entenden…
por Emilia Martínez Fuentes | Feb 12, 2017 | Autores/as, Creación
Búscame,
na fondura do mar inmenso,
na area quente dunha praia deserta,
nas rochas, nas ondas,
no voar das anduriñas viaxeiras,
no vento que pasa silandeiro,
búscame,
nos beizos mozos que non bicaron ainda,
nos suspiros dun corazón namorado,
búscame,
nas estrelas, na máis escondida, nesa que tanto brila,
búscame,
no sorriso dun neno,
nas mans que piden xustiza,
no pranto cotián de tanta xente,
búscame,
no regato de augas cristalinas
que discurre pólos nosos desexos,
búscame,
na tristura calada, tamén na ledicia,
neses intres que mancan,
neses outros tamén que pasan sen deixar siquera nada, nin ferida…
búscame,
no fondo dunhos ollos que miran,
ás veces sen ver, outras vendo demasiado…
ollos que ainda pechados
rabuñan o corazón,
e saben das vidas alleas…
búscame,
nas pedras dos camiños,
nas frores e nos carballos,
no fulgor da primavera,
búscame,
alí estarei, en todas partes onde mires,
porque é a vida,
e eu: son a vida mesma…
(Emilia Martínez Fuentes)
por Antón De Guizán | Feb 10, 2017 | Autores/as, Creación
A Asociacion Sociocultural Lareira de soños alerta do deterioro dos frescos da igrexa de San Vicenzo dos Vilares e da urxencia de acometer os traballos de limpeza e restauración desta obra do seculo XVI cuxa autoría se atribúe ao Mestre de Parga. A Asociación presentou o pasado verán un estudo co seu proxecto para reclamar ás distintas partes implicadas a recuperación destes murais.
Coas autorizacións correspondentes da igrexa e coa tramitación do expediente en patrimonio da Xunta realizado, a restauración das pinturas atópase neste momento parada por falta de aprobación dos orzamentos provinciais. Cada inverno que pasa é fatal para o estado desta importante obra de arte relixiosa nunha igrexa referencial na Terra Chá, que data do seculo XII e que conta con importantes elementos relixiosos, entre eles os retablos, o sartego ou o calvario cos tres cruceiros. A igrexa de San Vicenzo, celebra a importante romaría dos desamparados.
O perigo de adiar a consolidación e posterior restauración dos murais que perxudicados pola meteoroloxía e o desconchado das paredes provicado polos bancos da igrexa pode faver irreversible a recuperación dalgunhas partes, polo que estas pinturas descubertas a mediados dos anos 90 do pasado século precisan dunha actuación urxente.