Conferencia TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR: MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA E MARÍA SOLIÑA, de Guillermina Domínguez, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o venres 15  de marzo de 2024, ás  20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia impartida por GUILLERMINA DOMÍNGUEZ sobre “TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR; MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA E MARÍA SOLIÑA”, e será presentada por MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.

A confrencia de Guillermina Domínguez ten como precedente o libro “Tres mulleres galegas de armas tomar’. María Balteira, María Castaña e María Soliña” escrito pola propia Guillermina Domínguez Touriño e por Felicia Estévez Salazar e publicado no ano 2009 por Baía Edicións

NOTA-INFORMATIVA-TRES-MULLERES-GALEGAS-DE-ARMAS-TOMAR

Acto “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA”, de Iván Prado, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o martes 12  de marzo de 2024, ás  20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, un acto de apoio ao pobo palestino denominado UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA no que IVÁN PRADO, no marco da exposición “VOCES PALESTINAS QUE CONTAN” montada pola Biblioteca “Agustín Fernández Paz” do IES Basanta Silva de Vilalba e que aínda permanece aberta na propia Casa da Cultura, impartirá unha charla sobre o tema apoiándose tamén en material videográfico.

Entrada libre ata completar aforo.

NOTA-INFORMATIVA-22PALLASOS-EN-REBELDIA22

Proxección do documental AS SILENCIADAS, de Pablo Ces, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos programados para o primeiro trimestre do ano, organiza o xoves 7 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a proxección do documental “AS SILENCIADAS”realizado por PABLO CES, con guión do propio Pablo Ces e de AURORA MARCO, que levou a cabo un importante traballo de investigación sobre o tema, e que estará presente no acto para facer a introdución ao documental así como participar na charla-coloquio posterior á súa proxección. A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

NOTA-INFORMATIVA-22AS-SILENCIADAS22

IESCHA.- Actos polos Día de Rosalía

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, organiza o venres 23 de febreiro de 2024, ás 20:00 horas, no Vestíbulo do Auditorio Municipal de Vilalba, a PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A ROSA INCANDESCENTE”, realizado por DAVID VÁZQUEZ. No acto estará presente a guionista ANXOS GARCÍA, para conversar co público asistente. Contaremos tamén coa actuación dos grupos vilalbeses: CORREDORES DE SOMBRA e LAMBE LAMBE. Previamente, ás 19:30 h., levaríase a cabo a ofrenda floral no Parque Rosalía de Castro.

NOTA-INFORMATIVA-22A-ROSA-INCANDESCENTE22

Exposición AVES DE GALICIA, de Diego Montenegro, no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, organiza a Exposición AS AVES DE GALICIA, de Diego Montenegro Rivas.

Estará aberta ao público na Sala de Exposicións do AUDITORIO MUNICIPAL DE VILABA dende o 19 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024.

NOTA-INFORMATIVA-22AVES-DE-GALICIA22