FOLIADA DE INVERNO 2019, de Castiñeiro Milenario
Comezamos o ano cunha nova edición das Foliadas de Inverno de Castiñeiro Milenario, como sempre na Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro (Begonte). Nesta ocasión, os eventos previos á foliada, veñen con novidades, pois faremos a presentación do I Ciclo de Cine...
Recital MULHERES GALAICAS no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Cartel Exposición fotográfica MULHERES O martes 26 de febreiro ás 20:00 horas, no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia terá lugar o Recital MULHERES GALAICAS como acompañamento á Exposición fotográfica MULHERES, de Mercedes Vázquez Saavedra. Poema de Concha Rousia...
Crónica gráfica DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2019 no Museo das Aves de Cospeito
Ao redor do mediodía deste 24 de febreiro de 2019, no Museo das Aves de Cospeito, e organizado por Culturalia GZ e polo Concello de Cospeito e coa colaboración da AELG, tivo lugar un recital poético para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2019. Baixo a presentación...
Corredores de Sombra, unha simbiose en rebeldía de música e poesía
Da man da poeta Pilar Maseda e os músicos Baruk Domínguez, Rosana Domínguez e Carmen Mato nace unha mestura de palabra e melodías que desembocan no inmenso mar de CORREDORES DE SOMBRA. Este grupo, na súa curta andaina, xa amosou unha boa dose do potencial...
Inauguración das exposicións fotográficas MULHERES e VIAXE POLO MUNDO DA MÁSCARA, de Mercedes Vázquez Saavedra, no Museo Provincial de Lugo
O vindeiro venres, 22 de febreiro de 2019, ás 20:00 horas, celebrarase a inauguración das exposicións fotográficas MULHERES e VIAXE POLO MUNDO DA MÁSCARA, de Mercedes Vázquez Saavedra, no Refectorio e Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo. Refectorio e Sala...
Usuarias do centro de día Vila de Valverde visitaron a exposición CROMATOPÍA no Museo das Aves de Cospeito
O venres 15 de febreiro, un grupo de usuarias do centro de día Vila de Valverde de Cospeito acudiron ao Museo das Aves. Coma sempre, aproveitando o bo tempo, dan un paseo e saen a desfrutar das iniciativas que a comunidade lles ofrece, neste caso a exposición de...
NATUREZA ÍNTIMA, exposición pictórica de Adolfina Mesa, na Casa da Cultura de Vilalba
Aínda coa exposición CROMATOPÍA latexando emocións en cores no Museo das Aves de Cospeito, a artista Adolfina Mesa convídanos a unha nova viaxe polo seu universo cromático, que poderemos admirar na Exposición NATUREZA ÍNTIMA que se inaugurará o vindeiro 1 de marzo na...
A obra teatral O PALCO E AS LÚAS, escrita e dirixida por Manuel Lourenzo, este sábado na Casa-Museo Manuel María
Este sábado, 23 de febreiro, ás 20 hrs, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, Elsinor Teatro presentará O PALCO E AS LÚAS, escrita e dirixida por Manuel Lourenzo. “O palco e as lúas”, de unha hora de duración, está composta por catro pezas breves (Zanzíbar,...
ENTROIDO 2019 no Concello de Vilalba
O martes 5 de marzo celebrarase o concurso de Entroido 2019, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila ás 18:00h, amenizado coas charangas de Vilalba e Charanga DGT de Betanzos, Río Samba Show e Futurismo Galáctico de Tchyminigagua. Posteriormente...