{"id":971,"date":"2017-03-16T17:05:41","date_gmt":"2017-03-16T17:05:41","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=971"},"modified":"2017-03-16T23:33:29","modified_gmt":"2017-03-16T23:33:29","slug":"mindoniensas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=971","title":{"rendered":"Mindoniensas"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Celebro a iniciativa do meu concello de organizar este ano unha exposici\u00f3n para contribu\u00edr \u00e1 visibilidade social das mulleres de antes e de agora. Desde as pioneiras Antonia Santos (1831), fot\u00f3grafa, Manuela Rey (1842- 1866), actriz, M\u00aa de los \u00c1ngeles V\u00e1zquez (1877-1912), escritora, ata as a\u00ednda mozas Natalia Alonso, Tania P\u00e9rez e Ainara Rodr\u00edguez. Escolleron dez como poder\u00edan elixir varias ducias m\u00e1is de nomes femininos dedicados \u00e1 m\u00fasica, \u00e1 literatura, ao ensino, \u00e1 medicina, \u00e1 hostalar\u00eda, \u00e1 agricultura ou \u00e1 gander\u00eda, \u00e1 artesan\u00eda, \u00e1s artes esc\u00e9nicas \u2026 das que supo\u00f1o que, de non ser ao longo do ano, cada 8 de marzo se ir\u00e1 facendo p\u00fablica gabanza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Hoxe vou reparar nunha destas mulleres da que pouco sei pero que a cada novo dato que se me ofrece, int\u00fao, a biograf\u00eda dunha rebelde. Falo de Mar\u00eda de los \u00c1ngeles V\u00e1zquez que, segundo o pol\u00edgrafo Benigno Teijeiro Mart\u00ednez, naceu en Mondo\u00f1edo o ano 1877 e faleceu en Bos Aires o 29 de outubro de 1912, dato este que tomo dunha nota do cr\u00edtico Armando Requeixo no seu facebook.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Do seu quefacer como xornalista e como escritora, sobre todo de poes\u00eda en castel\u00e1n, d\u00e1 conta Aurora Marco na entrada correspondente do seu \u201cDicionario de mulleres galegas\u201d. Nos anos xuven\u00eds escribiu nos xornais \u201cLa Voz Mindoniense\u201d, \u201cEl Reparador\u201d, \u201cDiario de Mondo\u00f1edo\u201d e \u201cEl Baluarte\u201d, entre outros. Sendo moza viaxou por Galicia coa intenci\u00f3n de contar as impresi\u00f3ns nunha publicaci\u00f3n, viviu alg\u00fan tempo en Madrid para, a finais do XIX ou principios do XX, trasladarse a Bos Aires, onde residiu ata a morte.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En Arxentina estableceu relaci\u00f3n cos Mancebo, de orixe mindoniense, e comezou a colaborar activamente en asociaci\u00f3n galegas. Participou con Elvira Rawson de Dellepiane e outras mulleres nos movementos a prol do dereito de sufraxio feminino na Arxentina. Foi gran amiga da escritora Julia Hernando Ayala. En agosto de 1904 participa na fundaci\u00f3n e formou parte da xunta directiva do Ateneo Rosal\u00eda de Castro de Bos Aires, colectivo que ti\u00f1a, entre outros obxectivos \u201cdefender, alabar e promover o santo nome de Galicia\u201d as\u00ed como organizar actos para recadar fondos coa finalidade de erixirlle un mausoleo \u00e1 escritora en Padr\u00f3n. Formou parte da comisi\u00f3n de homenaxe a P. Veiga en Bos Aires en agosto de 1907 e participou noutras moitas actividades como organizadora ou oradora. Alg\u00fans dos seus discursos poden atoparse na prensa. Fundou e dirixiu a revista \u201cGalicia\u201d e \u00e9 autora dunha publicaci\u00f3n que se titula \u201cMemorias de Mondo\u00f1edo\u201d (1904) e do poemario en galego \u201cDo noso lar\u201d (1905).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright wp-image-973 size-medium\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/Julieta-G\u00f3mez-Paz-277x300.jpg\" alt=\"\" width=\"277\" height=\"300\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/Julieta-G\u00f3mez-Paz-277x300.jpg 277w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/Julieta-G\u00f3mez-Paz.jpg 340w\" sizes=\"auto, (max-width: 277px) 100vw, 277px\" \/>A s\u00faa filla, a escritora e profesora Julieta G\u00f3mez Paz (Bos Aires1909-1995), nun artigo publicado na revista <em>Galicia<\/em> (nov.-dec., 1969)<em>,<\/em> di que a\u00ednda que non se lles permitiu votar \u00e1s mulleres no Centro Gallego de Bos Aires ata o 25 de outubro de 1970 \u201co outorgamento de voto \u00e1s socias desta instituci\u00f3n fai xustiza \u00e1 muller na figura de Mar\u00eda de los \u00c1ngeles V\u00e1zquez, primeira prosecretaria da comisi\u00f3n organizadora de 1907\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Imos deixar aqu\u00ed, por agora, as notas sobre esta mindoniense, pero non sen comentar o seguinte. A \u201cGaceta de Galicia\u201d, diario santiagu\u00e9s do que foi correspondente, publica o 29 de abril de 1905 o seu poema \u201cLonxe\u201d que comeza \u201c<em>Non m\u2019esquezo adourada Galicia<\/em>\u201d e que remata \u201c<em>A\u00ednda morta por ti vivirei<\/em>\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Esta declaraci\u00f3n de amor intenso \u00e1 terra nai en apenas 20 versos pode considerarse un himno. O poema foi musicado por Manuel Valverde e interpretado naqueles d\u00edas e con notable \u00e9xito nunha velada celebrada no local social do Circulo Cat\u00f3licos de Obreros de Santiago polo cantante C\u00e1ndido P\u00e9rez Deza, con acompa\u00f1amento ao piano de Carmen Valverde e ao viol\u00edn do compositor.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Queda moito por contar desta muller e moito m\u00e1is a\u00ednda por descubrir. A min, e aqu\u00ed xoga ao meu favor a licenza e o interese do escritor, gustar\u00edame que a Mar\u00eda de los \u00c1ngeles V\u00e1zquez, moza de 21 anos, natural de Mondo\u00f1edo, que fuxira da casa e que buscaban a nai e a polic\u00eda da Coru\u00f1a a principios de 1897 fose a nosa.<\/p>\n<p><strong>\u00a9Antonio Reigosa<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Celebro a iniciativa do meu concello de organizar este ano unha exposici\u00f3n para contribu\u00edr \u00e1 visibilidade social das mulleres de antes e de agora. Desde as pioneiras Antonia Santos (1831), [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":25,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7],"tags":[119,118],"class_list":["post-971","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","tag-julieta-gomez-paz","tag-maria-de-los-angeles-vazquez"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/971","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/25"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=971"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/971\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":978,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/971\/revisions\/978"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=971"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=971"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=971"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}