Viñetas desde o Atlántico chega ao seu fin esta fin de semana con firmas, unha visita ás exposicións dos Premios Castelao de BD e o día grande do Festival de Autoedición Autobán, entre outras actividades
Este sábado 17, ás 10.00h, a actividade de Viñetas comeza na Sala Salvador de Madariaga coa visita guiada polas mostras dos Premios Castelao de Banda Deseñada 2023 da Deputación da Coruña: Paula Mayor, na modalidade xeral, pola súa obra Rosalía Oculta, na que aborda a versión máis humana da poeta; e Cristian F. Caruncho, merecedor do galardón na súa modalidade para público infantil e xuvenil, polo seu western O día de San Martiño
A praza de San Andrés acollerá este sábado 17, de 12.00 a 21.00h, o mercado de fanzines de Autobán, ademais dos obradoiros para todas as idades Creando personaxes máxicos!, con Paula Cheshire (12.30h), e Fai a túa Fake Riso, con Pilar Marcó (17.30h), e un concerto de Conxita Herrero e Corazón; mentres que, ás 23.30h, no Bar 13, terá lugar o Festón Post Autobán
A Rúa da BD —que permanecerá aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h para que o público poida facerse coas novidades e os grandes clásicos do universo da BD— acollerá presentacións de libros, faladoiros e unha sesión de videoxogos da man de Alita Cómics
No Kiosco Alfonso, o sábado 17, ás 12.00h, os autores convidados de Viñetas desde o Atlántico 2024 Yeyei Gómez, Marc Torices, Kundo Krunch, Marcello Quintanilha e Manuel L. Poy firmarán exemplares dos seus libros, mentres que na Rúa da BD, nos stands das diferentes editoriais, durante toda a fin de semana sucederanse máis de medio centenar de sinaturas de figuras como Emma Ríos ou Iván Sarnago, entre outras
A xornada do domingo 18 propón, tamén, un concerto infantil de Chuches A Mil, ás 12.00h, no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, e un encontro profesional de editores e libreiros especializados no Circo de Artesáns
A 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico chega ao seu fin esta fin de semana con firmas, unha visita guiada ás exposicións dos Premios Castelao de BD e o día grande do Festival de Autoedición Autobán, entre outras actividades.
Este sábado 17, ás 10.00h, a actividade de Viñetas comeza na Sala Salvador de Madariaga coa visita guiada polas mostras dos Premios Castelao de Banda Deseñada 2023 da Deputación da Coruña: Paula Mayor (A Coruña, 1975), na modalidade xeral, pola súa obra Rosalía Oculta, na que aborda a versión máis humana da poeta; e Cristian F. Caruncho (Bidueiros, Couzadoiro, Ortigueira, 1997), merecedor do galardón na súa modalidade para público infantil e xuvenil, polo seu western dos porcos bravos O día de San Martiño.
Nestas dúas mostras dos Premios Castelao de BD 2023 -abertas ata o 30 de setembro-, o público terá a oportunidade de descubrir o proceso de creación, así como orixinais e bosquexos das creacións gañadoras, nacidas da man de dúas das novas figuras a seguir da BD emerxente galega.
A praza de San Andrés acollerá este sábado 17, de 12.00 a 21.00h, o mercado de fanzines autoeditados de Autobán, ademais dos obradoiros para todas as idades Creando personaxes máxicos!, con Paula Cheshire (12.30h), e Fai a túa Fake Riso, con Pilar Marcó (17.30h), e un concerto de Conxita Herrero e Corazón; mentres que, ás 23.30h, no Bar 13, terá lugar o Festón Post Autobán.
A Rúa da BD —que permanecerá aberta este sábado e domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h para que o público poida facerse coas novidades e os grandes clásicos do universo da BD— acollerá presentacións de libros, faladoiros e unha sesión de videoxogos da man de Alita Cómics (o sábado, ás 17.00h, no Kiosco Alfonso).
No Kiosco Alfonso, o sábado 17, ás 12.00h, os autores convidados de Viñetas desde o Atlántico 2024 Yeyei Gómez, Marc Torices, Kundo Krunch, Marcello Quintanilha e Manuel L. Poy firmarán exemplares dos seus libros, mentres que na Rúa da BD, nos stands das diferentes editoriais, durante toda a fin de semana sucederanse máis de medio centenar de sinaturas de figuras como Emma Ríos ou Iván Sarnago, entre moitas outras.
A xornada do domingo 18 propón, tamén, un concerto infantil de Chuches A Mil, ás 12.00h, no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, e un encontro profesional de editores e libreiros especializados no Circo de Artesáns.
Na páxina web oficial do festival, www.vinetasdesdeoatlantico.com, é posible consultar a axenda de actividades, os horarios e a información completa desta 27ª edición do festival.
AXENDA DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024
Sábado 17 de agosto
Programa oficial Viñetas 2024
10.00h Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga: Visita guiada pola mostra dos Premios Castelao de BD, Paula Mayor e Cristian F. Caruncho
12.00h Kiosco Alfonso: sinaturas de Yeyei Gómez, Marc Torices, Kundo Krunch, Marcello Quintanilha e Manuel L. Poy
21.30h Circo de Artesáns: Encontro sectorial
Autobán, Festival de Autoedición
Praza de San Andrés
12.00 – 21.00h Mercado de fanzines
12.30h Obradoiro Creando personaxes máxicos!
14.30h Concerto de Conxita Herrero e Corazón
17.30h Obradoiro Fai a túa Fake Riso
23.30h Festón Post Autobán (Bar 13)
Rúa da BD: Actividades
11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h
Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’
Xogo Canto sabes de cómic e préstamo de exemplares – Stand Bibliotecas Municipais da Coruña
11.00h Kiosco Alfonso: Faladoiro Recuncho Gamer falando de videoxogos (Alita Cómics)
13.30h Kiosco Alfonso: Presentación Maia e a troita perlada, con Lucía Cid (Demo Editorial)
17.00h Kiosco Alfonso: Xogos Sesión de videoxogos (Alita Cómics)
19.00h Kiosco Alfonso: Obradoiro Elixe (ou non) a túa propia aventura, con Diego Burdío (GP Ediciones)
Rúa da BD: Sinaturas
11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h
Doc Pastor – Unrated Cómics e Juanfer Briones – GP Ediciones
11.00h Emma Ríos – Astiberri Ediciones e Iván Sarnago – Unrated Comics
12.00h César Verdúguez – Cartem, David Braña – Unrated Comics, Iria Aldegunde – Alita Cómics, Iván Gil – Metrópolis Cómics, Jordi Bayarri – Anillo de Sirio, José Ángel Ares – A Gata Tola, Manuel Veiga – Cósmica Editorial e Weronika Hańczyc – Cascaborra Ediciones
12.30h David Graña e Pablo Prado ‘Fuco’ – Libraría Paz e Martín Romero – Astiberri Ediciones
13.00h Emma Ríos – Alita Cómics e María Jiménez – Fandogamia Editorial
17.00h Álvaro Ortiz – Astiberri Ediciones, Diego Burdío – GP Ediciones, Pablo Prado ‘Fuco’ – Cósmica Editorial, Paula Cheshire – Fandogamia Editorial e Paula Esteban – GP Ediciones
18.00h Alicia Jaraba – Nuevo Nueve, Andrés Garrido – Cartem, David Braña – Unrated Comics, Elena Andrés – Libraría Paz, Iván Gil – Metrópolis Cómics, Lucía Cid – Demo Editorial, María Jiménez – Fandogamia Editorial, Víctor L. Pinel – Nuevo Nueve e Weronika Hańczyc – Cascaborra Ediciones
18.30h Abel Álvarez – Cósmica Editorial e Manuel Veiga – Cósmica Editorial
19.00h David Braña – Grafito Editorial, David Rubín – Astiberri Ediciones, Fran Jaraba – Alita Cómics, Iván Sarnago – Unrated Comics, Jordi Bayarri – Anillo de Sirio, Lorena Varea – Dolmen Editorial, Kundo Krunch e Manuel L. Poy – Demo Editorial
20.00h Alicia Martín Santos – Alita Cómics e Lucas Varela – Ediciones La Cúpula
Domingo 18 de agosto
Programa oficial Viñetas 2024
12.00h Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez: Concerto infantil de Chuches Amil
14.30h Circo de Artesáns: Encontro profesional de editores e libreiros especializados
Rúa da BD: Actividades
11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h
Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’
Xogo Canto sabes de cómic e préstamo de exemplares – Stand Bibliotecas Municipais da Coruña
17.00h Kiosco Alfonso: Faladoiro A nova revolución sexual. Percorrido do BL e o yuri en España, con Alberto Carceller (Eldritch Gate)
18.00h Kiosco Alfonso: Xogos Manga máis aló das páxinas (Astora Cómics e Eldritch Gate)
Rúa da BD: Sinaturas
11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h
Doc Pastor – Unrated Cómics e Juanfer Briones – GP Ediciones
11.00h Diego Burdío – GP Ediciones e Paula Esteban – GP Ediciones
12.00h Alicia Jaraba – Nuevo Nueve, Bea Gregores – Metrópolis Cómics, César Verdúguez – Cartem, Jordi Bayarri – Anillo de Sirio e Víctor L. Pinel – Nuevo Nueve
13.00h Xulia Pisón – Alita Cómics
18.00h Alex Martos – AGPI e Manel Cráneo – Demo Editor
MÁIS INFORMACIÓN
https://www.vinetasdesdeoatlantico.com
2024.08.16.NP-axenda-sab-17-e-dom-18-Vinetas-2024