A pasada semana finou o artista chairego Anxo Lamas. Unha mala notícia para aquela xente que o coñeceu persoalmente ou que admirou a sua obra. Temos hoxe a oportunidade de visitar virtualmente a exposición das taboas que doou á Asociación Xermolos para a Casa de Díaz Castro e que se expón partilhada por diversos lugares de Galiza. Agora mesmo unha parte en Madia Leva! de Lugo, na Casa das Palabras de Guitiriz e na A.C. Alexandre Bóveda da Coruña. A NPG Nova Poesía Guitirica e a Asociación Socio-Cultural Lareira de soños teñen a deferencia de posibilitar a través de Culturalia  GZ se vexan esas preciosas taboas con poemas de coñecidos bardos virtualmente polas fotografias realizadas en xuño de 2017 na Biblioteca González Garcés da Coruña, onde foi exposta na súa totalidade. Arte e poesía nunha fusión marabillosa realizada por Anxo Lamas, que recomendamos ver fisicamente pero que sirve para achegar deste xeito a quem non o coñecia e tamén como humilde homenaxe destes grupos por tan triste perda.

Velaí o enlace ao libro dixital onde aparecen recollidas as mencionadas táboas.

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1