Artistas como Malandrómeda, CRNDS, Juait, Mundo Prestigio ou Grande Amore fan a súa propia revisión de 20 temas de DKTC, que estarán dispoñibles en todas as plataformas dixitais a partir das 00.00 horas do sábado 2 de decembro
As asistentes aos concertos deste sábado 2 na Sala Capitol e Malatesta recibirán agasallo o fanzine, que inclúe ilustracións exclusivas de creadores como Leandro Barea, Lidia Cao, Sekone, Miguel Peralta, Ana Langeheldt ou AL Crego, entre outras sinaturas
As entradas para a celebración dos ‘Tremendos Anos 20’, que terá lugar este sábado 2 entre as 19.00 e as 05.00 horas, están agotadas desde hai semanas
Dios Ke Te Crew festexará o seu viséximo aniversario o vindeiro sábado, 2 de decembro, cunha xornada maratoniana de concertos, mais tamén coa publicación dun disco-fanzine, no que 20 músicos e produtores reinterpretan outros tantos temas da mítica banda galega de rap, ás que tamén dan vida, a través de ilustracións, 20 artistas gráficos.
Os remixes poderanse escoitar a partir das 00.00h do sábado 2 nas principais plataformas dixitais, mais tamén estarán dispoñibles través dos códigos QR que se inclúen no fanzine, texto editado en formato A5 e agasallo que a banda entregará ao público asistente aos directos da Sala Capitol. O recinto pendurou hai semanas o cartel de “entradas esgotadas” para a celebración das dúas primeiras décadas de DKTC sobre os escenarios.
Músicos e produtores como Ortiga, Malandrómeda, Javi Fluzo, Grande Amore, Mundo Prestigio, Juait ou CRNDS fixeron novas versións de temas como Vas de verde, Ke traballe o rei, Todo da voltas, Mutant Roll, OG, Amolar ou Danza Maldita; por exemplo. Completan a lista nomes como 2pasos, Padre Murdock, Frank Juxley, DJ Mil, Hermano L, Karma Sound, Nashgul, Terrae, Coio, Figueroa, High Paw, Xurxo Master ou Mou.
Os vinte temas que se poderán escoitar co gallo da celebración dos Tremendos Anos 20 contarán foron plasmados en ilustracións por outros tantos artistas gráficos de todo o Estado. Así, DKTC completa a súa celebración cos traballos de Maz, Twee Muizen, GR170, Lidia Cao, Nove Noel, Luís Sendón, Ana Langeheldt, Daan Botlek, Daniel Muñoz ‘San’, Xoana Almar, Alba Fabre Sacristán, A.L. Crego, Alegría del Prado, Mr. Difuz, Sortwo, Sokram, Leandro Barea, Sr. X, Miguel Peralta ou Sekone fan a súa propia versión, en imaxes, dos 20 temas que se inclúen neste disco-fanzine.
FESTA TREMENDOS ANOS 20
Este sábado, 2 de decembro, a banda máis emblemática do hip hop galego celebrará por todo o alto as súas dúas décadas de traxectoria musical. A festa Tremendos Anos 20 preséntase, en palabras de DKTC, como unha ocasión “única” e “irrepetible” que, a modo de “exclusiva cerimonia litúrxica”, festexará vinte anos de vida a través dun “abraiante akelarre musical de amizades”.A banda acompañaranse de artistas como Malandrómeda, Grande Amore, Boyanka Kostova, Leo i Arremecághona, Vituco Neira (Ruxe-Ruxe), Santino e Guillerme (Quempallou), con quen compartirán escenario con DKTC na noite do 2 de decembro na Sala Capitol, espazo no que tamén actuarán Hermano L, High Paw e DJ Mil desde as 19.30 horas.
Os festexos continuarán na Sala Malatesta. Entre as 00.30 e as 05.00 horas, celebrarase o concerto de Los Rastreadores (Ortiga & Grande Amore) e os showcases de Rebeliom do Inframundo, Saibran Yi yi, Ra Velenosa e Rico Suávez, ademais dos dj sets de Chicho Selektor, Padre Murdock e Croma, e outras sorpresas adicionais.
SOLICITUDE DE ACREDITACIÓNS O prazo de recepción de solicitudes a través de correo electrónico (lucia.pita@theofficeco.es) rematará o mércores 29 ás 14.00 horas e as acreditacións confirmaranse antes das 14.00 horas do xoves 30. Grazas pola vosa paciencia e atención!
O pasado mércores, 22 de novembro, o xurado formado por Armando Requeixo, Xosé Otero Canto e Maurizio Polsinelli acordou por maioría de votos o seguinte fallo:
1º PREMIO para Xurxo Alonso García, pola obra “Non deixedes na mesa nin leite nin pan”, da cal o xurado destacou que é un poemario onde a palabra xorde como unha fervenza que escorrega polo regueiro da ausencia.
2º PREMIO para Paulino Peña Álvarez, pola obra “Vaira e Cristal”, da que dixo o xurado que se trataba dun poemario en verso breve que destaca pola capacidade de entregar ao lector unha memoria aínda intacta de vivencias pasadas, grazas tamén á eficacia dunha linguaxe culta e refinada.
A entrega de premios terá lugar o vindeiro 2 de decembro, a partir das 12 h., no local social de Pino.
O cantareiro e bailador actuará o mércores 29 de novembro no auditorio Gustavo Freire de Lugo, no que se acompañará tanto dunha ampla banda coma de Laura Burgué, Branca Villares, David Vilares, Xabi Iglesias e as pandeireteiras de Cántigas e Frores O escenario do Teatro Afundación de Vigo será o derradeiro que Feijoó visite nesta xira, e ao que tamén subirán, como colaboradoras, Natalie Haas, Andrea Pousa, Fran Sieira, Luis Lavado, María e Luís Prego, María Vidal e as pandeireteiras de O Fiadeiro
O cantareiro, instrumentista e bailador Xisco Feijoó despedirase esta semana da xira de presentación de Peixe, o seu primeiro proxecto en solitario. Os dous derradeiros concertos terán lugar eno 29 de novembro en Lugo e p 1 de decembro en Vigo, e nestes directoso artista acompañarase tanto dunha ampla banda de oito músicas como de numerosas creadoras e amizades sobre o escenario, entre as que se atopan Fran Sieira, David Vilares, Andrea Pousa, Laura Burgué, as pandeireteiras de O Fiadeiro e de Cántigas e Frores, ou mesmo a chelista estadounidense Natalie Haas.
Cada concerto, ateigado de música, danza e arte, será único e irrepetible. Será a celebración da vida dun proxecto que, a partir do vindeiro ano, se transformará noutra proposta, con novas cores e sonoridades. Previamente, e para por o punto e final, Xisco Feijoó actuará como arrancou o proxecto: acompañado dunha imponente banda de grandes músicas do país. Miryam González, Pipo Alvariño, Galen Fraser, María San Miguel, José Manuel Díaz, Marilú Campos, Antón Pombar e Sandra Costa compartirán escenario con Feijoó nestas actuacións, que contan co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
A primeira das citas chegará este mércores, 29 de novembro. Será no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. A partir das 20.30 horas, Xisco Feijoó despregará todo o seu talento da man tanto da súa banda coma da de Laura Burgué (gaita), Branca Villares (voz e percusión), David Vilares (voz), Xabi Iglesias (baile) e das pandeireteiras de Cántigas e Frores. As entradas para esta actuación están dispoñibles en www.enterticket.es
A derradeira volta para despedir Peixeserá na súa cidade, Vigo. O venres 1 de decembro, o Teatro Afundación (García Barbón) será o escenario que acolla o derradeiro directo da xira, a partir das 20.30 horas. Será un festivo e alegre “enterro” do Peixe, unha singular metamorfose na que Xisco sairá ao escenario con artistas como Natalie Haas (cello), Andrea Pousa (voz), Fran Sieira (baile), Luis Lavado (voz), María e Luís Prego (baile), María Vidal (voz e percusión) e das pandeireteiras de O Fiadeiro. As entradas xa están á venda no espazo web www.ataquilla.com
Xisco Feijoó e a xira de Peixe
Xisco Feijoó é, sen dúbida, unha das figuras clave na recuperación de música tradicional galega durante as décadas do 80, 90 e primeiros 2000. Logo dun incesante traballo de recuperación etnográfica, así como de colaborar con ducias de artistas de proxección internacional, como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto ou Rodrigo Romaní,en xullo de 2021 lanzou Peixe, o seu primeiro proxecto en solitario. Desde entón ofreceu case medio cento de actuacións en diferentes localidades de Galicia, ademais doutros municipios da península, como Madrid, Bilbao, Valencia, Segovia e Plasencia; ou mesmo de Europa, na que temas como Animal soaron en Xenebra, Munich, Hamburgo, Frankfurt e Varsovia.
Durante o desenvolvemento da xira Peixe, Feijoó compaxinou as distintas actuacións co seu labor como mestre da ETRAD, coordinador da sección de canto da orquestra folk SonDeSeu e como director xeral do espectáculo Unha xeración, dous mundos, que se estreou no Grand Liceu de Barcelona en decembro de 2022; ademais de ser un dos autores, xunto con C. Tangana, do himno Oliveira dos Cen Anos.
Agora, Xisco Feijoó regresa a dúas das cidades galegas que acolleron a presentación de Peixe.Volve para despedir, dun xeito único, un proxecto que marcou todo un fito na súa carreira artística: logo de máis de trinta anos de investigación e recuperación etnográfica, nos que recolleu e deu vida a numerosas melodías e ritmos tradicionais, e de colaboracións en numerosos proxectos do país; o artista publicou un traballo discográfico no que ofreceu unha novidosa mirada contemporánea sobre a música tradicional. Dous anos despois, o creador dá a despedida “a un ilusionante proxecto que naceu no cerne da pandemia e que agora tomará novas formas, como parte desa metamorfose que todas e todos os artistas experimentamos grazas ás experiencias vividas”.
Como a realidade é terriblemente teimosa en impedir que deixemos de conmemorar a data do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, desde Culturalia GZ tamén teimaremos en enfrontar esta continxencia negativa a nivel social, que ten como vítima principal á muller, coa palabra loitadora que representantes do eido literario, artístico ou educativo achegan para armar unha publicación diversa e comprometida como a que conforma esta pequena obra dixital.
25 NVoces contra o machismoxunta nun único berro a vontade e o compromiso de nove autoras que desde a súa perspectiva singular buscan afianzar a forza colectiva necesaria para rematar de maneira definitiva contra a lacra secular do machismo. A arte, a través da imaxe ou da palabra, de Andrea Fernández Maneiro, Lourdes Maceiras, Mariña Maceiras Segovia, Adolfina Mesa, Carlota Millor, Silvia Pardo Galdo, Clara Pino, Silvia Tasende e Patricia Torrado Queiruga.