PAVA pendura o cartel de “entradas esgotadas” para a presentación do seu novo EP, Pava 3, este domingo 5 na sala Mardi Gras
Se a noite do 5 de xaneiro levase por nome unha canción de Pava 3, ben podería ser Un bolo titulado “Tarde piaches!”: xa non quedan entradas dispoñibles para asistir á presentación do novo EP de PAVA, a banda liderada pola poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao. É que, seguindo as letras de Aldao no tema Tremendamente coquetas, “todas queren estar na letra Q” e, neste caso, na Noite de Raíñas Pavas, que terá lugar o domingo 5, a partir das 22.00 horas, na sala Mardi Gras.
Pava 3 é un exercicio de pop luminoso, un traballo discográfico no que a banda torna en protagonista, mais seguen a estar presentes as liñas mestras dos EPs previos: letras coidadas e melodías exquisitas atravesadas por cuestións de xénero, identidade sexual, idade e lingua. PAVA é agora máis poliédrica, unha banda onde Lucía Aldao exerce de frontwoman, e iso reflíctese tamén na súa música, máis sólida e sofisticada.
Na estrea ao vivo de Pava 3 -dispoñible en formato dixital a través do Bandcamp de PAVA-, as asistentes poderán adquirirun merchandising moi especial: unha edición de 200 carpetas que incluirán un código de descarga dos temas do EP, as letras impresas en follas recendentes e un póster despregable coa portada de Pava 3, na que Lucía Aldao é protagonista. A elección destes obxectos non é casual e operan como unha metáfora das carpetas que non se forraron e mais os pósters que non se colgaron en tantas adolescencias noventeras.
Desde hoxe, 19 de decembro, é posible escoitar ‘Pava 3’ nas principais plataformas dixitais e adquirilo a través do Bandcamp do grupo
O lanzamento coincide coa presentación do videoclip do tema ‘Unha cadela chamada Por Favor’ que conta coa colaboración de Gloria Pavía
O concerto de presentación oficial de ‘Pava 3’ será o vindeiro 5 de xaneiro na sala Mardi Gras da Coruña e as entradas xa están á venda en www.entradium.com
Xa é posible escoitar Pava 3, o terceiro EP de PAVA, a banda liderada pola poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao. Desde hoxe, 19 de decembro, Pava 3, un exercicio de pop luminoso, está dispoñible nas principais plataformas dixitais e é posible adquirilo a través do Bandcamp de PAVA. O lanzamento coincide coa estrea do videoclip realizado por Antón & Martiño para o tema Unha cadela chamada ‘Por Favor’, unha balada con ritmo envolvente na que destaca a colaboración de Gloria Pavía.
No novo traballo discográfico da formación seguen a estar presentes as liñas mestras dos EPs previos: letras coidadas e melodías exquisitas atravesadas por cuestións de xénero, identidade sexual, idade e lingua. PAVA é agora máis poliédrica, unha banda onde Lucía Aldao exerce de frontwoman, e iso reflíctese tamén na súa música, máis sólida e sofisticada.
Pava 3 está composto por cinco temas sendo o primeiro deles Catastro, unha peza enérxica onde a guitarra convida a cantar, bailar e buscar, entre versos e apps, algo de paz. Ou algo tan sinxelo e esquivo como sentirse ben.
O segundo, O himno da lesión, é unha canción en modo supervivencia, unha oda á capacidade de seguir en pé con humor malia todas as tristezas. Podería ser un tema terrible pero a procesión vai por dentro —ou neste caso, por detrás da canción— e a ringleira de dores muta nun retrouso que é un berro. O himno da lesión puido ser un laído pero é un tema definitivamente animoso, con chiscadela verbal incluída.
Segue a continuación Tremendamente coquetas, que se podería describir tamén como un himno pero desta volta para un planazo o un festón de benvida para todas aquelas que desexen unirse o selecto club da letra Q. Un chamamento alegre ás lesbianas e bisexuais debutantes.
O cuarto tema é o xa mencionado Unha cadela chamada ‘Por Favor’ e o peche deste álbum chega con Catastriño, unha versión case espida do tema Catastro gravada –literalmente- nunha adega baixo terra e achegándose ao xeito íntimo de compoñer de Lucía Aldao: guitarra e voz.
5de xaneiro: Noite de Raíñas Pavas
O concerto de presentación de Pava 3 terá lugar na Mardi Gras o domingo 5 de xaneiro. A partir das 22.00 horas, a mítica sala de concertos coruñesa acollerá unha “Noite de Raíñas Pavas” alternativa, disidente pero non por iso menos máxica, á marcada polo calendario. As entradas para a cita xa están dispoñibles, por 13 €, na plataforma web www.entradium.com.
Ademais, Pava 3 acompañarase un merchandising moi especial: unha edición de 200 carpetas que incluirán un código de descarga dos temas do EP, as letras impresas en follas recendentes e un póster despregable coa portada de Pava 3, na que Lucía Aldao é protagonista. A elección destes obxectos non é casual e operan como unha metáfora das carpetas que non se forraron e mais os pósters que non se colgaron en tantas adolescencias noventeras.
Biografía de PAVA
PAVA é unha banda de pop liderada por Lucía Aldao, que conta con Analís na batería, David Santosno baixo e Pablo Silva na guitarra. A poeta e compositora coruñesa é a responsable das melodías e letras dos temas mais o traballo dos arranxos é un labor de equipo ao que se suma Julián Goicoa, tamén produtor da banda. Ao fronte da masterización atópase Álvaro Gallego.
PAVA é o resultado da evolución de Pava (2021), o primeiro EP de Lucía Aldao, e de Pava 2 (2022), unha segunda incursión que puxo de manifesto a necesidade dunha banda para consolidar o proxecto e ocupar un espazo baleiro no pop galego e en galego. Da boa acollida da proposta dan fe o segundo premio NARF no 2023 e mais o Premio Martín Códax na categoría de pop e indie no 2024. Este mes de decembro PAVA lanza o seu terceiro EP, Pava 3.
O álbum, unha proposta sofisticada e coidada que consolida a PAVA como banda con Lucía Aldao no rol de frontwoman, poderase escoitar nas principais plataformas dixitais e adquirir a través do Bandcamp do grupo
O concerto de presentación, cuxas entradas están á venda en www.entradium.com, será o 5 de xaneiro na sala Mardi Gras e na cita o público descubrirá o curioso merchandising co que PAVA rende homenaxe á xeración que medrou nos anos 90
A banda PAVA, liderada pola poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao, publicará o seu terceiro EP, Pava 3, o xoves 19 de decembro. No novo traballo discográfico da formación seguen a estar presentes as liñas mestras dos EPs previos: letras coidadas e melodías exquisitas atravesadas por cuestións de xénero, identidade sexual, idade e lingua. PAVA é agora máis poliédrica, unha banda onde Lucía Aldao exerce de frontwoman, e iso reflíctese tamén na súa música, máis sólida e sofisticada. Pava 3 poderase escoitar nas principais plataformas dixitais e adquirir a través do Bandcamp de PAVA.
Pava 3 está composto por cinco temas sendo o primeiro deles Catastro, unha peza enérxica onde a guitarra convida a cantar, bailar e buscar, entre versos e apps, algo de paz. Ou algo tan sinxelo e esquivo como sentirse ben.
O segundo, O himno da lesión, é unha canción en modo supervivencia, unha oda á capacidade de seguir en pé con humor malia todas as tristezas. Podería ser un tema terrible pero a procesión vai por dentro —ou neste caso, por detrás da canción— e a ringleira de dores muta nun retrouso que é un berro. O himno da lesión puido ser un laído pero é un tema definitivamente animoso, con chiscadela verbal incluída.
Segue a continuación Tremendamente coquetas, que se podería describir tamén como un himno pero desta volta para un planazo o un festón de benvida para todas aquelas que desexen unirse o selecto club da letra Q. Un chamamento alegre ás lesbianas e bisexuais debutantes.
O cuarto tema titúlase Unha cadela chamada Por Favor e nel destaca a colaboración de Gloria Pavía que aporta a súa voz á balada de Pava 3, unha peza con ritmo envolvente e un pouso de tristeza. O peche deste álbum chega con Catastriño, unha versión case espida do tema Catastro gravada –literalmente- nunha adega baixo terra e achegándose ao xeito íntimo de compoñer de Lucía Aldao: guitarra e voz.
Aos noventa, in memoriam
Pava 3 acompañarase dunha edición de 200 carpetas que incluirán un código de descarga dos temas do EP, as letras impresas en follas recendentes e un póster despregable coa portada de Pava 3, na que Lucía Aldao é protagonista. A elección destes obxectos non é casual e operan como unha metáfora das carpetas que non se forraron e mais os pósters que non se colgaron en tantas adolescencias noventeras.
Este material promocional poderase descubrir e adquirir no directo de presentación do álbum, que terá lugar na Mardi Gras o domingo 5 de xaneiro. A partir das 22.00 horas, a mítica sala de concertos coruñesa acollerá unha “Noite de Raíñas Pavas” alternativa, disidente pero non por iso menos máxica, á marcada polo calendario. As entradas para a cita xa están dispoñibles, por 13 €, na plataforma web www.entradium.com
Biografía de PAVA
PAVA é unha banda de pop liderada por Lucía Aldao, que conta con Analís na batería, David Santos no baixo e Pablo Silva na guitarra. A poeta e compositora coruñesa é a responsable das melodías e letras dos temas mais o traballo dos arranxos é un labor de equipo ao que se suma Julián Goicoa, tamén produtor da banda. Ao fronte da masterización atópase Álvaro Gallego.
PAVA é o resultado da evolución de Pava (2021), o primeiro EP de Lucía Aldao, e de Pava 2 (2022), unha segunda incursión que puxo de manifesto a necesidade dunha banda para consolidar o proxecto e ocupar un espazo baleiro no pop galego e en galego. Da boa acollida da proposta dan fe o segundo premio NARF no 2023 e mais o Premio Martín Códax na categoría de pop e indie no 2024. Este mes de decembro PAVA lanzará o seu terceiro EP, Pava 3, do que xa se coñecen Catastro e O himno da lesión.
A formación liderada por Lucía Aldao, gañadora do último Premio Martín Códax da Música na categoría Pop e Indie, presentará na sala coruñesa o seu último traballo discográfico, que verá a luz este decembro
As entradas para a cita xa están á venda, desde esta mesma mañá, a través da plataforma web www.entradium.com
A banda PAVA, liderada por Lucía Aldao, presentará o seu terceiro EP, titulado Pava 3, nun concerto que terá lugar o domingo 5 de xaneiro, a partir das 22.00 horas, na histórica sala Mardi Gras da Coruña. As entradas para a cita, na que se poderán escoitar por primeira vez ao vivo todos os temas deste último traballo discográfico,están á venda desde esta mañá, por 13 euros, a través da plataforma web www.entradium.com
PAVA é a banda gañadora do último Premio Martín Códax da Música na categoría de Pop e Indie. Liderada por Lucía Aldao, conta con Analís Guillín na batería, David Santos no baixo e Pablo Silva na guitarra. A poeta e compositora coruñesa é a responsable das melodías e letras dos temas mais o traballo dos arranxos é un labor de equipo ao que se suma Julián Goicoa, tamén produtor da banda. O terceiro e novo álbum da formación, Pava 3 -do que xa se coñecenCatastro e O himno da lesión, publicado o pasado 29 de novembro- verá a luz este mes de decembro.
O sinxelo é o segundo avance de PAVA 3, o novo álbum da formación liderada por Lucía Aldao, un EP que se publicará en decembro
PAVA, a banda de pop liderada pola poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao, vén de publicar nas principais plataformas dixitais O himno da lesión, a súa nova creación. Trátase do segundo e novo avance do que será PAVA 3, o terceiro EP do grupo, e que verá a luz no vindeiro mes de decembro.
O himno da lesión é unha canción en modo supervivencia, unha oda á capacidade de seguir en pé con humor malia todas as tristezas. Podería ser un tema terrible pero a procesión vai por dentro —ou neste caso, por detrás da canción — e a ringleira de dores muta nun retrouso que é un berro. O himno da lesión puido ser un laído pero é un tema definitivamente animoso, con chiscadela verbal incluida.
PAVA é a banda liderada por Lucía Aldao que conta con Analís Guillín na batería, David Santos no baixo e Pablo Silva na guitarra. A poeta e compositora coruñesa é a responsable das melodías e letras dos temas mais o traballo dos arranxos é un labor de equipo ao que se suma Julián Goicoa, tamén produtor da banda.
PAVA é o resultado da evolución de Pava (2021), o primeiro EP de Lucía Aldao, e de Pava 2 (2022), unha segunda incursión que puxo de manifesto a necesidade dunha banda para consolidar o proxecto e ocupar un espazo baleiro no pop galego e en galego. Da boa acollida da proposta dan fe o segundo premio NARF no 2023 e mais o Premio Martín Códax na categoría de pop e indie no 2024. A banda lanzará o seu EP Pava 3 -do que xa se coñeceCatastro, publicado en maio- a finais deste ano.