Camiñada por Bonxe a través do patrimonio do barro

Este domingo, 29 de setembro, organizan desde a Casa-Museo Manuel María unha camiñada pola parroquia de Bonxe, terra de cacharreiros e cacharreiras. Seguindo o patrimonio do barro, Orlando Viveiro (divulgador e estudoso da olaría), descubriranos, ao longo de case cinco quilómetros polos distintos lugares da parroquia, ese mundo (os seus fornos, obradoiros…)…, e todo, acompañado por pequenos textos de artigos de Manuel María e algún que outro dos seus poemas.

Sairán da Casa-Museo Manuel María, en automóbeis, ás 10 horas, para nos desprazar ao punto de inicio (o obradoiro de Pepa Lombao). A camiñada comezará contra as 10:20 horas.

A actividade é gratuíta mais é necesario anotarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621