Este sábado, 9 de novembro, ás 17 hrs, as crianzas, entre 3 e 10 anos, e as súas familias poderán desfrutar de Migallas e a súa proposta Cantaxoga na Casa-Museo Manuel María.

Un espectáculo de música e teatro onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos seus discos Canta connosco! e Pan de millo e realizan sketchs cómicos relacionados cos contidos das cancións.

Para asistir é necesario facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. Billete 2 euros.