{"id":8239,"date":"2021-07-25T01:01:56","date_gmt":"2021-07-25T00:01:56","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=8239"},"modified":"2021-07-25T01:14:50","modified_gmt":"2021-07-25T00:14:50","slug":"parladoiro-con-abraham-perez","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=8239","title":{"rendered":"Parladoiro con&#8230; ABRAHAM P\u00c9REZ"},"content":{"rendered":"\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/07\/Oculta-LIt-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"853\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/07\/Oculta-LIt-853x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8242\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"> <em>&#8220;Entendo o compromiso non coma algo separado da nosa vida; m\u00e1is ben ao contrario, como algo propio da existencia. Todas as persoas, a cada momento, estamos obrigadas a actuar, a\u00ednda que a nosa acci\u00f3n sexa non facer algo concreto. Pero isto xa \u00e9 un modo de acci\u00f3n, e unha encarnaci\u00f3n dunha serie de valores que lexitiman ou po\u00f1en en cuesti\u00f3n elementos da realidade. Por iso, para min, cada obra, sen ter nin un sentido pedag\u00f3xico, nin moral, nin normativo, si ha de interpelar \u00e1 \u00e9poca na que est\u00e1. (&#8230;)&#8221;<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-medium-font-size wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignleft size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/07\/Foto-redes-sociais.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"300\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/07\/Foto-redes-sociais-300x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8246\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>1.- Partindo da ontolox\u00eda ser\u00edas quen de definir a Abraham P\u00e9rez?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Empezamos forte!!! (Risas). Ben, calquera definici\u00f3n propia que dea pode soar falsa, arbitraria e\/ou narcisista, precisamente porque un m\u00f3vese nese tri\u00e1ngulo do que quere ser un, de como \u00e9 percibido polos demais, e do que realmente \u00e9. Polo que axustar eses tres puntos par\u00e9ceme complicado. Mais, direi que son escritor: con todo o que implique, para ben ou para mal (Risas).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>2.- Que chanzo na escada conceptual ocupar\u00eda, segundo a t\u00faa opini\u00f3n, o <em>compromiso<\/em> no eido literario?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entendo o compromiso non coma algo separado da nosa vida; m\u00e1is ben ao contrario, como algo propio da existencia. Todas as persoas, a cada momento, estamos obrigadas a actuar, a\u00ednda que a nosa acci\u00f3n sexa non facer algo concreto. Pero isto xa \u00e9 un modo de acci\u00f3n, e unha encarnaci\u00f3n dunha serie de valores que lexitiman ou po\u00f1en en cuesti\u00f3n elementos da realidade. Por iso, para min, cada obra, sen ter nin un sentido pedag\u00f3xico, nin moral, nin normativo, si ha de interpelar \u00e1 \u00e9poca na que est\u00e1. \u00c9 evidente que hai unha separaci\u00f3n entre a persoa que crea e a creaci\u00f3n: \u00e9 algo intr\u00ednseco ao arte, pero non implica que a obra sexa un elemento as\u00e9ptico. A obra non ten que ser exemplo de nada: a iso ref\u00edrome cando falo de que non ten que ser normativa; pero sendo un produto creado nunha \u00e9poca baixo unhas condici\u00f3ns e unhas caracter\u00edsticas espec\u00edficas, non se pode subtraer dos discursos que emana e dos que lexitima ou pon en cuesti\u00f3n, a\u00ednda que esa non sexa a s\u00faa intenci\u00f3n directa e primaria. Coido que nin para unha lado nin para outro, a obra pode ser inocente. Como tampouco o \u00e9 quen a crea.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>3.- Se foses un lector que se achega por primeira vez \u00e1 lectura de <em>FRAGMENTO\/CREBA<\/em>, \u00bfque suscitar\u00eda en ti entrar no seu universo po\u00e9tico?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para min FRAGMENTO\/CREBA \u00e9 unha tentativa, unha cartograf\u00eda incompleta e provisional. Tal e como o vexo, cada fragmento, cada f\u00edsgoa, \u00e9 a parte vis\u00edbel dun magma que conecta, se cadra por ocultamento ou por ausencia, todos os seus puntos. Ent\u00f3n, o que se est\u00e1 intentando problematizar \u00e9 a nosa \u00e9poca e a n\u00f3s mesmos coma individuos e suxeitos inseridos nunha rede complexa que \u00e9 o que chamamos real.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Mais, velaqu\u00ed est\u00e1 a mi\u00f1a intenci\u00f3n; outra cousa \u00e9 que quen se achega ao libro o comprenda as\u00ed\u2026 (risas).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>4.- Tes publicadas obras en galego e en castel\u00e1n: o proceso creativo \u00e9 singular en cada lingua na que te expresas literariamente ou hai unha premisa ling\u00fc\u00edstica nuclear?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Respecto ao propio proceso creativo: \u00e9 certo que cada obra exixe unha intensidade distinta, uns ritmos, se cadra, tam\u00e9n diferentes. Malia isto, para min si hai unha premisa que as recolle todas. \u00c9 certo que conto con textos publicados en galego e castel\u00e1n, mais neste \u00faltimo caso, cando menos o publicado, foron textos que naceron en galego, pero que por circunstancias acabaron cunha versi\u00f3n en castel\u00e1n. A\u00ednda as\u00ed, a lingua coa que traballo \u00e9 o galego. Quero sinalar isto porque escoller unha lingua non \u00e9 un elemento meramente accidental, sen\u00f3n que no meu caso \u00e9 froito dun compromiso, dun xeito de entender certas cousas; en definitiva, dunha maneira de comprender e de se relacionar coa realidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Agora ben, volvendo \u00e1 pregunta inicial: a mi\u00f1a po\u00e9tica trata de traballar cun elemento que re\u00fana todo. Podo escribir poes\u00eda ou narrativa, con certas li\u00f1as est\u00e9ticas que <em>a priori<\/em> poden estar afastadas ou parecer opostas, mais tal e como as concibo, non \u00e9 as\u00ed. Sempre hai unha preocupaci\u00f3n, unha tematizaci\u00f3n dun problema que pode verter (e que adoita facelo) cara a outras problem\u00e1ticas. Ent\u00f3n, \u00e9 a partires de a\u00ed desde onde se vai configurando cada obra, cada texto; deste xeito, perm\u00edteme velos coma un tecido, coma unha rede que remiten uns aos outros. Logo, claro, cada creaci\u00f3n ha de facer un escorzo, ha de ga\u00f1ar autonom\u00eda, para que se poida considerar como delimitado e, por tanto, independente. Pero insisto, sempre comprendido como unha parte dun todo. Isto non implica, loxicamente, que non se produza un proceso de madureza, \u00e9 dicir, pretensi\u00f3ns de mellorar o traballo, e algunhas variaci\u00f3ns est\u00e9ticas en cada obra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>5.- Cando escribes, hai unha fiestra fronte t\u00faa na procura dunha recepci\u00f3n colectiva da t\u00faa escrita ou, coma nun efecto espello, escribes para ti mesmo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Semella que redundo no mesmo, por\u00e9n considero que son diferentes puntos dun id\u00e9ntico problema. Expl\u00edcome: cada obra nace dunha preocupaci\u00f3n; dita preocupaci\u00f3n, vaise concretando na indagaci\u00f3n que levar\u00e1 (ou non) ao proceso de escritura. Deste xeito, coagula e config\u00farase o que vai ser o proxecto delimitado para cada unha individualmente. Evidentemente as obras, os textos, nacen cunha vocaci\u00f3n comunicativa, pos\u00faen en si mesmas a caracter\u00edstica esencial de tender pontes; ent\u00f3n, seguindo esta li\u00f1a comunicativa, son para ser lidas e pensadas por algu\u00e9n que non son eu. E \u00e9 aqu\u00ed onde est\u00e1, ao meu ver, a riqueza: a posibilidade de establecer di\u00e1logo con algu\u00e9n que se est\u00e1 a mover f\u00f3ra das mi\u00f1as din\u00e1micas (e xa que logo, pretensi\u00f3ns) creativas. \u00c9 nesa intersecci\u00f3n onde se produce unha dobre autonom\u00eda da obra: en primeiro lugar, a independencia respecto de quen a crea porque xa \u00e9 algo externo, algo alleo; e por outro, ao ser recibido por unha lectora ou por un lector, aparece unha nova lectura, unha nova interpretaci\u00f3n e, en consecuencia, ampl\u00edase o campo de discusi\u00f3n coa conseguinte apertura de perspectivas. Mais este feito que se ha de producir de xeito necesario, na mi\u00f1a opini\u00f3n, non pode ser unicamente pensado desde a posici\u00f3n do p\u00fablico, e menos pensar o p\u00fablico coma un elemento homox\u00e9neo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>6.- Canto de filosof\u00eda hai no proceso literario?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ben, realmente non saber\u00eda delimitar exactamente cal \u00e9 o recept\u00e1culo de cada cousa; m\u00e1is que nada porque para min non hai tal separaci\u00f3n. Antes falabamos da preocupaci\u00f3n ontol\u00f3xica de FRAGMENTO\/CREBA e tam\u00e9n da rede que, cando menos para min, \u00e9 o conxunto das obras. Ent\u00f3n, para min a filosof\u00eda \u00e9 tam\u00e9n, entre outras cousas -por suposto- fundamentais, un exercicio art\u00edstico; de tal modo que, cando comezo a traballar nun texto, parte dunha preocupaci\u00f3n, dunhas premisas concretas e dunha pretensi\u00f3n, o cal non quere dicir que sempre remate por ser tal e como fora pensado nun primeiro momento.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignright size-medium is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/07\/Firma-1.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/07\/Firma-1-175x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8248\" width=\"185\" height=\"299\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>7.- Narrativa, poes\u00eda, gui\u00f3n, artigos&#8230; Existe un elo que conecte todas estas disciplinas citadas?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Parece obvio que cada x\u00e9nero ten unhas regras determinadas, mais non determinantes. \u00c9 certo que cando se est\u00e1 a escribir un artigo cunha vocaci\u00f3n m\u00e1is xornal\u00edstica, non \u00e9 o mesmo que unha indagaci\u00f3n formal po\u00e9tica, a\u00ednda que o soporte sexa tam\u00e9n a linguaxe. Isto acent\u00faase m\u00e1is se, no canto de utilizar a linguaxe como veh\u00edculo de sentido e significado co fin de ser lido (como sucede nas obras literarias), a linguaxe \u00e9 un elemento mediato que remite a unha especie de elemento final. Estou pensando na escrita dun gui\u00f3n cinematogr\u00e1fico: por moito que poidan evocar as palabras, o que vai primar \u00e9 a imaxe, ent\u00f3n o cinema require dunha linguaxe propia, dunha linguaxe f\u00edlmica que se cadra non acaba de encaixar plenamente coa palabra escrita.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Agora ben, certo \u00e9 que as estruturas formais na posmodernidade non son nin inamov\u00edbeis nin puras, sen\u00f3n que tenden \u00e1 mestura, \u00e1 disoluci\u00f3n de fronteiras. Aqu\u00ed tam\u00e9n se produce un punto de contacto, un elemento de com-partici\u00f3n. Permite xogar, xa non con varias cartas, sen\u00f3n con barallas diferentes creando as\u00ed un novo marco.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais, volvo ao que expresei anteriormente: existe ou pode existir, coma no meu caso, un elemento que conecte as obras, que estableza vencellos entre elas. Ent\u00f3n \u00e9 aqu\u00ed onde o punto cero agroma novamente, xa que \u00e9 o que vai permitir, utilizando distintos recursos formais e mesturando diferentes elementos est\u00e9ticos, poder abordar unha ou varias preocupaci\u00f3ns e que vaian reflect\u00edndose no desenvolvemento da obra art\u00edstica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>8.- Somos memoria, mais, \u00e1s veces, semella que nada aprendemos desa memoria que nos viste por dentro, dado que temos a est\u00fapida tendencia a repetir erros do pasado. Como curar esta imperfecci\u00f3n humana?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 unha cuesti\u00f3n complexa e se cadra demasiado longa para responder aqu\u00ed. Ben, vou intentar ser breve e claro. Desde o meu punto de vista, unha das caracter\u00edsticas desta \u00e9poca \u00e9 o pouco valor que ten o co\u00f1ecemento. Parece que o \u00fanico co\u00f1ecemento que ten relevancia \u00e9 o que pode ser aplicado a algo e do cal se pode sacar beneficio, principalmente econ\u00f3mico. Agora ben, se pensamos no eido literario ou no art\u00edstico en xeral, semella que o seu valor \u00e9 unha cousa et\u00e9rea. S\u00f3 se calcula en n\u00famero de exemplares vendidos, no n\u00famero de visitantes a unha exposici\u00f3n, etc.; mais isto, ao meu modo de ver, \u00e9 s\u00f3 unha pequena vertente. En primeiro lugar, porque a unha obra de arte, o valor econ\u00f3mico que poida ter (por dicilo suavemente) \u00e9lle pouco relevante. Principalmente porque a s\u00faa val\u00eda e a s\u00faa calidade non est\u00e1 a\u00ed. O valor que ten desborda as categor\u00edas do mercado. Ent\u00f3n, a obra pode ter unha carga de valor cognoscitivo, de valor existencial, de valor est\u00e9tico, moito m\u00e1is importante que o da primac\u00eda pecuniaria. A que conduce isto? A se que s\u00f3 \u00e9 un tipo de valor o que mide a val\u00eda, ent\u00f3n as obras quedan en meras mercanc\u00edas, en simples produtos de consumo. O que conduce, ao meu modo de ver, a unha situaci\u00f3n de degradaci\u00f3n, funx\u00edbel, a unha situaci\u00f3n onde todo semella fragmentado e onde non se pode percibir a necesidade de comprensi\u00f3n do conxunto. Noutras palabras: se a Historia, por po\u00f1er un exemplo, s\u00f3 serve para ser consumida (en ventas de libros, en exposici\u00f3ns, e artigos de colecci\u00f3n, etc.), l\u00e9vanos a non ser conscientes da importancia que pode ter para n\u00f3s noutros \u00e1mbitos pol\u00edticos, existenciais, afectivos, etc. Sinalo isto porque \u00e1s veces atop\u00e1monos con certos relatos emitidos por parte de alg\u00fans elementos e persoas con poder que falsean claramente feitos hist\u00f3ricos relevantes que obxectivamente non podemos defender a nivel \u00e9tico. Por exemplo, se a un ditador lle chamamos xeneral, ent\u00f3n, sen ser falso, non \u00e9 completamente verdadeiro. Por que? Porque a utilizaci\u00f3n de certos termos en \u00e1mbitos espec\u00edficos que te\u00f1en proxecci\u00f3n pol\u00edtica, l\u00e9vanos a ver como se lexitiman discursos onde o co\u00f1ecemento \u00e9 claramente desvirtuado, o que pode po\u00f1er en cuesti\u00f3n as bases dun sistema democr\u00e1tico. Cr\u00e9ase deste xeito un imaxinario colectivo cheo de crenzas subxectivas \u2013e non de verdades obxectivas- fundamentado no irracional e na ignorancia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por iso, defendo que o co\u00f1ecemento \u00e9 un valor, a\u00ednda que o co\u00f1ecemento non sexa \u00fatil para certas pr\u00e1cticas. E as obras de arte, sen ser elementos morais (porque non o te\u00f1en que ser, ollo!), si permiten repensar tanto as categor\u00edas e os valores como as posici\u00f3ns pol\u00edticas e existenciais que un ten. A obra de arte abre e posibilita o di\u00e1logo. Que acontece? Que unha obra, a s\u00faa lectura, o seu visionado, require, amais de sensibilidade, tempo e esforzo (o que choca de fronte coas din\u00e1micas propias da nosa \u00e9poca no que todo ten que ser consumido en pouco tempo e con aparente pouco esforzo).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>9.- Sen eufemismos, con sincera crueza, se che parece pertinente, cara a onde cami\u00f1amos como seres culturais?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A prognose \u00e9 un \u00e1mbito desco\u00f1ecido para min (risas). Agora ben, botando man do que expuxen antes (e sendo consciente de que se poder\u00eda matizar moito m\u00e1is todo o dito), a nosa \u00e9poca posmoderna que mestura e elimina fronteiras e desfai estruturas ten unha dobre lectura: por unha banda negativa, no senso exposto na pregunta anterior, onde promove posici\u00f3ns acr\u00edticas por deslexitimar o co\u00f1ecemento como tal; pero por outra banda, permite, apoi\u00e1ndonos no co\u00f1ecemento, na arte, en definitiva: na cultura e na racionalidade, moldear a realidade e enfocala cara onde queremos. Deste xeito, si considero que cami\u00f1amos cara ao que cada un de xeito individual e colectivo eliximos. Non falo dunha capacidade absoluta de elixir, pero si coido que a responsabilidade \u00e9 a outra face da liberdade. Prec\u00edsase facer unha reflexi\u00f3n \u00e9tica continua, insisto, tanto a nivel individual coma colectivamente. E para iso, a educaci\u00f3n, a cultura e o co\u00f1ecemento son esenciais.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignleft size-medium is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/07\/Presentacion-Compostela-MBDLC-B.N-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/07\/Presentacion-Compostela-MBDLC-B.N-300x144.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8249\" width=\"300\" height=\"144\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>10.- Ben sei que quedaron moitas d\u00fabidas ou preguntas que che puiden ter feito. Mais vou deixar que sexas ti quen peche este <em>parladoiro<\/em> formulando e contestando a que desexes.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Como creador g\u00fastame falar do que fai, vou ser ego\u00edsta e aproveito a sinalar que os pr\u00f3ximos proxectos, inminentes, van ser a publicaci\u00f3n de dous textos que, na mi\u00f1a mente, marcan continuidade co inmediatamente anterior como foi FRAGMENTO\/CREBA. Tr\u00e1tase de dous libros de poemas: o primeiro levar\u00e1 por t\u00edtulo O CORPO TRANSPARENTE DAS HORAS e que sa\u00edra coa Editorial Galaxia en poucos meses, e do cal apareceron recentemente escolmas na <em>Revista Luzes<\/em> e na <em>Dorna, Expresi\u00f3n Po\u00e9tica Galega<\/em>; e UNHA TEOR\u00cdA PARA OS ESPECTROS, texto agraciado co 2\u00ba Premio no III Certame Torre de Caldaloba, que sair\u00e1 contra finais de ano con Alvarellos Editora. Ambos textos, como digo, son puntos de continuidade do proxecto po\u00e9tico que estou a desenvolver e que agardo que interesen, na medida do pos\u00edbel, ao p\u00fablico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Aproveito tam\u00e9n para agradecer a Culturalia GZ (e ao seu respons\u00e1el: Marti\u00f1o Maseda) este interese na mi\u00f1a obra e amabilidade mostrada nesta entrevista.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8220;Entendo o compromiso non coma algo separado da nosa vida; m\u00e1is ben ao contrario, como algo propio da existencia. Todas as persoas, a cada momento, estamos obrigadas a actuar, a\u00ednda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,370,1],"tags":[898,754],"class_list":["post-8239","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-parladoiro-con","category-xeral","tag-abraham-perez","tag-parladoiro-con"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8239","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8239"}],"version-history":[{"count":8,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8239\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8253,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8239\/revisions\/8253"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8239"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8239"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8239"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}