{"id":8421,"date":"2021-09-03T19:17:15","date_gmt":"2021-09-03T18:17:15","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=8421"},"modified":"2021-09-03T19:18:36","modified_gmt":"2021-09-03T18:18:36","slug":"parladoiro-con-marina-maceiras-segovia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=8421","title":{"rendered":"Parladoiro con&#8230; MARI\u00d1A MACEIRAS SEGOVIA"},"content":{"rendered":"\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/2020-Na-biblioteca-do-IES-Sanchez-Canton-Pontevedra.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"682\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/2020-Na-biblioteca-do-IES-Sanchez-Canton-Pontevedra-1024x682.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8423\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/2020-Na-biblioteca-do-IES-Sanchez-Canton-Pontevedra-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/2020-Na-biblioteca-do-IES-Sanchez-Canton-Pontevedra-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><figcaption><em>Mari\u00f1a Maceiras na biblioteca do IES S\u00e1nchez Cant\u00f3n, Pontevedra, 2020<\/em><\/figcaption><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignleft size-medium is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/2018-Despois-de-recoller-o-premio-Francisco-Anon-scaled.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/2018-Despois-de-recoller-o-premio-Francisco-Anon-225x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8425\" width=\"225\" height=\"300\"\/><\/a><figcaption><em>A autora despois de recoller o Premio Francisco A\u00f1\u00f3n, 2018<\/em><\/figcaption><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>1.- Que tal senta, coa idade que tes, ser a Mari\u00f1a Maceiras Segovia escritora?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pois senta moi ben, pero a verdade \u00e9 que non sinto que exista unha Mari\u00f1a escritora, s\u00f3 son eu flipando con que \u00e1 xente lle guste o que escribo. Ao moverme por varios concursos xuven\u00eds co\u00f1ezo a moita xente nova que conseguiu cousas incribles e ent\u00f3n dec\u00e1tome de eu tam\u00e9n alcancei bastantes obxectivos e emoci\u00f3nome pensando en todo o que podo chegar a facer se me esforzo, e \u00e9 unha sensaci\u00f3n magn\u00edfica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>2.- A\u00ednda que sempre se di aquel t\u00f3pico de que non imaxinabas chegar ata esta altura literaria xa desde moi nova, sementar\u00e1s moitas ilusi\u00f3ns futuras na f\u00e9rtil terra da literatura?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Dende logo! Te\u00f1o moit\u00edsimas ganas de publicar todos os libros que se me permita: ir alg\u00fan d\u00eda pola r\u00faa e ver coma un neno ou unha nena lle sinala o meu libro a s\u00faa nai no escaparate dunha librer\u00eda para que llo merque.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tam\u00e9n albergo a esperanza de ga\u00f1ar nalg\u00fan momento alg\u00fan deses grand\u00edsimos premios de literatura para autoras e autores consagrados.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>3.- Que significa para ti acadar un premio literario?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para mi lograr ga\u00f1ar un premio \u00e9 algo moi importante, porque quere dicir que xente que \u00e9 experta en literatura considera que o meu traballo \u00e9 o suficientemente bo como para darlle un reco\u00f1ecemento. O que eu escribo non deixa de ser un reflexo de min e cos premios eu sinto que son boa, que fago algo ben e que non perdo o tempo escribindo. \u00c9 moi reconfortante sentirte acubillada por un premio.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/2021-O-Corgo-Certame-Terras-de-Chamoso-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/2021-O-Corgo-Certame-Terras-de-Chamoso-225x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8429\"\/><\/a><figcaption><em>Acto de entrega de premios do Certame Literario Terras de Chamoso, O Corgo, 2021<\/em><\/figcaption><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>4.- Continuando o ronsel da pregunta anterior: os galard\u00f3ns literarios dan m\u00e1is alegr\u00eda ou implican maior responsabilidade na andaina cativadora da escrita?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As d\u00faas cousas. Por un lado, \u00e9 o que comentaba antes, son un chute de adrenalina, ledicia e confianza para seguir escribindo. Por outro lado, son certa presi\u00f3n, todo o mundo agarda que ga\u00f1es m\u00e1is premios, que ga\u00f1es premios cada vez m\u00e1is importantes ou que cada cousa que dis ou escribas sexa unha obra de arte na que haxa un mont\u00f3n de palabras rebuscadas, met\u00e1foras ou trasfondos sentimentais con referencias literarias.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>5.- Segues algunha referencia ou xa tentaches desde o principio crear unha voz con matices singulares e\/ou persoais?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ningunha das d\u00faas cousas. Leo moito dende moi pequena, de todos os estilos, de moitos autores e autoras, de todos os x\u00e9neros&#8230; e aprend\u00edn que debes escribir de tal xeito que a historia escorregue libre. Para cada peza que escribo utilizo o que me sae dependendo do tema e a forma, non penso.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por suposto que te\u00f1o moitos referentes na literatura, pero nunca intentei copiar o seu estilo xa que me parece que a forma de escribir \u00e9 algo que depende da personalidade polo que debe ser \u00fanica. Tampouco busquei crear o meu estilo propio, non creo que o te\u00f1a e non \u00e9 algo que me preocupe.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>6.- Se non puideses escribir durante un per\u00edodo de tempo, como suplir\u00edas esa eiva transitoria?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Non creo que me afectase en exceso, por moi improbable que sexa esa situaci\u00f3n. Na mi\u00f1a mente sempre hai algo dando voltas, nunca quedo sen ideas, xa que cando non te\u00f1o nada novo simplemente escribo describindo o que vexo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Se algo me impedise escribir supo\u00f1o que debuxar\u00eda, ilustrar\u00eda as mi\u00f1as ideas. As artes pl\u00e1sticas son a outra forma que te\u00f1o de expresarme, \u00e9 igual de doado para min escribir que facer garabatos ou dar pinceladas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>7.- En que oc\u00e9ano navegas mellor, no da narrativa ou no da poes\u00eda? Tes medo ao naufraxio nalg\u00fan deles?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A verdade \u00e9 que os utilizo para cousas diferentes. Coa poes\u00eda desaf\u00f3gome tanto de ledicia, coma de medo, inseguridades, enfado, amor, sentimentos novos&#8230; Na narrativa simplemente escribo para entreterme e pasalo ben porque, a\u00ednda que tam\u00e9n expreso moito do que levo dentro, p\u00f3\u00f1olle m\u00e1is filtro e controlo m\u00e1is o que escribo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para ser sincera d\u00e1me moito medo fracasar na narrativa longa, creo que non escrib\u00edn nada de m\u00e1is de oito folios e a\u00ednda non me vexo capaz de facelo. \u00c9 algo que te\u00f1o pendente e penso facer nalg\u00fan momento no que vexa que estou preparada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>8.- Na t\u00faa tarefa creativa hai unha miga de caos ou es ben disciplinada?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ufff&#8230; A ver como explico eu isto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para escribir poes\u00eda son puro caos e para escribir narrativa comezo desordenada, despois fago un plan detallado co que escribo e, cando remato, cambio algunha li\u00f1a ou expresi\u00f3n e remexo un pouco.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na poes\u00eda deixo que todo saia sen ning\u00fan filtro, simplemente escollo un sentimento e c\u00e9ntrome en expresalo. Penso que debe ser moi divertido verme loitar cos meus miolos para atopar a palabra que preciso para a rima, xa que cando me atasco p\u00f3\u00f1ome a tatexar s\u00edlabas ao azar ata que atopo a palabra que preciso mentres me movo dun lado para outro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na narrativa perm\u00edtome ser desordenada ata que te\u00f1o clara a anatom\u00eda do esqueleto da historia. Despois anoto nunha lista todo o que quero que pase e en orde, e temporal\u00edzoo en li\u00f1as, e por \u00faltimo escr\u00edboo. Non o volvo mirar ata un ou dous d\u00edas despois e, para rematalo, fago pequenos arranxos.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignleft size-medium is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/2021-Salon-do-Libro-de-Pontevedra.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/09\/2021-Salon-do-Libro-de-Pontevedra-300x200.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8427\" width=\"316\" height=\"210\"\/><\/a><figcaption> <em>A autora no Sal\u00f3n do Libro de Pontevedra, 2021<\/em> <\/figcaption><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>9.- Canto trasladas da t\u00faa vida \u00e1 literatura e canto recorres \u00e1 literatura para entender o teu proceso de desenvolvemento vital?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para escribir non sempre me baseo en cousas que viv\u00edn (case nunca), pero todas as mi\u00f1as composici\u00f3ns est\u00e1n creadas a partir dun sentimento que experimento na mi\u00f1a vida coti\u00e1 xa que intento que a persoa que o lea chegue a experimentar xusto o que eu sent\u00edn. \u00c9 a mi\u00f1a forma de compartir o que levo dentro, de expresar parte do meu estado an\u00edmico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por outro lado, ao ler moito, obviamente a literatura infl\u00fae na mi\u00f1a forma de ver o mundo. Sempre queda na memoria a opini\u00f3n que xerou en ti a acci\u00f3n dun personaxe, algunha frase s\u00faper profunda das que soan demasiado rimbombantes como para parecer realistas ou aprendes a detectar alg\u00fan comportamento.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>10.- Quedaron preguntas por facer e por responder, estou ben seguro. As\u00ed que t\u00f3cache a ti, Mari\u00f1a, formular unha que che gustar\u00eda responder, e contestala, obviamente.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para quen tipo de p\u00fablico escribes?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Escribo sobre todo e principalmente para min, tam\u00e9n escribo para nenos e nenas pequenas e para xente da mi\u00f1a idade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Te\u00f1o escrita moita poes\u00eda para crianzas xa que penso que \u00e9 moi importante que os pequenos da casa estean en contacto con ela porque despois xa se te\u00f1en prexu\u00edzos. G\u00fastame, perm\u00edteme ser moi clara e transparente, e \u00e9 divertido porque tam\u00e9n podo ilustrala.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Cando escribo narrativa vai m\u00e1is dirixida \u00e1 xente da mi\u00f1a idade porque escribo o que me gustar\u00eda ler a min.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>1.- Que tal senta, coa idade que tes, ser a Mari\u00f1a Maceiras Segovia escritora? Pois senta moi ben, pero a verdade \u00e9 que non sinto que exista unha Mari\u00f1a escritora, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,370,1],"tags":[926,754],"class_list":["post-8421","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-parladoiro-con","category-xeral","tag-marina-maceiras-segovia","tag-parladoiro-con"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8421","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8421"}],"version-history":[{"count":10,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8421\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8435,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8421\/revisions\/8435"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8421"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8421"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8421"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}