Supremme de Luxe, EME DJ e Eris MacKenzie inauguran estedomingo, 7 de xullo, o Atlantic Pride
A Fundación Luis Seoane acollerá, de 20.00 a 00.00h, a primeira xornada do festival coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, que regresa á Coruña para celebrar a súa 5ª edición ata o 14 de xullo
Debido á capacidade limitada do recinto, o público debía rexistrarse a través da páxina web do festival www.atlanticpride.es, para facerse coas invitacións nominais para esta primeira noite de directos do festival, que esgotáronse en apenas unhas horas
Contra as 20.10h, unha vez rematado o acceso das persoas rexistradas, se houbese baixas, abriranse as portas a todas as persoas que estea na cola ata completar a capacidade total do recinto, polo que os rexistrados “impuntuais” perderán o dereito prioritario a acceder
Eris MacKenzie, Supremme de Luxe e EME DJ serás as figuras encargadas de facer bailar ao público de 20.00 a 00.00h na xornada inaugural do Atlantic Pride este domingo, 7 de xullo, na Fundación Luis Seoane da Coruña. A proposta musical da noite -que promete diversión e autenticidade polos catro costados- dará comezo coa mestura de tradición, electrónica e verbena do produtor e músico galego Eris MacKenzie, mentres que as pinchadas correrá a cargo dunha das artistas máis recoñecidas da escena indie-disco-pop de toda España, EME DJ, que chegará ao Atlantic Pride cos seus remix de himnos, ritmos bailables e moita boa onda. Contra as 22.00h subirase ao escenario a que é, sen dúbida, unha das actuacións máis esperadas desta 5ª edición do ‘Orgullo do Norte’ coruñés: a celebrada e carismática drag Supremme de Luxe, presentadora de Drag Race España e de Drag Race España: All Stars.
Debido á capacidade limitada da Fundación Luis Seoane, o acceso para esta primeira xornada do Atlantic Pride é con invitación. O festival activou o pasado mes de xuño a posibilidade de rexistro para facerse con unha das 300 invitacións dispoñibles, que esgotáronse en apenas unhas horas. As primeiras 300 persoas rexistradas, que teñen o seu lugar na lista de porta, deberán chegar ao recinto antes das 19.45h. Ás 20.10 horas, unha vez rematado o acceso das persoas rexistradas, se houbese baixas, abriranse as portas a todas as persoas que estea na cola ata completar a capacidade total do recinto, polo que os rexistrados “impuntuais” perderán o dereito prioritario a acceder.
PROGRAMA ATLANTIC PRIDE 2024
Domingo, 7 de xullo
Fundación Luis Seoane
(20.00 a 00.00h)
20.00h Eris MacKenzie
21.00h EME DJ
22.00h Supremme Deluxe
22.55h EME DJ
ERIS MACKENZIE
Eris MacKenzie é o proxecto en solitario do produtor galego Carlos Eirís. A súa música é una viaxe ao interior, coa que calquera pode sentirse identificado. A través da electrónica máis pura, as muiñeiras, os alalás ou o mambo, o artista narra as experiencias que lle marcaron. Das máis felices ao problemas mentais. Eris MacKenzie chegará ao Atlantic Pride disposto a mover tarimas cunha proposta chea de frescura que mestura tradición, electrónica e verbena.
EME DJ
Marta Fierro, máis coñecida como EME DJ, ten unha das traxectorias más recoñecidas como DJ na escena indie-disco-pop de toda España. Así o avalan as súas diferentes nominacións aos Vicious Music Awards, ademais das e dos lectores da revista Rockdelux, que varios anos a nomearon a mellor DJ nacional. Máis aló da súa experiencia como dj en festivais e clubes de culto, Marta é divulgadora e educadora: imparte cursos e obradoiros e escribe libros sobre a profesión, ademais de colaborar en programas de radio e podcasts. Á súa labor se vincula un constante traballo por visibilizar os problemas vinculados á saúde mental na profesión de dj, así como novas propostas como achegar o mundo da música e o espectáculo a persoas con problemas de mobilidade ou agorafobia a través da realidade virtual.
EME leva máis de 20 anos en activo como dj profesional, con más de mil actuacións ás súas costas en festivais, clubes, eventos e discotecas a nivel internacional. Pinchou xunto a dj’s de renome como David Guetta, 2many DJs, Calvin Harris, Dj Amable ou Zombie Kids, e foi telonera de grupos como Madonna (no Vicente Calderón) Air, Arcade Fire, GusGus, Goldfrapp, Vetusta Morla ou Zahara.
SUPREMME DE LUXE
Supremme de Luxe é cantante e actriz, universalmente coñecida como presentadora de Drag Race España e de Drag Race España: All Stars. O seu nome rende homenaxe a Diana Ross & The Supremes. Non en balde, a música e os looks dos anos 60 e 70 foron sempre unha das súas grandes inspiracións.
Supremme de Luxe fixo a súa aparición na escena do cabaret a finais dos 90. Desde entón, viaxa cos seus shows por toda España e traballa en televisión, cine, teatro, radio e todo tipo de eventos. É unha das poucas artistas españolas que se presenta case a diario en diferentes salas da capital e pode presumir, ademais, de posuír unha consolidada carreira no mundo do teatro.
Gran renovadora da escena drag madrileña, desde 2013 é presentadora do exitoso festival ¡Que trabaje Rita!, festa que tivo edicións, tamén, en Barcelona, México e París. En paralelo, presenta espectáculos teatrais de maneira regular desde 2007. En xuño de 2012 lanzou o seu primeiro álbum, Ahora yo, traballo ao que seguiron diferentes lanzamentos de sinxelos cos seus respectivos videoclips: en 2013 estrea Miéntame e, en 2014, Perdiste ya el control. En 2015 publicou Basta ya, mentres que, en 2016, viu a luz Candy Shop and Gettin’ High; en 2017, Ener-G; e, en 2019, Resurgiré.
SOBRE O ATLANTIC PRIDE 2024
Entre o 7 e o 14 de xullo, A Coruña volverá ser a sede do ‘Orgullo do Norte’ para celebrar a quinta edición do Atlantic Pride. Neste 2024, o festival propón oito xornadas de música e celebración ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade na que promete ser, novamente, nunha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular. O Atlantic Pride está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- e o Concello da Coruña, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic.
Na súa quinta edición, está confirmada a presencia das estrelas eurovisivas Nebulossa, Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez, xunto a figuras que pisan forte na nova escena galega, como Mondra, Sila Lúa, O Rabelo e Nenaza, Catuxa Salom, Lontreira e Amoebo. Na festa deste ‘Orgullo do Norte’ non faltarán, tampouco, as voces de grandes divas como Chanel, Luna Ki e Supremme de Luxe, ademais das drags Nomi Bull, Cloe Savage e Meiga-I.
No cartel deste Atlantic Pride 2024 destacan tamén nomes como os de Nena Daconte, Shego, Morreo, Raúl, Selena Leo, Eris MacKenzie e Filloas. O grupo Vengaboys será o encargado de poñer o acento internacional ao festival, mentres que as pinchadas correrán a cargo dos dj’s EME DJ, S.Alma, La Suprema, D-Lemma, DJ90, DJ Licho, Roi Porto, La Eterna e DJ Flashback. O festival contará, tamén, coa actuación especial do Coro “Cores”. Na web www.atlanticpride.es é posible consultar o calendario e a información práctica desta quinta edición do festival.
O Atlantic Pride nace na Coruña no ano 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. Trátase dun festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coruñesa dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBI+, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social do noroeste. Na súa pasada edición, en 2023, o Atlantic Pride logrou alcanzar máis de 40.000 espectadores, marca que a cita se propón bater este ano.
20240705-NP-domingo-7-Atlantic-Pride