O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a 2ª Sesión de Curtas, coa proxección de 4 CURTAMETRAXES: ILLA CORDURA, NENA, O MONSTRO E A NENA, IN HALF, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta sétima proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres 29 de novembro de 2024, ás 20:00 horas.
NOTA-INFORMATIVA-II-SESION-DE-CURTAS-copia