Lode presenta o seu novo tema TKILA

LODE REPARTE BO ROLLO CONTRA OS HATERS NO SEU NOVO LANZAMENTO “TKILA”

ESTE NOVO SINXELO É XA O TERCEIRO ADIANTO DO SEU NOVO TRABALLO

LODE publica o seu novo tema “TKILA”, que exerce como terceiro adianto do que será o seu primeiro EP. Tras experimentar co afrobeat en “Carita de Ángel” ou coa cumbia en “Tres Tragos”, o artista galego mergúllase na música electrónica e no EDM, cunha base moi enérxica e bailable. Nesta ocasión, centra a temática no odio que se xera nas redes e na vida real, e opta por reivindicar que hai que disfrutar do que un fai e pasar de quen só quere facer dano.

Un dos motivos que levou ao artista de Narón a compoñer este tema foi todo o hate recibido cando publicou fai un ano o seu tema “Las Ganas”, onde utilizou un sample da famosa canción “Sin Miedo A Nada” de Álex Ubago, e que nin co visto bo do artista acalou ás persoas que por redes consideraron que non era correcto. Para todos eles LODE preparou un convite a chupitos, co fin de seguir a festa e ao seu rollo, restándolle importancia aos seus comentarios e centrándose en querer pasar un bo rato e festexar todo o acadado ata o momento.

Este novidoso enfoque musical dentro da carreira do artista é unha mostra máis do seu carácter polifacético, aventurándose con estilos moi distintos entre si. O tema, producido por Baghira e Mees Bickle, partícipes tamén da produción de “Carita de Ángel”, foi gravado en Sevilla, cunha mestura e masterización feita por The Mars Citizen e Black Box Mastering. Unha volta ao EDM, xénero que se popularizou enormemente a mediados da década pasada, para poder acompañar á temática do tema, e un xénero ata agora pouco explorado por LODE. Tras “Carita de Ángel” e “Tres Tragos”, “TKILA” incorpórase aos lanzamentos do artista galego neste ano, e que sentan as bases da súa aposta persoal, un proxecto multidisciplinar no que destaque a súa versatilidade.

MÁIS DE LODE

LODE é un dos artistas galegos con maior repercusión nas redes sociais. Cun estilo urbano pero multidisciplinar, o cantante de Narón está abraiando ao seu público pola gran combinación nas súas composicións de sons actuais e bailables cunha gran voz. Tras as súas exitosas aparicións en programas televisivos como La Voz ou El Hormiguero, LODE eleva a escena urbana a base de talento, con composicións musicais e coreográficas propias de primeiro nivel.

As súas redes sociais son unha pequena mostra da repercusión do cantante e bailarín galego, acumulando máis de millón e medio de seguidores de todas as partes do mundo nelas, destacando os máis de 35 millóns de visualizacións que acumula na súa canle de YouTube. O seu talento non pasou desapercibido dentro da industria musical, sendo apoiado por grandes figuras do panorama internacional e nacional como Juanes ou Álex Ubago.

Actualmente, o cantante, bailarín e compositor está preparando novos traballos discográficos, así como un novo directo no que deixar patente o seu carácter multidisciplinar, sendo quen de combinar a súa capacidade vocal co seu talento coreográfico. LODE levará o seu éxito nas redes aos escenarios.

Lode estrea o seu novo tema “Tres Tragos”, onde lle canta ao desamor

LODE ESTREA O SEU NOVO TEMA “TRES TRAGOS”, ONDE LLE CANTA AO DESAMOR

O novo sinxelo do artista de Narón é o segundo adianto do seu próximo EP

O artista galego LODE segue presentando os adiantos do que será o seu primeiro EP. Nesta ocasión publica “Tres Tragos”, onde lle canta á dolorosa ruptura dunha relación amorosa, e afoga as penas bebendo para esquecerse desa dor. Amosando unha vez máis a súa versatilidade dentro do xénero urbano, o de Narón aposta nesta ocasión por interpretar unha cumbia, que precede a “Carita de Ángel”, o afrobeat que serviu como primeiro sinxelo fai escasos meses.

Tres Tragos” naceu coa intención de ser unha balada, pero ao non atopar un retrouso claro implementaron un ritmo de cumbia e a canción cambiou por completo. O traballo na produción de Caicer, co que xa traballou en “ENAMORAO”, foi clave para transformar o tema e que quedara ese retrouso tan aditivo xunto con eses ritmos tan marcados de cumbia. Durante o proceso compositivo tamén participaron Nuria Azzouzi, Mateo Bruquetas e o propio LODE, equipo habitual de composición do artista, ao que tamén se uniu o propio produtor Caicer.

Este novo tema, que reflexa claramente a intención de convencerse a si mesmo de que está mellor sen esa parella, pero que aínda bebendo para esquecer non logra superar a tristeza que lle provoca a súa separación, únese a “Carita de Ángel” como primeiros adiantos do seu primeiro traballo discográfico. Tras un 2023 incrible no que acadou máis de medio millón de escoitas cos seus temas, LODE asenta as bases do seu proxecto neste 2024, apostando pola súa versatilidade dentro do xénero urbano.