{"id":7782,"date":"2021-04-20T01:00:40","date_gmt":"2021-04-20T00:00:40","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=7782"},"modified":"2021-04-20T08:39:40","modified_gmt":"2021-04-20T07:39:40","slug":"parladoiro-con-patricia-torrado-queiruga","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=7782","title":{"rendered":"Parladoiro con&#8230; PATRICIA TORRADO QUEIRUGA"},"content":{"rendered":"\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO2.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"740\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO2-740x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7783\"\/><\/a><figcaption><a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Patricia_Torrado_Queiruga\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><em>Patricia Torrado Queirug<\/em>a<\/a><\/figcaption><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><em>A cultura en si mesma \u00e9 aprendizaxe, cr\u00edtica, o malo disto \u00e9 que para sermos cr\u00edticxs co que nos rodea temos que facer aquilo do \u201cSapere aude\u201d, aprender a pensar por n\u00f3s mesmxs e iso carrexa grandes doses de responsabilidade, esforzos e mesmo frustraci\u00f3ns que hai que aprender a xestionar.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>1. Se tiveses que escoller alg\u00fan adxectivo co que definirte, \u00bfcal non utilizar\u00edas nunca?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Aburrida, convencional<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignleft size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO1.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"300\" height=\"225\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO1-300x225.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7786\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p><strong>2. Navegas polo eido do microrrelato con certa fluidez, a\u00ednda que tam\u00e9n percorres os sendeiros da poes\u00eda. Cal aviva m\u00e1is a t\u00faa paix\u00f3n creadora e creativa?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Hai d\u00edas que navegho e outros que me deixo ir \u00e1 deriva. Hahahaha<\/p>\n\n\n\n<p>Din por a\u00ed que non se debe escribir coas v\u00edsceras, que hai que ser reflexiva, que ten que pasar a quentura e asentar o proceso e as ideas. O meu impulso primixenio sempre \u00e9 visceral. &nbsp;\u00c1s veces, acontece que tanto poes\u00eda como narrativa ou microrrelato van estruturados, nacen cun fin, cunha li\u00f1a argumental clara; outras veces, sen m\u00e1is, unha comeza a escribir e d\u00e9ixase levar. Non deixa de sorprenderme este proceso, porque cando rematas, a maior parte das veces non \u00e9 tal e como o pensaras nun primeiro momento, o f\u00edo argumental muda como mudan os d\u00edas, os sentimentos e a propia vida.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>3. Democratizar a cultura ou popularizar a mediocridade? Se cadra \u00e9 unha obviedade, mais agradecer\u00eda a t\u00faa reflexi\u00f3n sobre esta dicotom\u00eda que vai <em>in crescendo<\/em>.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A mediocridade \u00e9 aburrida, e eu non son unha persoa aburrida e moito menos \u00e1 que lle guste aburrirse. Enc\u00e1ntame a xenialidade, o sorprendente, e iso ten que ser a cultura, algo que nos sorprenda d\u00eda a d\u00eda. Algo que descubrir e que nos descubra a n\u00f3s mesmxs \u2014que nos faga reflexionar, unha vez, d\u00faas ou unha vida enteira\u2014. Se popularizamos a mediocridade cando imos decatarnos de que estamos ante unha grande obra de arte?<\/p>\n\n\n\n<p>A cultura en si mesma \u00e9 aprendizaxe, cr\u00edtica, o malo disto \u00e9 que para sermos cr\u00edticxs co que nos rodea temos que facer aquilo do \u201cSapere aude\u201d, aprender a pensar por n\u00f3s mesmxs e iso carrexa grandes doses de responsabilidade, esforzos e mesmo frustraci\u00f3ns que hai que aprender a xestionar.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao longo da pandemia vimos que a cultura foi a responsable de facer que nos arrepux\u00e9semos ante o encerro, m\u00fasicos agasall\u00e1ndonos coa s\u00faa arte, escritorxs lendo a s\u00faa obra online, pintorxs con titoriais,\u2026 de s\u00fapeto, todas aquelas materias que a moitxs lle pareceran banais no instituto cobraban sentido, coll\u00edan forza e unha vez que puidemos sa\u00edr \u00e1 r\u00faa e concentrarnos en buses e metros, en terrazas, praias,\u2026 a apertura dunhas cousas, significou o peche sen sentido de salas de exposici\u00f3ns, de teatros, de salas de concertos, cines,\u2026 inda que reducisen capacidade, inda que lev\u00e1semos m\u00e1scara. Foi tirar pola borda o terreo conquistado nese mes, neses dous meses.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>4. Que sup\u00f3n para ti a consecuci\u00f3n dun galard\u00f3n literario?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O respaldo de sentir que non popularizas a mediocridade. O pulo de saber que o que fas serve para algo m\u00e1is que para gardar nun caix\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>5. Como lecturas, \u00bfque clase de literatura te apaixona m\u00e1is? E por que?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Nunca escoll\u00edn. Leo teatro, poes\u00eda, ensaio, narrativa, novela, contos infant\u00eds,\u2026 Porque preciso de todas esas lecturas para vivir.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>6. Saltando esa t\u00f3pica expresi\u00f3n de \u201cescribir desde nenxs\u201d, \u00bfque buscas co proceso da escritura literaria?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O proceso da escritura literaria \u00e9 tan fermoso que cun simple lapis e unhas cantas follas en branco perm\u00edteche viaxar por todos os mundos posibles, ser todo o que se desexa, vivir outras vidas, noutras peles e, sobre todo, esconxurar os males. As\u00ed foi como naceu en min, ata os dezaseis fun unha persoa t\u00edmida de xeito infinito e os males esconxur\u00e1banse por escrito, o meu car\u00e1cter mudou en parte, pero o vicio da escrita segue sendo irrenunciable.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO3.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO3-225x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7788\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p><strong>7. Cres que a lingua galega est\u00e1 en perigo de extinci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Se seguimos vilipendi\u00e1ndoa, seguro. Decote, as cousas en perigo de extinci\u00f3n c\u00f3idanse con maior mimo, como cousas sacras que c\u00f3mpre salvagardar, e isto non est\u00e1 pasando. O galego non \u00e9 s\u00f3 unha lingua, \u00e9 unha cultura, un sentimento, unha terra, unha historia, d\u00e1ndolle as costas d\u00e1monos as costas a n\u00f3s mesmos.<\/p>\n\n\n\n<p>Te\u00f1o que reco\u00f1ecelo, agora que estamos aqu\u00ed, a peito aberto; hai algo en min que se retorce cando vexo a avoas que toda a vida falaron galego, que criaron xs fillxs en galego que agora lle falan xs netxs en castel\u00e1n, e\u2026 nese castel\u00e1n que nunca antes pronunciaron porque se lles falan a lingua nai s\u00e9ntense de menos. Que problema tivemos nunca xs galegxs en expresarnos nunha lingua, a nosa, e noutras? Fomos carne de emigraci\u00f3n, fomos pa\u00eds de acollida, capital cultural, lingua rexia e lingua do pobo. Hai algo do que avergo\u00f1arse?<\/p>\n\n\n\n<p>E por riba temos unha lingua tan rica, con tantos matices, con tantas verbas para designar o mundo que non se poden traducir a outras linguas, que ser\u00eda unha m\u00e1goa deixala morrer cando podemos vela florear e gozala en todo o seu esplendor.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>8. Se temos que combater con maior contundencia o machismo, \u00bfpor que a\u00ednda boa parte das instituci\u00f3ns culturais da Galiza seguen estando comandadas por homes? Ser\u00e1 por causa do persistente paternalismo cultural?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Esa \u00e9 unha pregunta interesante. Ser\u00e1 que hai moito \u201cnon machista\u201d da boca para f\u00f3ra? O paternalismo non \u00e9 s\u00f3 cultural, \u00e9 social, permeable dende arriba a abaixo.<\/p>\n\n\n\n<p>Algunha vez contastes cantas mulleres e cantos homes forman parte do pleno da RAG? A cantos homes e a cantas mulleres se lle ten dedicado o d\u00eda das Letras Galegas? Hai homes cunha soa obra escrita moi ben considerados dentro da literatura galega, e hai mulleres con mancheas de obra publicada das que hai quen non o\u00edu falar nunca.<\/p>\n\n\n\n<p>A erradicaci\u00f3n do machismo ten que ser un feito a todos os niveis, e para iso fai falla valorar a toda a poboaci\u00f3n non polo seu sexo sen\u00f3n polas s\u00faas capacidades, estamos dispostxs? Para iso fan falla grandes doses de responsabilidade, actitude cr\u00edtica e mente aberta.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>9. Por que, de modo xeral, non se pode vivir do oficio de ser escritora? Que falla para que a arte, nos seus distintos formatos, non sexa o suficientemente valorada polo p\u00fablico receptor da mesma?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A xente adoita pensar que escribir escribe calquera, que os libros son caros, que non merece a pena ler,\u2026 por iso nunca viviremos da escrita.<\/p>\n\n\n\n<p>Vouche contar a mi\u00f1a historia. A mi\u00f1a carreira en Filosof\u00eda sa\u00edume do lombo toda ela, non sendo o primeiro ano. Fixen tortas, biscoitos, madalenas a compa\u00f1eiras e compa\u00f1eiros, fixen broches, toucados, acuarelas e dei clases particulares para poder pagala, ata escrib\u00edn discursos de voda. Curiosamente, houbo xente do meu entorno que coidaba que pod\u00eda pedir estas cousas de balde polo mero feito de estar dentro do circulo de amizades, ou porque simplemente \u201ciso a ti non che custa nada\u201d. Por que non se valora o traballo que prov\u00e9n das artes, das habilidades, da escrita? A min non se me ocorre ir onda a mi\u00f1a amiga \u00f3ptica, a dentista, a enfermeira e dicirlle que fagan o seu traballo de balde.<\/p>\n\n\n\n<p>Que fai que a entrada a un museo, un libro, un CD, un concerto nos pareza caro, pero non a visita ao dentista, \u00e1 perruquer\u00eda, a un restaurante? Quen non valora o traballo dunhas e doutros por igual deber\u00eda facer que llelo mirasen.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignleft size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO4.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"200\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO4-200x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7790\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p><strong>10. Quedaron moitas preguntas no tinteiro; daquela, formula ti mesma unha e resp\u00f3ndea<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>En que lugares te perder\u00edas?<\/p>\n\n\n\n<p>No Arquivo secreto do Vaticano,&nbsp; na Biblioteca de Coimbra&nbsp; ou na Biblioteca do Trinity College. En calquera enclave natural galego, nos seus pobos, nas s\u00faas cidades, nas s\u00faas aldeas. Pero te\u00f1o que confesar que hai un lugar ao que sempre volvo, no que adoro perderme, Florencia.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A cultura en si mesma \u00e9 aprendizaxe, cr\u00edtica, o malo disto \u00e9 que para sermos cr\u00edticxs co que nos rodea temos que facer aquilo do \u201cSapere aude\u201d, aprender a pensar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,370,1],"tags":[754,792],"class_list":["post-7782","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-parladoiro-con","category-xeral","tag-parladoiro-con","tag-patricia-torrado-queiruga"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7782","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=7782"}],"version-history":[{"count":19,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7782\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7806,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7782\/revisions\/7806"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=7782"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=7782"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=7782"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}