{"id":9069,"date":"2021-12-17T21:04:41","date_gmt":"2021-12-17T20:04:41","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=9069"},"modified":"2021-12-17T21:05:42","modified_gmt":"2021-12-17T20:05:42","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-bar-parra","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=9069","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a: BAR PARRA"},"content":{"rendered":"\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size wp-block-paragraph\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size wp-block-paragraph\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size wp-block-paragraph\"><em>BAR PARRA<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">BAR PARRA<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O nome de \u201cBar Parra\u201d, era, digamos o oficial, ou mellor dito, o que aparec\u00eda escrito, por riba da porta nun cacho de madeira de cor verde. Creo que a idea de chamarlle as\u00ed sa\u00edu dun cliente:\u201cOes por que non lle pos Bar Parra? Ser\u00eda o axeitado, pola parra que tes \u00e1 entrada\u201d. Dito e feito, mais non serviu de nada, todo o mundo o seguiu chamando coma antes de bautizalo, \u201cO Pudriqueiro\u201d, alcume do se\u00f1or Eduardo, propietario do mesmo.<br>\u00c9 de onde vi\u00f1a ese nome? Pois da aldea onde estivera de caseiro antes de chegar a Castroverde, Podriqueiro (a\u00ednda que a xente cambiaba o \u201co\u201d polo \u201cu\u201d e dic\u00eda Pudriqueiro). Un lugar da parroquia de San Cibrao de Montecubeiro, a fregues\u00eda de m\u00e1is aldeas de Galicia -trinta e sete- e unha das de maior extensi\u00f3n. Crese que Podriqueiro procede de podricos, que ve\u00f1en ser as ca\u00f1otas dos casti\u00f1eiros, polo que non ti\u00f1a porque parecerlle mal. Pero a realidade era ben distinta, non lle gustaba nada que o chamaran as\u00ed, e m\u00e1is dunha vez ten pasado das palabras aos feitos con alg\u00fan veci\u00f1o, por mencionar o citado nome; o se\u00f1or Eduardo era un home de malas pulgas.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O se\u00f1or Eduardo, casado e sen fillos, zoqueiro el, veuse, xa non de moi novo, para Castroverde procedente do Podriqueiro e no barrio da Feira, comezou o seu oficio de taberneiro nun bar que abr\u00eda os domingos que tocaba feirear ( cada dous, alternando con Meira). Mais ao pouco tempo mercou unha casi\u00f1a no barrio do Codesal, preto do Cuartel da Garda Civil, na estrada de Rodinso e Frontoi, o famoso Bar Parra. Unha tasca que se fixo moi popular polo bo coci\u00f1ar da s\u00faa dona, a se\u00f1ora Josefa, moi boa muller, natural de Rome\u00e1n e que elaboraba uns pratos exquisitos, amais de cocer un pan e unhas empanadas, envexa da bisbarra. A parte diso, ti\u00f1a un moi bo vi\u00f1o, que todos loaban, tra\u00eddo da Ribeira Sacra.<br>Moita xente ten pasado por al\u00ed, era o lugar apropiado para ir tomar uns chanqueiros ou papar unha boa merendola cos amigos. E claro, cando xa \u00edan uns vi\u00f1os de m\u00e1is, sempre hab\u00eda algu\u00e9n presto a facer algunha trasnada co conseguinte enfado do dono. \u201cNon se anoxe, se\u00f1or Aduardo, non lles faga caso que son uns condenados\u201d , trat\u00e1bao de calmalo alg\u00fan cliente. E o remedio era peor ca doenza e moi alporizado respond\u00eda: \u201cNon \u00e9 con\u00e1 , que \u00e9 con\u00e9\u201d. E o que era peor, en lugar de Aduardo, chamarlle se\u00f1or Pudriqueiro. Ent\u00f3n sub\u00eda polas paredes e comezaba a murmurar polo baixo, para pronto esquecerse; no lle convi\u00f1a anoxarse moito, xa que os que por al\u00ed pasaban eran moi bos clientes e deixaban os seus pesos. Cartos que non consegu\u00eda facendo zocas, por aquel ent\u00f3n pouca xente usaba xa ese tipo de calzado. Finos eran os gardas civ\u00eds, clientes habituais, que para non ofendelo, e non chamalo polo alcume, dic\u00edanlle: \u201cQue hai, Montecubeiro\u201d; cousa que si lle agradaba.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entre as leas que chegaron a acadar m\u00e1is popularidade estaban as que ti\u00f1a con Jos\u00e9 Ram\u00f3n, que se adicaba a teitar, pero que amais nas horas de asueto gust\u00e1balle mollar a palabra. Un d\u00eda tiveron un forte enfrontamento e chegaron \u00e1s mans. Alg\u00fan que presenciou os feitos, comentouno polo centro da vila. Logo \u00e1 tardi\u00f1a, un cliente no seu percorrido coti\u00e1n, despois de pedir un vi\u00f1o, d\u00edxolle: \u201cO\u00edn que se learon dous \u201cquicos\u201d, aqu\u00ed no Codesal. Ser\u00eda verdade? Ti sabes algo?\u201d Cousa que fixo acedar a\u00ednda m\u00e1is do que estaba ao bo de O Pudriqueiro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Noutra ocasi\u00f3n, por consello dos clientes, comprou un frigor\u00edfico con conxelador. Ata aqu\u00ed todo normal, era moi necesario para chegado o ver\u00e1n poder tomar as bebidas fr\u00edas, lle comentaran. Pois ben, que fac\u00eda o bo do se\u00f1or Eduardo? Cobrar unha peseta por cada cubi\u00f1o de xeo; a fama de taca\u00f1o era ben co\u00f1ecida m\u00e1is al\u00f3 da Fonsagrada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Cando foi de comprar un televisor estaba moi contento co novo aparello. Mais para amolalo, sempre hab\u00eda algu\u00e9n que lle comentaba: \u201c Ai ho, pero aqu\u00ed as noticias chegan con atraso, vai boa que as escoitei eu na Rampla!\u201d. A Rampla, \u00e9 o centro da vila e \u201cO Pudriqueiro\u201d, atop\u00e1base nas aforas. Moita rabia lle daba, e sempre remataba por dicir : \u201cSer\u00e1 porque estamos moi afastados do centro\u201d. \u201cPois ser\u00e1\u201d, respond\u00edalle o cliente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Coma dixen antes, a se\u00f1ora Josefa era moi boa coci\u00f1eira e fac\u00eda unhas empanadas moi ricas. O se\u00f1or Eduardo, que era daquela maneira, cando era de cocer, \u00eda dar unha volta pola Rampla, entraba nun bar do centro e o primeiro que fac\u00eda, era dic\u00edalle ao o\u00eddo ao dono coma se se tratara dun secreto de estado:\u201dHoxe cocemos\u201d. Xa estaba armado o l\u00edo. O informante comezaba a divulgar a nova entre os seus clientes e \u00e1s oito da tarde O Bar Parra a tope. E claro co compromiso que iso supu\u00f1a para a se\u00f1ora Josefa, non hab\u00eda empanada para todos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A\u00ednda hoxe se seguen a correr de boca en boca an\u00e9cdotas pola vila e arredores do se\u00f1or \u201cAduardo\u201d, mesmo contadas por xente moza que non chegou a co\u00f1ecelo en persoa. Sen lugar a d\u00fabidas, o Bar Parra, marcou toda unha \u00e9poca nesta bisbarra entre a Terra Ch\u00e1 e A Monta\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><em>Suso de Lameli\u00f1a<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a BAR PARRA BAR PARRA O nome de \u201cBar Parra\u201d, era, digamos o oficial, ou mellor dito, o que aparec\u00eda escrito, por riba [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,1021,975],"class_list":["post-9069","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-bar-parra","tag-suso-de-lamelina"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9069","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=9069"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9069\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9073,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9069\/revisions\/9073"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=9069"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=9069"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=9069"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}