{"id":8896,"date":"2021-11-22T10:01:00","date_gmt":"2021-11-22T09:01:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=8896"},"modified":"2021-11-22T20:03:16","modified_gmt":"2021-11-22T19:03:16","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-castrofoxan-aldea-ceibe-de-libros","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=8896","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a: CASTROFOX\u00c1N, ALDEA CEIBE DE LIBROS"},"content":{"rendered":"\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignright size-medium is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" width=\"233\" height=\"311\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 233px) 100vw, 233px\" \/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-normal-font-size\"><em>CASTROFOX\u00c1N, ALDEA CEIBE DE LIBROS<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p>Cando Lu\u00eds do Merlo non acudiu un ser\u00e1n \u00e1 lectura colectiva das oito, ningu\u00e9n lle deu importancia. Era normal que de vez en cando algu\u00e9n faltase por atoparse indisposto ou por algunha urxencia, sen que puidese avisar da s\u00faa ausencia. Pero que ao d\u00eda seguinte tampouco se presentase, sen dar ning\u00fan tipo de explicaci\u00f3n, empezou a levantar sospeitas; sospeitas que se fixeron evidentes cando por terceira vez non apareceu pola biblioteca.<\/p>\n\n\n\n<p>Aquel mesmo ser\u00e1n, en asemblea urxente, decidiron nomear unha representante que fora falar con el, por ver que lle acontecera. A elixida foi Adela do Couso, muller de car\u00e1cter afable e conciliador, que xa outras veces tivera que intervir en situaci\u00f3ns conflitivas e con resultados satisfactorios. Quedou de presentarse a primeira hora da ma\u00f1\u00e1 seguinte na casa do Merlo.<\/p>\n\n\n\n<p>Lu\u00eds viv\u00eda nunha pequena casa, un pouco afastada da aldea. Era vi\u00favo e sen fillos, labrego e tam\u00e9n zoqueiro, a\u00ednda que deste tipo de calzado, xa en desuso, s\u00f3 fac\u00eda alg\u00fan de vez en cando para unha tenda de agasallos t\u00edpicos de Lugo. Cando chegou Adela estaba regando os tomates, era pleno mes de agosto e \u00eda m\u00e1is de tres semanas que non caia unha gota de auga.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Bo d\u00eda, Lu\u00eds. Este ano non imos ter nada, con esta seca morre todo. No que levamos de ver\u00e1n s\u00f3 choveu un d\u00eda ou dous a principios de mes. Unha ru\u00edna.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Que milagre, Adela. E logo que che trae por aqu\u00ed?<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Pois xa o deb\u00edas saber, penso eu. Que che pasou estes d\u00edas?<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Nada muller, que me \u00eda pasar?. Que non se me apetec\u00eda ir.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Non se che apetec\u00eda? E non sabes que \u00e9 obrigatorio acudir, e se non se pode, xustificalo?<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Boh! boh! D\u00e9ixate de andr\u00f3menas. Non fun porque non me deu a gana e xa est\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Mira ben o que fas e o que dis, Lu\u00eds, que pode traerche problemas.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Non te\u00f1o tempo nin ganas de lerias. Lisca e dilles o que queiras\u00a0\u2014rematou a conversa Lu\u00eds, dando media volta, seguindo coa rega e deixando coa palabra na boca a Adela.<\/p>\n\n\n\n<p>Esa mesma noite volveu haber xuntanza e convocouse para o d\u00eda seguinte ao veci\u00f1o d\u00edscolo para que dera explicaci\u00f3ns. Cousa que fixo. Aduciu que xa levaba m\u00e1is de tres meses sen ler nada e que a\u00ednda que \u00eda \u00e1s lecturas colectivas, era todo &nbsp;aparencia, que pasaba as follas para disimular, pero que xa non l\u00eda . Que canso de finxir decidira cortar polo san e non volver m\u00e1is. Dixo que se dera conta de que a lectura alienaba \u00e1 persoa, que ler todas esas fantas\u00edas para o \u00fanico que serv\u00eda era para volver a un tolo e que desde que deixara os libros sent\u00edase m\u00e1is libre e o que era m\u00e1is importante, totalmente feliz.<\/p>\n\n\n\n<p>Non houbo xeito de que rectificase, polo que despois dun longo debate decidiuse expulsalo da comunidade e ofrecerlle a cova da rula para ir vivir; veredicto que aceptou de bo grado<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Antes de coller outro libro, voume vivir co lobo que me comprende bastante mellor ca vos \u2014sentenciou.<\/p>\n\n\n\n<p>Mais o que parec\u00eda ser nunha simple an\u00e9cdota, non ser\u00eda tal, sen\u00f3n todo o contrario, ser\u00eda a mecha que prender\u00eda o lume.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao cabo dunha semana ausentouse Piedade da Torre, logo Eusebio, o Capador, Manolita da Fonte, Pedro Barxas&#8230; Non hab\u00eda maneira de apagar aquel lume que ameazaba con converterse nun incendio devastador, polo que foi preciso decretar unha amnist\u00eda e permitir a volta dos exiliados, deixando liberdade para que cada quen fixese o que considerase.<\/p>\n\n\n\n<p>Mais as deserci\u00f3ns continuaban , cada vez acud\u00edan menos veci\u00f1os \u00e1 biblioteca, ata que rematou por non ir ningu\u00e9n. Era urxente unha asemblea para tomar unha decisi\u00f3n definitiva. Al\u00ed cada quen expuxo as raz\u00f3ns polas que deixara de ler, algunhas ben curiosas, pero todas cun nexo com\u00fan, que esquecerse dos libros lles dera m\u00e1is sosego, que estaban fartos de pensar tanto e que o \u00fanico que lles produc\u00eda era desacougo. En definitiva, que agora eran m\u00e1is felices, coma xa dixera no seu d\u00eda, Lu\u00eds do Merlo.<\/p>\n\n\n\n<p>A asemblea, despois de varias propostas, entre as que se atopaban a de queimar os libros e usar a biblioteca para lugar de repouso onde poder acougar do labor diario, ata outras que avogaban por queimar todo o edificio e que non ficara pegada algunha do que fora lugar de lectura, optou por unha soluci\u00f3n intermedia. Deixar todo tal coma estaba, ben pechado, coa prohibici\u00f3n, baixo pena de exilio, de entrar no seu interior, e que fora o tempo, implacable verdugo, o encargado de facer xustiza. A xuntanza rematou coa declaraci\u00f3n de, \u201cCastrofox\u00e1n, aldea ceibe de libros\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>A prensa non agardou un d\u00eda para facerse eco da noticia, que adquiriu car\u00e1cter internacional. Desde esa data, aldeas, cidades, rexi\u00f3ns, incluso naci\u00f3ns, seguiron \u00a0o ronsel \u00a0de Castrofox\u00e1n. Un verdadeiro andazo, que de seguir as\u00ed, supor\u00e1 en pouco tempo a desaparici\u00f3n total do que, ata o de aqu\u00ed, foi un dos m\u00e1is importantes veh\u00edculos de transmisi\u00f3n cultural.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\">&nbsp; <em>Suso de Lameli\u00f1a<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a CASTROFOX\u00c1N, ALDEA CEIBE DE LIBROS Cando Lu\u00eds do Merlo non acudiu un ser\u00e1n \u00e1 lectura colectiva das oito, ningu\u00e9n lle deu importancia. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,1],"tags":[976,994,993],"class_list":["post-8896","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-castrofoxan-aldea-ceibe-de-libros","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8896","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8896"}],"version-history":[{"count":11,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8896\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8910,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8896\/revisions\/8910"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8896"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8896"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8896"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}