<\/p>\n\n\n\n
A piques de rematar este segundo ano de pandemia, cheo de incerteza e malas novas, pode ser bo momento de viaxar no tempo \u00e1 raia, xusto onde as augas do Coura se xuntan coas que de Irimia baixan. Falamos de Caminha e da foz do pai dos r\u00edos, do Pinhal do Camarido, onde medra a fermosa camarinha do Atl\u00e1ntico, onde o Minho se entrega \u00e1s s\u00faas bravas augas,  ante a presenza silenciosa do Forte da \u00cdnsua e de A Guarda e Santa Trega, na outra beira.<\/p>\n\n\n\n
Retrocedemos a un ver\u00e1n calquera de xa  hai uns cantos anos, \u00e1 casa da amiga Dina, moi co\u00f1ecida na vila por pasar dun lado a outro da raia pequenas cantidades de produtos. Para elo, ergu\u00edase cedo e ,cargada de mercador\u00eda e unha nota de encargos, sa\u00eda \u00e1 estrada, onde agardaba a que algu\u00e9n a levase a Tui. En Tui, na tenda dunha amiga, deixaba os produtos encargados e regresaba con outros e outra nota de pedidos. Ao chegar, despois de levar a carne ou o chocolate (eran dos produtos m\u00e1is solicitados) aos veci\u00f1os que llos pediran e de xantar, sa\u00eda polo centro da vila por ver se atopaba alg\u00fan turista  para facer o troco de pesetas por escudos. A se\u00f1ora Dina, filla dun matrimonio de Camposancos, que, por mor da guerra, os seus pais se viron na necesidade de pasar a esta beira do Minho. Unha gran muller que, grazas a estes pequenos \u201ctrapicheos\u201d, foi sacando a familia adiante  Na s\u00faa casa adoitabamos pasar parte do ver\u00e1n, \u00e1s veces en xullo e outras en agosto.<\/p>\n\n\n\n
Ter\u00eda moitas cousas que contar, pero hoxe do que vou falar eran das noites, noites calorosas de ver\u00e1n, nas que non apetec\u00eda deitarse ata ben pasada a medianoite. Rematada a cea, marchabamos para a Praza Conselheiro Silva, popularmente co\u00f1ecida coma \u201cO Largo\u201d, o centro da vila, no medio da cal se atopa un fermoso \u201cchafariz\u201d (fonte),  constru\u00eddo por Jo\u00e3o Lopes, O Velho. Afamado canteiro do Porto, ao que tam\u00e9n se deben d\u00faas populares fontes: unha na Pra\u00e7a da Rainha en Viana do Castelo e outra na Praza da Ferrer\u00eda en Pontevedra. O seu fillo, Jo\u00e3o Lopes, O Filho, continuou coa tradici\u00f3n familiar, e a el d\u00e9bese, entre outros, o chafariz da Pra\u00e7a da Rep\u00fablica de Viana. Nesta mesma praza tam\u00e9n se atopa a famosa Torre do Relogio, que outrora foi unha das portas da muralla da vila. E, por suposto, cafeter\u00edas, tendas, o club Caminhense…<\/p>\n\n\n\n
Sa\u00efamos da casa, ben untadi\u00f1os para protexernos dos mosquitos, xa que  ao irse facendo noite chegaban da foz do Minho co ru\u00edn prop\u00f3sito de  chuchar o sangue de turistas e veci\u00f1os. Estes \u00faltimos para mofarse de n\u00f3s, dic\u00edan que vi\u00f1an da Galiza, e logo soltaban o famoso proverbio: ” De Espanha, nem bom vento, nem bom casamento”. <\/p>\n\n\n\n
E al\u00ed,  sentados nun banco ou tomando algo na terraza dunha cafeter\u00eda, cando non, no Club Cami\u00f1ense, agardabamos parolando cos amigos e amigas a que a calor fose dando paso \u00e1 fresca. Mentres os fillos eran a\u00ednda pequenos, xogaban cos nenos e nenas da vila, a car\u00f3n do chafariz ou polo medio das cafeter\u00edas \u00e1 pelota ou \u00e1s agachadas. <\/p>\n\n\n\n
Al\u00ed tiven a fortuna de co\u00f1ecer as vidas e as historias de moitos  caminhenses senlleiros, coma os casos de Mar\u00eda, a pescantina, de Ze e as s\u00faas esaxeraci\u00f3ns falando do que pescara, de Catarina e Jo\u00e3o, grandes expertos en cantares ao desaf\u00edo (as nosas regueifas), de Manuel, relatando contos de sereas, meigas ou nenos lagartos… Pero, de entre todos, un dos m\u00e1is afamados e co que m\u00e1is trato tiven foi, Jos\u0117 Maria Gavinho Pinto. Un home singular, que ti\u00f1a al\u00ed mesmo no Largo unha tenda onde vend\u00eda de todo, entre outras cousas os seus libros de poemas, ben visibles no escaparate ao lado dunhas toallas, unhas potas ou unha caixa de ferramentas.<\/p>\n\n\n\n
Gavinho, escrib\u00eda poemas de loanza a Caminha e \u00e1s terras do Minho, tanto dun lado coma do outro. Era un gran conversador e botaba a maior parte do tempo f\u00f3ra da tenda, a car\u00f3n do chafariz ou paseando e charlando con veci\u00f1os e forasteiros. Unha das s\u00faas conversas favoritas era Angola, onde estivera uns anos nun barco de cabotaxe, e, por suposto, de poes\u00eda, anim\u00e1ndose \u00e1s veces a recitarnos algo. Era un grande amante da Galiza, da Galiza que non morre, aqu\u00ed, no Minho, sen\u00f3n que chega ata o Mondego, como adoitaba dicir. Un dos seus grandes amigos de al\u00f3 da foz era Neira Vilas, co que dic\u00eda ter moito trato. E as\u00ed era, tempo despois lendo \u201cXentes e cami\u00f1os\u201d, libro do autor de \u201cMemorias dun neno labrego\u201d , atopei un cap\u00edtulo adicado a quen el chamaba ” O poeta de Caminha”.<\/p>\n\n\n\n
“Ondas de mar de Caminha” \u00e9 o seu libro m\u00e1is popular do que te\u00f1o un exemplar adicado que gardo con moito cari\u00f1o e do que aqu\u00ed deixo unha mostra, para rematar este breve percorrido por estas fermosas e queridas terras.<\/p>\n\n\n\n
Sempre a correr sem parar
Vem l\u00e1 das terras de Lugo
Evitai destruir tanta beleza,
Preservemos con carinho
As \u00e1guas do rio Minho,
T\u00eam ninhos en Portugal
Os caminhos s\u00e3o os mesmos,
H\u00e1 uma beleza tamanha:
Onde o Minho se despede
De Portugal e de Espanha.<\/em><\/p>\n\n\n\n
Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a NOITES DE CAMINHA A piques de rematar este segundo ano de pandemia, cheo de incerteza e malas novas, pode ser bo momento […]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,1],"tags":[976,1031,975],"class_list":["post-9133","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-noites-de-caminha","tag-suso-de-lamelina"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9133","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=9133"}],"version-history":[{"count":22,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9133\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9168,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9133\/revisions\/9168"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=9133"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=9133"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=9133"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}