Xisco Feijoó este sábado na Casa-Museo Manuel María

Xisco Feijoó estará este sábado, 23 de novembro, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María co seu espectáculo en solitario “Traede ferrallada. Un concerto onde Xisco Feijóo fará un percurso pola música tradicional de distintas comarcas de Galiza.

O concerto está focado para que o público asistente participe dalgúns dos seus temas. Así o intérprete solicita que, quen tiver, traia a pandeireta, pandeiro, pandeira ou calquera ferrallada da súa casa para poder acompañalo durante o evento.

Para asistir ao concerto é necesario facer reserva (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

Xisco Feijoó é cantante, percusionista tradicional, bailador e coreógrafo, foi mestre do Escola Municipal Tradicional e Folk de Vigo e coordenador de canto da Orquestra Folk de Galiza SonDeSeu. Despois de máis de trinta anos na recuperación etnográfico e de colaborar en máis de vinte discos e espectáuclos de artistas como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto, Rodrigo Romaní, Pepe Vaamonde…, en 2021 lanzou o seu propio traballo, Peixe, que xirou até o ano pasado.