A Gala Final do certame terá lugar este domingo, 10 de novembro, ás 18.00h, no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, onde os grupos finalistas volverán interpretar as súas pezas teatrais e na que se realizará a entrega de premios, valorados en 850 euros
O acto, con entrada libre ata completar a capacidade da sala, estará presentado por Bea Campos, que amenizará tamén o evento cun espectáculo para público familiar, mentres que, a continuación, terá lugar unha chocolatada para todas/os as/os escolares participantes
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, ven de anunciar os seis grupos finalistas do XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. O xurado, tras escoitar as gravacións realizadas en Radio Nordés Cadena Ser polos 12 grupos participantes seleccionados para a segunda fase e logo das oportunas deliberacións, acordaron seleccionar para a súa lectura na gala final os seguintes grupos:
Na 1ª categoría:
- TEATRADAS DO CRA, do CRA Nosa Señora do Faro, coa obra A abelliña que perdeu as ás.
- OS CRISTINATREIROS, do CEIP A Cristina, coa obra A mentireira historia da Carapucha Vermella.
- FIRUCOS, do CEIP Alfredo Brañas, coa obra Ai, mamasiña que medo!
Na 2ª categoría:
- FAMILIA CARBALLEIRA, do IES Eduardo Pondal, coa obra Nadal en galego.
- INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS, do CPI As Revoltas, coa obra Última hora.
- CAMBIO BLANCO, do IES Monte Neme, coa obra Presos – Finlandia.
Este domingo 10 de novembro, ás 18.00h, no Pazo da Cultura de Carballo, terá lugar a gala final onde os grupos finalistas volverán interpretar as súas pezas teatrais e na que se realizará a entrega de premios, valorados en 850 euros en libros e material didáctico grazas á colaboración da Librería Brañas.
O acto estará presentado por Bea Campos que, ademais de ser a mestra de cerimonias, amenizará o evento cun espectáculo destinado a público familiar. A continuación terá lugar unha chocolatada para todas os escolares participantes. A entrada é libre ata completar aforo.
EMISIÓN DAS PEZAS EN RADIO NORDÉS
Un total de 26 grupos de 10 centros educativos de Carballo, Coristanco, A Laracha, Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Malpica participaron neste 2024 no XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. O xurado preseleccionou 12 grupos para gozar da experiencia radiofónica nos estudios profesionais de Radio Nordés Cadena Ser e, desta gravación, saíron os seis finalistas nas dúas categorías.
As pezas emitiranse ao longo deste mes de novembro no programa Vivindo a Costa da Morte de Radio Nordés entre as 13.00 e as 14.00 h dos seguintes días:
- Luns 4 de novembro: TEATRADAS DO CRA, do CRA NOSA SEÑORA DO FARO, coa obra A abelliña que perdeu as ás.
- Mércores 6 de novembro: A PARELLA DE NON NAMORADOS, do IES MONTE NEME, coa obra Taxi – Finlandia.
- Venres 8 de novembro: OS CRISTINATREIROS, do CEIP A CRISTINA, coa obra A mentireira historia da Carapucha Vermella.
- Luns 11 de novembro: OS VIQUINGOS E AS VIQUINGAS DO PENDÓN, do CEIP AS REVOLTAS, coa obra Don Quixote da Mata.
- Mércores 13 de novembro: FIRUCOS, do CEIP ALFREDO BRAÑAS, coa obra Ai, mamasiña que medo!
- Venres 15 de novembro: RADIOFÓNICAS, do IES ISIDRO PARGA PONDAL, coa obra Memorias dun neno labrego.
- Luns 18 de novembro: AS SEIS RAPACIÑAS, do CEIP A CANOSA-RUS, coa obra As velliñas de Seavia.
- Mércores 21 de novembro: CAMBIO BLANCO, do IES MONTE NEME, coa obra Presos – Finlandia.
- Venres 22 de novembro: ARCA TEATRO, do CEIP AS REVOLTAS, coa obra Os grandes.
- Luns 25 de novembro: XENTIÑA DE CUARTO, do CEIP A CANOSA-RUS, coa obra Non teñas medo.
- Mércores 27 de novembro: INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS, do CEIP AS REVOLTAS, coa obra Última hora.
- Venres 27 de novembro: FAMILIA CARBALLEIRA, do IES EDUARDO PONDAL, coa obra Nadal en galego.
É posible ver todos os vídeos na canle de Youtube do FIOT:
https://www.youtube.com/@FIOTCarballo
SOBRE O CONSURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO MANUEL EIRÍS
Esta é unha proposta moi especial do FIOT para facer teatro doutro xeito, que conta xa con 23 edicións ás súas costas. Grazas a este certame, as voces da rapazada levan o teatro aos fogares de todos os recunchos de Bergantiños a través das redes sociais e as ondas radiofónicas.
Co apoio dos centros escolares de Primaria e Secundaria de toda a comarca e coa finalidade de promover o teatro entre os/as máis pequenos/as e de favorecer a súa iniciación á interpretación a través da lectura dramatizada, neste 2024 o FIOT continúa con esta proposta que xa vai pola XXIII edición. En consonancia cos novos tempos, a participación foi mediante un arquivo de vídeo coa gravación da lectura, para que todos/as os/as interesados/as poidan ver escoitar e ver as interpretacións dos grupos participantes a través das redes sociais do festival.
O xurado seleccionou aos grupos que gozaron da experiencia radiofónica nos estudos profesionais de Radio Nordés Cadena Ser e, destas gravacións, saíron os finalistas. Agora gozaremos da súa lectura en directo na emocionante gala final que se celebrará este domingo, 10 de novembro, ás 18.00h, no Pazo da Cultura, na que o o xurado fallará os premios para libros e material didáctico cortesía da Libraría Brañas. E non faltará o peche coa tradicional chocolatada!
MÁIS INFORMACIÓN
2024.11.06.NP-Certame-Teatro-Lido-FIOT33