{"id":8033,"date":"2021-06-03T16:29:34","date_gmt":"2021-06-03T15:29:34","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=8033"},"modified":"2021-06-03T16:29:38","modified_gmt":"2021-06-03T15:29:38","slug":"vilale-i-feira-do-libro-de-vilalba-o-11-e-12-de-xuno","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=8033","title":{"rendered":"VILALE, I Feira do Libro de Vilalba, o 11 e 12 de xu\u00f1o"},"content":{"rendered":"\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/CARTEL-VILALE-1442x2048-1.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"721\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/06\/CARTEL-VILALE-1442x2048-1-721x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8034\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Vilalba ter\u00e1 a s\u00faa <a href=\"https:\/\/www.vilalba.gal\/noticias\/vilalba-acollera-o-11-e-12-de-xuno-a-primeira-feira-do-libro-da-localidade-con-librarias-locais\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">I Feira do Libro<\/a> os vindeiros 11 e 12 de xu\u00f1o, en formato reducido e adaptada \u00e1 situaci\u00f3n sanitaria. As\u00ed o ve\u00f1en de anunciar desde as conceller\u00edas de Educaci\u00f3n, Infancia e Mocidade, Feiras e Cultura do <a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/www.vilalba.gal\/\" target=\"_blank\">Concello de Vilalba.<\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Participar\u00e1n da mesma as librar\u00edas locais Andel, Pergamino, Paperix e Carl\u00edn, as\u00ed como Trama de Lugo, especializados en literatura infantil, xuvenil e novela negra, que far\u00e1n un desconto do 5%. Ademais, o Instituto de Estudos Chairegos, promulgadores de distintas obras publicadas por autores e autoras da comarca, tam\u00e9n ter\u00e1n un posto dentro da feira.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nesta mesma aposta por po\u00f1er en valor o local, sucederanse unha serie de sinaturas de libros distribu\u00eddas nos dous d\u00edas de feira, a meirande parte de autores e autoras vilalbesas, como a historiadora e xestora cultural Miriam Fern\u00e1ndez, da Asociaci\u00f3n de Mulleres de Insua, a fil\u00f3loga e escritora Cecilia F. Santom\u00e9, a tradutora Ant\u00eda Veres, ou o ilustrador Eduardo Baamonde. Tam\u00e9n estar\u00e1n presentes Xos\u00e9 Miguel Barrera, XLV Premio de Poes\u00eda do Certame Literario do Concello de Vilalba, e Ant\u00eda Y\u00e1\u00f1ez, III Premio Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz de narrativa Infantil e Xuvenil pola igualdade, organizado polo IESCHA, o Concello de Vilalba e a editorial Xerais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A m\u00fasica e a normalizaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica da primeira infancia tam\u00e9n acompa\u00f1ar\u00e1 esta cita literaria. O venres 11 de xu\u00f1o ter\u00e1 lugar a \u201cFesta das primeiras letras\u201d, unha proposta que se enmarca dentro da Feira do Libro para promover a socializaci\u00f3n en galego de nenas e nenos de 0 a 6 anos. As\u00ed, haber\u00e1 un obradoiro de arrolos da man de Mam\u00e1 Cabra, narraci\u00f3n oral con Bichocas, de Xarope tul\u00fa, e un espect\u00e1culo musical nomeado Catuxo, de Mag\u00edn blanco. No que atinxe ao s\u00e1bado 12 de xu\u00f1o, haber\u00e1 obradoiros para pequenos\/as cada media hora no posto habilitado na propia praza, de 11 a 14h e de 17 a 20h. A asociaci\u00f3n cultural Entre Lusco e Fusco ambientar\u00e1 a feira con m\u00fasica tradicional a partir das 12 horas, e unha pequena representaci\u00f3n da Banda de M\u00fasica de Vilalba realizar\u00e1 un concerto \u00e1s 13 horas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O alumnado da Biblioteca Agust\u00edn Fern\u00e1ndez Paz, do Instituto de secundaria Santiago Basanta Silva de Vilalba far\u00e1 unha lectura de textos na tarde do 12 de xu\u00f1o, e finalizarase a feira cun sorteo de dous lotes de libros infant\u00eds e xuven\u00eds e outros dous xen\u00e9ricos entre todas as persoas que adquiran libros ao longo destes dous d\u00edas,&nbsp; po\u00f1endo o colof\u00f3n final co concerto musical de Migallas, \u201cmerenda con pan de millo\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As concelleiras Ant\u00eda Rama e Vanesa Siso quixeron agradecer a boa disposici\u00f3n de librar\u00edas, autores e autoras e grupos e colectivos locais para po\u00f1er en marcha esta feira despois dun ano moi complicado.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cPensamos que \u00e9 unha boa forma de contribu\u00edr \u00e1 normalizaci\u00f3n e recuperaci\u00f3n de sectores moi afectados pola crise econ\u00f3mica e sanitaria, neste caso co sector do comercio do libro, sacando parte da s\u00faa mercanc\u00eda \u00e1 r\u00faa e facendo un desconto para fomentar a compra\u201d, explicou Rama.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cApostamos polo reco\u00f1ecemento, apoio e posta en valor das nosas librar\u00edas, do traballo literario de persoas con ra\u00edces vilalbesas, ou ben premiadas nalg\u00fan dos certames impulsados polo Concello xunto con outras entidades, e tam\u00e9n dos grupos e colectivos locais que dun xeito ou outro mante\u00f1en vida a cultura do pobo\u201d, afirmou Siso.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A concelleira de Infancia e Mocidade tam\u00e9n aseverou que \u201cneste primeiro ano organizamos unha feira reducida por mor da situaci\u00f3n sanitaria, que agardemos sexa o primeiro chanzo dunha cita con arelas de crecemento ano tras ano, vencellada nesta primeira edici\u00f3n a todos os tipos de literatura, pero especialmente \u00e1 infantil e xuvenil\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pola s\u00faa banda, a edil de Cultura manifestou \u201ca importancia de desenvolver unha oferta cultural e de lecer de calidade, pensando nas pr\u00f3ximas xeraci\u00f3ns e situando a cultura como un dereito fundamental, con iniciativas que normalicen e apoian a nosa lingua e identidade propia desde idades temper\u00e1s\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c1mbalas d\u00faas animan a toda a veci\u00f1anza a achegarse \u00e1 feira para desfrutar de todas as actividades e descubrir mundos novos a trav\u00e9s dos libros, respectando sempre todas as medidas de seguridade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><em>*Informaci\u00f3n recollida da web do Concello de Vilalba<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vilalba ter\u00e1 a s\u00faa I Feira do Libro os vindeiros 11 e 12 de xu\u00f1o, en formato reducido e adaptada \u00e1 situaci\u00f3n sanitaria. As\u00ed o ve\u00f1en de anunciar desde as [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,1],"tags":[30,854,855],"class_list":["post-8033","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-xeral","tag-concello-de-vilalba","tag-i-feira-do-libro","tag-vilale"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8033","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8033"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8033\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8035,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8033\/revisions\/8035"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8033"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8033"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8033"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}