{"id":8080,"date":"2021-06-30T16:58:53","date_gmt":"2021-06-30T15:58:53","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=8080"},"modified":"2021-06-30T16:58:57","modified_gmt":"2021-06-30T15:58:57","slug":"a-primeira-xornada-do-festival-atlantica-trae-a-santiago-catro-espectaculos","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=8080","title":{"rendered":"A primeira xornada do Festival Atl\u00e1ntica trae a Santiago catro espect\u00e1culos"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery aligncenter columns-3 is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\"><ul class=\"blocks-gallery-grid\"><li class=\"blocks-gallery-item\"><figure><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Charo-Pita-1-copia.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"678\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Charo-Pita-1-copia.jpg\" alt=\"\" data-id=\"8081\" data-full-url=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Charo-Pita-1-copia.jpg\" data-link=\"http:\/\/culturaliagz.com\/?attachment_id=8081\" class=\"wp-image-8081\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Charo-Pita-1-copia.jpg 678w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Charo-Pita-1-copia-480x725.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) 678px, 100vw\" \/><\/a><\/figure><\/li><li class=\"blocks-gallery-item\"><figure><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/eugenia-manzanera.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"667\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/eugenia-manzanera.jpg\" alt=\"\" data-id=\"8082\" data-full-url=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/eugenia-manzanera.jpg\" data-link=\"http:\/\/culturaliagz.com\/?attachment_id=8082\" class=\"wp-image-8082\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/eugenia-manzanera.jpg 1000w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/eugenia-manzanera-980x654.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/eugenia-manzanera-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1000px, 100vw\" \/><\/a><\/figure><\/li><li class=\"blocks-gallery-item\"><figure><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Marta-Ortiz.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"769\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Marta-Ortiz-1024x769.jpg\" alt=\"\" data-id=\"8083\" data-full-url=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Marta-Ortiz.jpg\" data-link=\"http:\/\/culturaliagz.com\/?attachment_id=8083\" class=\"wp-image-8083\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Marta-Ortiz-980x736.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/Marta-Ortiz-480x361.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure><\/li><\/ul><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:18px\"><strong>A primeira xornada do <a href=\"https:\/\/festivalatlantica.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Festival Atl\u00e1ntica<\/a> trae a Santiago catro espect\u00e1culos<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00b7&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; <strong>Neste d\u00eda act\u00faan a salmantina Eugenia Manzanera e as galegas Charo Pita e Marta Ortiz<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00b7&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; <strong>Vai haber espect\u00e1culos para beb\u00e9s, nenos e adultos, todos eles gratu\u00edtos<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00b7&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; <strong>O xoves tam\u00e9n arrinca o festival en Ferrol, Mondo\u00f1edo e mais na Pobra do Carami\u00f1al<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Este xoves, 1 de xullo, comeza oficialmente a novena edici\u00f3n do <strong>Festival Atl\u00e1ntica<\/strong>, que se prolongar\u00e1 ata o d\u00eda 11 deste mes e que programa m\u00e1is de 80 funci\u00f3ns gratu\u00edtas en 27 concellos de toda Galicia. Ao longo destes d\u00edas vanse xuntar en Galicia unha trintena de contadores procedentes de Guinea Ecuatorial, Brasil ou Portugal, Zamora, Salamanca, Guadalaxara e, por suposto, Galicia. Unha novidade deste ano son os espect\u00e1culos en espazos de gran valor patrimonial. Haber\u00e1 contos en lugares como as Torres de Altamira, en Bri\u00f3n, ou no curro de Sabucedo, ou no Castelo de Castrodouro, en Alfoz, por citar alg\u00fans. A historias de Atl\u00e1ntica tam\u00e9n chegar\u00e1n a zonas naturais como carballeiras ou fragas aut\u00f3ctonas con xacementos arqueol\u00f3xicos, castros, petr\u00f3glifos, alvarizas e mesmo navegar\u00e1n en barcas no Mi\u00f1o e na Guarda. O programa completo do festival e mais a informaci\u00f3n sobre os artistas, espect\u00e1culos e a reserva de entradas p\u00f3dese consultar na <a href=\"https:\/\/festivalatlantica.gal\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">web do festival<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Atl\u00e1ntica en Compostela<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No tocante a <strong>Santiago<\/strong>, a primeira xornada estar\u00e1 protagonizada por tres espect\u00e1culos para nenos e un para adultos, das artistas Eugenia Manzanera, Charo Pita e Marta Ortiz. Todas as actividades son gratu\u00edtas pero para asistir c\u00f3mpre reservar o convite a trav\u00e9s da web <a href=\"https:\/\/festivalatlantica.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">festivalatlantica.gal<\/a>. O festival est\u00e1 presente na cidade compostel\u00e1 grazas \u00e1 Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O programa comezar\u00e1 \u00e1s 11 horas coa \u2018Galicia m\u00e1xica\u2019 de <strong>Marta Ortiz<\/strong> no Monte Viso, un espect\u00e1culo concibido para nenos maiores de catro anos. Tr\u00e1tase dunha viaxe pola Galicia m\u00e1is abraiante, chea de seres m\u00e1xicos, canci\u00f3ns, xogos e tradici\u00f3ns que gardan a canda elas costumes e sentires dun pobo. Unha mestura de narraci\u00f3n oral, m\u00fasica e manipulaci\u00f3n de obxectos para po\u00f1er en valor e achegarlles aos cativos o noso patrimonio cultural de maneira divertida. Os convites p\u00f3dense reservar <a href=\"https:\/\/atlantica-marta-ortiz-viso-scq.eventbrite.es\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Un chisco m\u00e1is tarde, \u00e1s 12 horas, <strong>Eugenia Manzanera<\/strong> levar\u00e1 os seus \u2018Contos gali\u00f1\u00e1ceos\u2019 ata o xard\u00edn de Fonti\u00f1as, xusto detr\u00e1s do Centro Sociocultural. Nesta sesi\u00f3n haber\u00e1 m\u00faltiples personaxes con peteiro: gali\u00f1as, parrulos, curuxas, rulas\u2026 E vir\u00e1n cheos de historias aladas para despegar e ser felices. A funci\u00f3n, para nenos maiores de tres anos, est\u00e1 concertada cos campamentos dos CSC, pero de quedaren prazas libre, pode entrar p\u00fablico ata completar o aforo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Xa pola tarde, \u00e1s 19 horas, o quiosco da m\u00fasica da Alameda vai acoller unha sesi\u00f3n para beb\u00e9s de entre cero e 3 anos titulada \u2018F\u00e1bulas no berce\u2019, de <strong>Charo Pita<\/strong>. Unha escolma de pequenas narraci\u00f3ns acompa\u00f1adas de sons, monicreques e libros moi visuais para captar a atenci\u00f3n deste p\u00fablico tan especial. Relatos sinxelos, ritmos e canci\u00f3ns para introducir os m\u00e1is cativos no universo das palabras. Este espect\u00e1culo ten esgotados os convites pero est\u00e1 habilitada unha <a href=\"https:\/\/atlantica-charo-pita-alameda-scq.eventbrite.es\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">lista de reserva<\/a> por se hai cancelaci\u00f3ns de \u00faltima hora.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A quenda dos adultos chegar\u00e1 \u00e1s 21:30 horas con \u2018Un, dous o(u)varios contos\u2019 de <strong>Eugenia Manzanera<\/strong>. A cita ser\u00e1 no parque de Bonaval onde a narradora salmantina preparar\u00e1 un c\u00f3ctel de historias femininas, feministas, felinas e fellinianas aderezadas cun chisco de picante e pingas de humor. Unha refrescante combinaci\u00f3n para o ver\u00e1n que c\u00f3mpre degustar con palla retranqueira. Os convites p\u00f3dense reservar <a href=\"https:\/\/atlantica-eugenia-manzanera-bonaval-scq.eventbrite.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Sobre as artistas<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Marta Ortiz<\/strong> \u00e9 catal\u00e1, de orixe andaluza e vive e conta en Galicia desde o 2007, as\u00ed que tam\u00e9n \u00e9 galega de adopci\u00f3n e coraz\u00f3n. Viviu en varias cidades ata que chegou a Santiago de Compostela, onde namorou dos contos. Conta soa e acompa\u00f1ada, para persoas de calquera idade, con obxectos, co xesto, coa rima e coa m\u00fasica. O seu repertorio nace de contos tradicionais, de historias de vida, de lembranzas incompletas, onde realidade e ficci\u00f3n se encerellan ata que non se sabe onde remata unha e comeza a outra. Tam\u00e9n forma parte da compa\u00f1\u00eda Tropa de Trapo co m\u00fasico e narrador Brais das Hortas e \u00e9 socia fundadora de <a href=\"https:\/\/charlatana.org\/\">Charlatana<\/a> Cooperativa Galega de Artistas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><a href=\"https:\/\/eugeniamanzanera.com\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><strong>Eugenia Manzanera<\/strong><\/a>, en 1992, logo de traballar con Achiperre e Comediants na Expo de Sevilla, creou a s\u00faa propia compa\u00f1\u00eda compaxinando a narraci\u00f3n oral co teatro. Especializouse en commedia dell\u2019arte en Italia con Antonio Fava e entrou no teatro para beb\u00e9s da man de Carlos Laredo. A\u00ednda que non leve nariz, a Manzanera s\u00e1elle o clown polos catro costados. Enc\u00e1ntalle provocar sorrisos, risos e gargalladas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nos seus espect\u00e1culos a palabra adquire unha gran forza combinada con xogos r\u00edtmicos sonoros, onde os obxectos sempre propo\u00f1en outra maneira de estar no mundo. En activo dende hai 30 anos, foi directora, produtora, dramaturga, actriz e, sobre todo, pallasa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Manzanera colleitou varios galard\u00f3ns na s\u00faa longa traxectoria, como o premio Moretti co teatro infantil <em>Cu\u00e9ntame un cuento<\/em>, ou o Premio do P\u00fablico 2016 ao mellor espect\u00e1culo infantil na Feira de Teatro de Castela e Le\u00f3n en Ciudad Rodrigo ou o Premio Fet\u00e9n 2017 ao mellor espect\u00e1culo de pequeno formato para nenos, ambos por <em>Retahilando<\/em>. Dende o 2017 coordina o Encontro de Pallasas de Salamanca, no que se lle d\u00e1 visibilidade \u00e1 muller artista pallasa. Como contadora participou nunha morea de festivais e encontros nacionais e internacionais de narraci\u00f3n oral.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Charo Pita<\/strong> naceu \u00e1 idade de seis anos cando acabou de ler o seu primeiro libro. Leva contando historias de viva voz e impartindo obradoiros de narraci\u00f3n oral e lectura en voz alta desde o ano 94, como narradora en solitario, dentro de espect\u00e1culos biling\u00fces ingl\u00e9s-galego, ou en sesi\u00f3ns nas que se combinan os contos e a m\u00fasica. Como escritora ten m\u00e1is dunha ducia de libros publicados. Recibiu alg\u00fans galard\u00f3ns literarios, como o premio Espiral Maior de poes\u00eda no ano 2001 ou o Manuel Murgu\u00eda de narraci\u00f3ns breves para adultos no 2018. Recentemente, o seu poemario \u2018O cuarto de Jane\u2019 ga\u00f1ou o primeiro premio do XV Certame de Poes\u00eda Er\u00f3tica Illas Sisargas. Unha das s\u00faas facetas m\u00e1is persoais \u00e9 a de mesturar contos e m\u00fasica, de a\u00ed a s\u00faa participaci\u00f3n en proxectos como \u2018A nena e o grilo no pa\u00eds das apertas\u2019 xunto a Mag\u00edn Blanco, en \u2018Estamos no ver\u00e1n\u2019 xunto a Xo\u00e1n Curiel ou en \u2018No pa\u00eds do vento\u2019 da man de Mar\u00eda Faltri e Jorge Juncal.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Atl\u00e1ntica segue<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As actividades de Atl\u00e1ntica continuar\u00e1n ata o vindeiro 11 de xullo e vanse desenvolver por toda Galicia. O programa completo do festival e mais a informaci\u00f3n sobre os artistas, espect\u00e1culos e a reserva de entradas p\u00f3dese consultar na <a href=\"https:\/\/festivalatlantica.gal\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">web do festival<\/a>. Por mor das cambiantes restrici\u00f3ns sanitarias, c\u00f3mpre consultar a web para co\u00f1ecer a informaci\u00f3n m\u00e1is actualizada sobre reservas e accesos aos espect\u00e1culos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A primeira xornada do Festival Atl\u00e1ntica trae a Santiago catro espect\u00e1culos \u00b7&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Neste d\u00eda act\u00faan a salmantina Eugenia Manzanera e as galegas Charo Pita e Marta Ortiz \u00b7&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Vai haber [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,1],"tags":[709,864,629,865],"class_list":["post-8080","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-xeral","tag-charo-pita","tag-eugenia-manzanera","tag-festival-atlantica","tag-marta-ortiz"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8080","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8080"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8080\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8084,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8080\/revisions\/8084"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8080"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8080"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8080"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}