HENKO: A mirada de Miguel Díaz
Título: Resiliencia
Resiliencia
Eu non sei, amor, se te quero ou se só teño un desexo incontrolable de te querer.
E pronuncio “amor” desexando amarte, tamén con esas partes que me faltan.
Título: Resiliencia
Resiliencia
Eu non sei, amor, se te quero ou se só teño un desexo incontrolable de te querer.
E pronuncio “amor” desexando amarte, tamén con esas partes que me faltan.
Título: A folla caída
Todo iso que somos mentres non somos. Porcións efémeras que empequenecen, a medida que o certo se achega. Pezas pasaxeiras dun mecanismo fugaz. Todo iso que non somos e nos fai. O tempo perdido que nos constrúe, o extravío que nos trenza, as ruínas que nos conforman. A folla caída que se descompón en cor, mentres seguimos camiño. Todo iso que facemos por ser. Algo, alguén, murmurio, mirada. Bico que agarda nun tendal infindo.
Título: No oco

O vencello xorde no baleiro. Semento unhas letras que desprezan o abismo e avanzan, funámbulas, polo horizonte, camiño dun lugar ignoto. No oco do marco conflúen os sentimentos e a nudez do verbo. Na mirada, crecente, reméxese un feixe de desexos.
Canto máis me achego, máis grande semella o mundo e o poder das palabras ceibadas.
Pero alongo o preámbulo, degustando o intre anterior ao inmenso. E avanzo, amodo, descifrando as cores da harmonía.