{"id":7653,"date":"2021-03-15T16:55:29","date_gmt":"2021-03-15T15:55:29","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=7653"},"modified":"2021-03-15T16:55:32","modified_gmt":"2021-03-15T15:55:32","slug":"o-festival-atlantica-celebra-o-dia-internacional-da-narracion-oral-cunha-vintena-de-espectaculos","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=7653","title":{"rendered":"O Festival Atl\u00e1ntica celebra o D\u00eda Internacional da Narraci\u00f3n Oral cunha vintena de espect\u00e1culos"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-gallery aligncenter columns-2 is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\"><ul class=\"blocks-gallery-grid\"><li class=\"blocks-gallery-item\"><figure><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/DiaMundialNarracionOral2021.jpeg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"719\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/DiaMundialNarracionOral2021-719x1024.jpeg\" alt=\"\" data-id=\"7654\" data-full-url=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/DiaMundialNarracionOral2021.jpeg\" data-link=\"http:\/\/culturaliagz.com\/?attachment_id=7654\" class=\"wp-image-7654\"\/><\/a><\/figure><\/li><li class=\"blocks-gallery-item\"><figure><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Manifesto-DiaMundialNarracionOral2021.jpeg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"716\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Manifesto-DiaMundialNarracionOral2021-716x1024.jpeg\" alt=\"\" data-id=\"7655\" data-full-url=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/03\/Manifesto-DiaMundialNarracionOral2021.jpeg\" data-link=\"http:\/\/culturaliagz.com\/?attachment_id=7655\" class=\"wp-image-7655\"\/><\/a><\/figure><\/li><\/ul><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>O <a href=\"http:\/\/festivalatlantica.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Festival Atl\u00e1ntica <\/a>celebra o D\u00eda Internacional da Narraci\u00f3n Oral cunha vintena de espect\u00e1culos<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>\u00b7&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; <strong>A actividade desenvolverase este 20 de marzo e nela colaboran Sete Falares, Falando a Boca Chea e integrantes do Colectivo NOGA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>\u00b7&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; <strong>Unha vintena de artistas espallaranse por varias cidades e vilas do pa\u00eds para celebrar a arte m\u00e1is antiga do mundo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A\u00ednda que este ano o Festival Atl\u00e1ntica vaise celebrar durante o ver\u00e1n, o veterano encontro non quere deixar de festexar unha das s\u00faas citas m\u00e1is emblem\u00e1ticas: o D\u00eda Internacional da Narraci\u00f3n Oral. Daquela, este s\u00e1bado, 20 de marzo, e grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n cos festivais Sete Falares de Pontevedra e Falando a Boca Chea da Coru\u00f1a, unha vintena de espect\u00e1culos vanse desenvolver en m\u00faltiples puntos de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>As historias en estado puro percorrer\u00e1n os barrios, bibliotecas, teatros e auditorios de Santiago de Compostela, As Neves, O Porri\u00f1o, Mondariz, Fene, Bri\u00f3n, Ribeira, Ourense, A Coru\u00f1a e Pontevedra. Ser\u00e1 un d\u00eda de festa e tam\u00e9n de reivindicaci\u00f3n dun oficio que est\u00e1 a sufrir un dif\u00edcil momento, no que a maior\u00eda dos seus integrantes perderon m\u00e1is do 60 % do seu volume de traballo.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre os artistas participantes figuran Lorena Pinheiro, Raquel Queiz\u00e1s, Dani Blanco, Charo Pita, Pablo D\u00edaz, Vero Rilo, Celso F. Sanmart\u00edn, Chus \u00c1lvarez, Anxo Moure, Ramiro Neira, Cris de Caldas, Marta Ortiz, Quico Cadaval, Sole Felloza ,Pav\u00eds Pav\u00f3s, Baobab, Migallas e Polo Correo do Vento.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, nesta edici\u00f3n a escritora Fina Casalderrey \u00e9 a autora do Manifesto, un texto que dende hoxe chegar\u00e1 aos centros de ensino, bibliotecas e concellos para lembrar nestes tempos tan especiais a importancia e a necesidade das historias a viva voz, o encontro cos outros para celebrar a memoria, a identidade e a lingua.<\/p>\n\n\n\n<p>As actividades desenvolverase cumprindo coas medidas sanitarias do protocolo COVID-19 vixente no momento da s\u00faa realizaci\u00f3n. O aforo \u00e9 reducido e as reservas xesti\u00f3nanse en cada lugar de funci\u00f3n. A informaci\u00f3n relativa aos espect\u00e1culo difundirase publicamente en breve.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Unha arte de sempre e moi viva<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A narraci\u00f3n oral \u00e9 unha arte esc\u00e9nica de pequeno formato que est\u00e1 presente en todas as programaci\u00f3ns de xeito diario en Galicia. Unha enquisa entre os integrantes do colectivo NOGA (Narradores Orais de Galicia) as\u00ed o deixa claro: non hai d\u00eda no que nalg\u00fan lugar da xeograf\u00eda non estea un narrador contando historias. Neste 2021, o Festival Atl\u00e1ntica quere situar a Galicia e a s\u00faa lingua no mapa universal das historias.<\/p>\n\n\n\n<p>No D\u00eda Internacional da Narraci\u00f3n Oral conmem\u00f3rase a arte de narrar de viva voz, manifestaci\u00f3n art\u00edstica tam\u00e9n denominada contacontos. Cel\u00e9brase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a s\u00faa orixe en Suecia no ano 1991 e, aos poucos, f\u00f3ronse engadindo outros pa\u00edses.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>CR\u00c9DITOS<\/strong> | Manifesto: Fina Casalderrey | Dese\u00f1o do cartel do 20M: <a href=\"http:\/\/ekinocio.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Ekinocio<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>MANIFESTO | De Fina Casalderrey<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Quen nos cativou algunha vez cun deses contos que nos abrazou, nos sorprendeu e nos sacudiu as emoci\u00f3ns todas multiplicando as nosas endomorfinas gozosas? Quizais foi esa mestra que deu coa f\u00f3rmula m\u00e1xica para que f\u00f3semos \u00e1 escola felices? O pai que deitou palabras doces no noso o\u00eddo para borrarnos un pesadelo? Foi acaso a avoa que manexa os rudimentos do narrador de maneira natural para nos desvelar historias do noso rico folclore, as mesmas que ela recibira noutrora da s\u00faa avoa onda o lume morno dunha lareira? Talvez foi un narrador ou unha narradora profesional, capaz de sucar os mares e derrubar fronteiras coa autoridade de quen domina os segredos da oralidade? Ben seguro que se trata de algu\u00e9n que nos ama, pois, como dir\u00eda o gran contador galego Xabier P. Docampo, \u201ccontar \u00e9 o acto de amor m\u00e1is sublime que un ser humano pode realizar\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Hoxe, 20M de 2021, imaxino un despregue apote\u00f3tico de afectos, de historias marabillosas, vellas e novas, co\u00f1ecidas e in\u00e9ditas, de risa, de medo, de amor, de intriga&#8230; voando alto, cal aves migratorias, por riba de todos os tellados e de todas as pandemias do planeta \u2014dende Suecia a Australia, dende Galicia ao resto de Espa\u00f1a, a Canad\u00e1, M\u00e9xico&#8230;\u2014, pousando nos teatros, nas escolas, nos hospitais, nas r\u00faas, nas casas&#8230; o seu poder de seduci\u00f3n para entraren polos cinco sentidos de milleiros e milleiros de nenas e nenos, vacin\u00e1ndoos contra todo o feo, sementando no seu esp\u00edrito as m\u00e1is ricas e variadas sensaci\u00f3ns, esas que fan so\u00f1ar grande.<\/p>\n\n\n\n<p>Neste xusto instante, nun punto min\u00fasculo do mapa de Galicia, unha nena de ollos pregunt\u00f3ns chamada Sof\u00eda abre fascinada as portas ao mundo da narraci\u00f3n oral. A piques de cumprir catro meses de vida \u2014e despois de escoitar na voz que a aleita os primeiros contos de lobos e raposos, mouras de longos cabelos que se peitean con peites de ouro, serpes encantadas e carapuchi\u00f1as, parrulos feos&#8230; \u2014, Sof\u00eda experimenta o pracer de ser ela quen balbuce o m\u00e1is fermoso dos relatos como agasallo \u00e1 s\u00faa nai. Ambas as d\u00faas, felizmente sorprendidas, m\u00edranse aos ollos nunha danza \u00fanica. A nai d\u00e9ixase levar polo entusiasmo da pequena contadora e comproba que o mundo enteiro cabe nas pupilas excitadas de Sof\u00eda, a nena que cos seus balbucidos emprende os primeiros voos na arte de narrar. Ese privilexio! Contar e escoitar, crear mundos&#8230; \u00e9 unha necesidade perenne do ser humano dende o comezo dos tempos e das idades.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Festival Atl\u00e1ntica celebra o D\u00eda Internacional da Narraci\u00f3n Oral cunha vintena de espect\u00e1culos \u00b7&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; A actividade desenvolverase este 20 de marzo e nela colaboran Sete Falares, Falando a Boca [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,1],"tags":[761,755],"class_list":["post-7653","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-xeral","tag-dia-internacional-da-narracion-oral","tag-festival-atlantica-de-narracion-oral-2021"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7653","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=7653"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7653\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7656,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7653\/revisions\/7656"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=7653"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=7653"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=7653"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}