Corpo espido, sen alma, así o sinto,
pendurado do máis alto dunha negra nube,
abalado polo aire que me leva,
que me arrastra sen pausa, sen clemencia,
o meu corpo baleiro de esencia, de materia,
ficará asionllado neste solpor,
xa non tén maxia, nin dozura,
tornouse transparente, coma unha pinga de auga,
onde o musgo fai fogar…
sinto abrochar as follas verdes
nas miñas mans de orballo,
e pequerrechiñas as flores, nacen unha tras outra,
na punta das miñas pálpebras durmidas,
estes ollos que ficarán pechados para o mundo e
abertos somentes para tí,
na inmensidade dos tempos esquencidos.
Corpo baleiro de soños e de risas,
arrastrado polo chan da lembranza
coma unha folla seca, murchia, sen rumbo,
coma unha bolboreta coas ás molladas pola chuvia,
pola neve,
así as miñas ás permanecerán molladas, á carón do chan
polo que tí camiñas,
na lama dos carreiros, e nos prados, cubertos de flores,
o meu corpo será semente á primavera…
para preñar de vida… as leiras da nosa terra.
Ola, Emilia! A lingua galega non pode verse contaminada pola lingua castelá: por exemplo, ‘pequeñitas’ ou ‘párpados’ ‘dormidos’ non son voces correctas en galego, senón ‘pequerrechiñas’, ‘pálpebras’ ou ‘durmidos’. Construír un poema supón unha loita e/ou un xogo coa linguaxe. Ás veces, un simple verso pode obrigarnos a retorcer as palabras até atoparlle o sentido xusto para que expresen o que realmente desexamos. Sentimento, mais tamén como amosar ese sentimento.
Grazas Martiño.