Presentación da comedia “𝗡𝗘𝗨𝗥𝗔, 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗗𝗜𝗔 𝗡𝗘𝗨𝗥Ó𝗧𝗜𝗖𝗢-𝗙𝗘𝗦𝗧𝗜𝗩𝗔”, de Ste Xeito Producións
Coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, De Ste Xeito Producións presentará a súa nova comedia “𝗡𝗘𝗨𝗥𝗔, 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗗𝗜𝗔 𝗡𝗘𝗨𝗥Ó𝗧𝗜𝗖𝗢-𝗙𝗘𝗦𝗧𝗜𝗩𝗔” por distintas cidades galegas. Por exemplo, a nosa xira pasará estos próximos tres meses polos auditorios e teatros de Ferrol, Santa Comba, Curtis, Cangas, Malpica, Ártika de Vigo, As Pontes, A Pobra do Caramiñal, Laracha, A Coruña, Mondariz Balneario e Cerdedo de Cotobade. Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s. Adxuntamos dossier da peza e algunhas fotos da peza.
Quedamos á súa disposición se necesita algunha aclaración ou se desexan realizar algunha entrevista a través do télf 660147486.


Info da xira de Neura Outubro 2024
Xoves 11 de Outubro, ás 21:30h, no Teatro Jofre do Concello de Ferrol. Entrada na Web de Ferrol.
Venres 11 de Outubro, ás 21:30h, no Auditorio do Edificio Multiusos de Santa Comba. Entradas disponibles en Entradium.com
Venres 18 de Outubro, ás 21:30h, no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro do Concello de Curtis. Entrada gratuita.
Sábado 19 de Outubro, ás 20:00h, no Auditorio Municipal de Cangas. Entradas disponibles en Ataquilla.com
Venres 25 de Outubro, ás 20:30h, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica. Entrada gratuita.
Sábado 26 e Domingo 27 de Outubro, ás 20:00h, na Sala Ártika de Vigo. Entradas disponibles en Web Ártika.
….

Sinopse de Neura
NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.
Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.
Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.
Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.