{"id":7634,"date":"2021-02-27T00:17:22","date_gmt":"2021-02-26T23:17:22","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=7634"},"modified":"2021-02-27T00:19:48","modified_gmt":"2021-02-26T23:19:48","slug":"parladoiro-con-daniel-irimia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=7634","title":{"rendered":"Parladoiro con&#8230; DANIEL IRIMIA"},"content":{"rendered":"\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imaxe-DANIEIL-IRIMIA2-1.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imaxe-DANIEIL-IRIMIA2-1-1024x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7642\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imaxe-DANIEIL-IRIMIA2-1-1024x1024.jpg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imaxe-DANIEIL-IRIMIA2-1-980x980.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imaxe-DANIEIL-IRIMIA2-1-480x480.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">&#8220;<em>Para min a Chaira, en sentido amplo, non \u00e9 unha soidade cantada sen\u00f3n unha soidade atroz. Un silencio distinto ao de Rosal\u00eda e o de Beckett: un silencio do espolio. Nosoutros temos a capacidade de transformar o pesimismo da realidade no optimismo da vontade, moi ben de acordo, pero iso non implica obviar o real, e concretamente opino que moito menos dulcificar algo que non existe e que nos expulsa da realidade sen afrontala e sen loitar contra ela. Que significa para min realmente a Terra Ch\u00e1 hoxe en d\u00eda? O lugar do espolio.<\/em>(&#8230;)&#8221;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:25px\">Parladoiro con&#8230;<em> DANIEL IRIMIA<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Daniel Irimia poeta, escritor, pol\u00edtico, amante e estudoso da natureza&#8230; D\u00e1s feito? Destacar\u00edas unha por riba doutras?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 certo, e debo reco\u00f1ecelo, que tempo atr\u00e1s me dediquei a demasiadas cousas simultaneamente. A maiores das que nomeas estaban, e probablemente volvan estar, outros estudos\/traballos universitarios. Pero ben, polo de pronto, isto non me preocupa en absoluto: son consciente dun mercado laboral ebrio por exceso de t\u00edtulos e polo tanto tan s\u00f3 estarei no que me reconforte. Penso isto desde certa \u00abtranquilidade\u00bb de vivir do ou no rural e desde necesitala en si. Mais o certo e que si, din feito, e agora que me dedico tan s\u00f3 \u00e1s facetas que apuntas (e por certo, ultimamente, reconfortado en pleno), pois si, claro, dou feito. Dou feito porque en min a escrita (o que considero mellor), en xeral, non depende tanto de \u00abpo\u00f1erse\u00bb como do azar, \u00e9 dicir, non depende de querer abrazala sen\u00f3n m\u00e1is ben de que ela te toque; a\u00ednda que as veces propicio esa caricia, entend\u00e1monos, a lectura \u00e9 imprescindible. Cousa distinta sucede coa pol\u00edtica, que para min require total compromiso e vontade, \u00e9 dicir, \u00abpo\u00f1erse\u00bb con rotundidade; non hai medias tintas. \u00c9 o que experimento ultimamente, son consciente de que algo com\u00fan a todo \u00e9 a constancia, iso esta no meu ADN.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Talvez enfiei isto para responderche \u00e1 segunda pregunta. En min, por encima das facetas que nomeas \u2e3btendo en conta que matizo moito a construci\u00f3n de \u00abautor ou persoa poli\u00e9drica\u00bb pois realmente v\u00e9xoo como un tramado, \u00e9 dicir, como un continuo onde non hai arestas ou espazos definidos para dicir \u00abaqu\u00ed comeza isto\u00bb, \u00abaqu\u00ed comeza aquilo\u00bb, \u00abaqu\u00ed remata&#8230;\u00bb e \u00abaqu\u00ed sucede o encontro\u00bb\u2e3b est\u00e1 a de amante da natureza; que moi ben apuntas. E ademais, coa que ultimamente, estou plenamente reconfortado; volvendo a algo do que penso que me fai mellor. Outro galo cantar\u00eda co de estudoso da natureza, evidentemente non o perdo (e moito menos se penso en temas universitarios), neste intre \u00e9 algo que preciso <em>deconstru\u00edr<\/em>; no sentido amplo, ontol\u00f3xico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Alg\u00fan vez escoitei que na Chaira pegas unha patada a unha pedra e sae un\/-ha poeta. Un pouco esaxerado non? Ou este territorio \u00e9 tan prol\u00edfico literariamente?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c9 certo que temos un pasado f\u00e9rtil no eido das letras, pero esa tendencia non a vexo proxectada no presente; polo menos tanto coma para que a realidade se aproxime ao dito. Para min \u00e9 esaxerado, si. Tam\u00e9n comprendo que temos atr\u00e1s a D\u00edaz Castro, a Manuel Mar\u00eda, a Aquilino, a R\u00e1bade Paredes, a Margarita Ledo, a Dar\u00edo, a Miguel Anxo&#8230; respectando que estes \u00faltimos son activos, ent\u00f3n vici\u00e1monos dun pasado \u00abfecundo\u00bb e chegamos \u00e1 expresi\u00f3n que escoitaches. Creo que \u00e9 iso o que sucede. E na actualidade, pese o que me pese, non vexo a Terra Ch\u00e1 como un territorio asolagado de poetas, brotado dos mesmos e moito menos onde se cultivan. Por outro lado, reconf\u00f3rtame que xurdan propostas novas (de extensi\u00f3n po\u00e9tica ou literaria, como queiramos chamarlle) e penso en Xes\u00fas Castro, en Dani Francos, nesta web, etc. E no referente \u00e1 isto, gustar\u00edame resaltar unha cousa: para que lle pegues unha patada a esa pedra, has de poder andar no lugar onde cabe o xesto, que non implica cami\u00f1ar peor nin mellor sen\u00f3n distinto. Ent\u00f3n cami\u00f1ar depende, primeiro, de abrir o vieiro, e segundo, do paseante. Hai que observar ben a dualidade disto. &nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignleft size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imaxe-DANIEIL-IRIMIA1-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imaxe-DANIEIL-IRIMIA1-225x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7638\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Seguindo coa Chaira, \u00bfque significa para ti este espazo xeogr\u00e1fico-emocional?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ten moitos significados. Dos que me interesan e dos que sinto, pois ten o da memoria, o da filiaci\u00f3n, o da amizade, o do amor, pero tam\u00e9n o da morte, o esquezo, a envexa, o odio&#8230; \u00e9 dicir non somos distintos. Pero ben, hoxe en d\u00eda, para min \u00e9 o lugar no que mellor se pode concibir o transitorio. Nunca a entend\u00edn coma un lugar de paso (sei que lembras o recital da Casa Nicanor) pero desde f\u00f3ra e cada vez m\u00e1is desde dentro penso que \u00e9 imposible non ser tocado por un m\u00ednimo indicio diso. Para min a Chaira, en sentido amplo, non \u00e9 unha soidade cantada sen\u00f3n unha soidade atroz. Un silencio distinto ao de Rosal\u00eda e o de Beckett: un silencio do espolio. Nosoutros temos a capacidade de transformar o pesimismo da realidade no optimismo da vontade, moi ben de acordo, pero iso non implica obviar o real, e concretamente opino que moito menos dulcificar algo que non existe e que nos expulsa da realidade sen afrontala e sen loitar contra ela. Que significa para min realmente a Terra Ch\u00e1 hoxe en d\u00eda? O lugar do espolio. Ollo que eu non me salvo disto eh! Fago o que podo nas mi\u00f1as condici\u00f3ns: \u00abact\u00faa en local pensa en global\u00bb, volvemos ao lema. E entroncando con isto, penso que hai que entender as instituci\u00f3ns non coma edificios sen\u00f3n como persoas. E penso nos versos tan acertados do Dar\u00edo: \u00abLouvado sexa o mesmo lobo que ouvea na noite,\/ porque el non ten o don da intelixencia\/ que a n\u00f3s os homes nos permitir\u00eda\/ non ser lobos pra n\u00f3s mesmos. E louvada a ovella,\/ que \u00e9 doutros costumes e doutra especie\/ e se estremece de terror. Estamos m\u00e1is ben da parte dela,\/ pero non vacilamos en humillar ao noso irm\u00e1n,\/ nin en roubarlle as leiras nin en zugarlle o sangue\/ ata matalo se \u00e9 preciso\u00bb. Somos as\u00ed plenamente. E todos sabemos que se o terreo \u00e9 pr\u00f3digo han crecer as malas herbas. A Terra Ch\u00e1 son os meus, cada vez menos. En que me reconforto? No que queda de natureza non hostil e en crear a mi\u00f1a piscoxeograf\u00eda persoal. Iso \u00e9 no que me realizo ultimamente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>F\u00e1lame da t\u00faa xeraci\u00f3n literaria. Como ves a s\u00faa evoluci\u00f3n en relaci\u00f3n a outras xeraci\u00f3ns?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Esta cuesti\u00f3n \u00e9 evidente que dar\u00eda lugar a un ensaio ou a unha tese doutoral. Xa non digo se nos metemos na tem\u00e1tica, que si me gustar\u00eda cando menos tocala. Pero ben, acudimos con rotundidade \u00e1 desaparici\u00f3n do concepto de \u00abxeraci\u00f3n literaria\u00bb, por un lado felizmente desencaixados e por outro asumindo a perda de certa potencia que ten o conxunto ou a promoci\u00f3n. Eu penso que o que acertan chamar \u00abescritores\/poetas nov\u00edsimos da literatura galega\u00bb, os que non nos adscribimos a ningunha xeraci\u00f3n, corrente, estilo, est\u00e9tica e forma literaria precedente e por completo (si \u00e9 certo hai certos\/as <em>feelings<\/em>), estamos abocados a ser artefactos h\u00edbridos na urxencia do caos. \u00c9 dicir, plenamente (e perm\u00edteme o concepto) metaposmodernos. Pola mi\u00f1a parte, se isto \u00faltimo senta o concepto de xeraci\u00f3n, entendo que non saben interpretar o noso tempo. Cada un temos as nosas caracter\u00edsticas e a formaci\u00f3n de colectivos penso que se rexe pola hibridaci\u00f3n do distinto; e ao mesmo tempo, penso que nisto est\u00e1 a potencia de chegar ao p\u00fablico. Para min, hai unha frase (ou d\u00faas) que escribiu Ant\u00f3n Pati\u00f1o, que talvez chegar\u00eda a definirnos: \u00abTodo pasa na fronteira. A periferia \u00e9 o centro do mundo\u00bb. Pola mi\u00f1a parte, penso que vivimos e somos esa periferia, e certamente son feliz con que as\u00ed sexa porque de aqu\u00ed sair\u00e1n (e saen) os mellores, e traer\u00e1n (e traen) moito alento para a nosa literatura. Xa digo, e tam\u00e9n unha visi\u00f3n moi particular.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por outro lado, hai unha ampla gama de poetas e libros de poes\u00eda de escritores (que si se poden encaixar nas xeraci\u00f3ns que houbo) que evidencian a morte dun mundo, \u00e9 dicir, que evidencian o dif\u00edcil que \u00e9 escribir desde aqu\u00ed (20-30 anos, por coutar). O dif\u00edcil, en xeral, que \u00e9 abrir paso desde a non-memoria mentres intentan impo\u00f1ernos outra ap\u00f3crifa ou borr\u00e1rnola, desde a perda, desde o caos, desde o l\u00edmite&#8230; por iso aparece a est\u00e9tica do coti\u00e1n, por iso aparece a est\u00e9tica da familia, a do corpo, a do esquezo&#8230; e son igualmente brillantes: \u00abnon hai mal que por ben non ve\u00f1a\u00bb. Auguro que non teremos a potencia doutras xeraci\u00f3ns, pero os que somos, seremos (vouno deixar en) en\u00e9rxicos (moi pouco atrevido co adxectivo neste caso por fuxir das comparanzas, porque non son un visionario e porque os pes na terra nunca ve\u00f1en mal). Ademais temos exemplos suficientes de moito peso como para dicir que est\u00e1 garantida a renovaci\u00f3n po\u00e9tica galega e moito m\u00e1is. E penso en Tamara Andr\u00e9s, Alba Cid, Ismael Ramos, Arancha Nogueira, Regina Touceda, Xes\u00fas Castro, Gonzalo Hermo, Alicia Fern\u00e1ndez, Rafa Lobelle&#8230; (poder\u00eda botarme m\u00e1is dos trinta porque os anos non determinan nada, xa o fago). &nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imaxe-DANIEIL-IRIMIA4.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"240\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imaxe-DANIEIL-IRIMIA4-240x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7639\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Ollando algunha das t\u00faas intervenci\u00f3ns en recitais dec\u00e1tome de que che vai iso das <em>performances<\/em> po\u00e9ticas. A poes\u00eda xa non \u00e9 s\u00f3 palabra?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para min a poes\u00eda \u00e9 moit\u00edsimo m\u00e1is que a palabra. Os poetas recrutamos, <em>mapeamos<\/em>, <em>sampleamos<\/em>, facemos unha mostraxe \u00ednfima da poes\u00eda que nos rodea e traduc\u00edmola en palabra (ou reduc\u00edmola talvez). En primeiro lugar, creo que todo o que abrangue o corpo \u00e9 un elemento para proxectala (falo de xestos, sons, olladas, etc). E en segundo lugar, temos as novas tecnolox\u00edas que nos axudan a darlle outro sabor, amplificala, derivala&#8230; A\u00ednda que claro, depende do uso que lles deamos: eu son moi cauto co isto e te\u00f1o unha relaci\u00f3n de amor e odio coas s\u00faas distintas formas (concretamente coas redes sociais). \u00c9 dicir, uso as TIC como un elemento de proxecci\u00f3n, que pode chegar a m\u00e1is xente, parar adquirir co\u00f1ecemento (e reco\u00f1\u00e9zoo), para comparar,&nbsp; para comunicarme e co\u00f1ecer outra xente que me parece pois moi interesante. M\u00e1is son consciente de que forman parte dunha tecnarqu\u00eda infatigable onde o poder ten o seu campo de batalla e nosoutros somos uns \u00e1rbitros moi d\u00e9biles. Xa temos experiencias do que pasa cando se vence nese eido. Resulta que os cornos onde meu av\u00f3 gardaba a pedra de afiar&#8230; pois mira nun parlamento. Un acto de gloria surrealista? Non, para chegar a ser surrealista primeiro hai que deixar atr\u00e1s a imbecilidade. E ollo entre o tipo que nomeo antes e Michel Mourre, no fondo, non hai unha gran distinci\u00f3n: debemos ter moit\u00edsimo coidado con isto (expulsarnos da fe en n\u00f3s vai acompa\u00f1ado dun convite \u00e1 loucura). A falta de esperanza, de confianza, de atenci\u00f3n aos novos tam\u00e9n desemboca nisto (da I. Peralta a algu\u00e9n con 18 anos disfrazado de unicornio no Congreso dos Deputados: non hai absolutamente nada). Ou desemboca nas drogas, sexamos claros: unha sociedade que non conf\u00eda na xuventude (que non a alimenta) \u00e9 un barco que non lle sorr\u00ed ao horizonte, \u00e9 dicir, un naufraxio sen paliativos. Centr\u00e9monos no tema das <em>performances<\/em> (realmente non me fun del). Porque vexo a <em>performance<\/em> como un elemento poderos\u00edsimo para chegar ao p\u00fablico? Se para min a poes\u00eda \u00e9 un estado de rebeld\u00eda, a <em>performance<\/em> \u00e9 un acto de insurrecci\u00f3n. \u00c9 dicir completa \u00e1 poes\u00eda, tam\u00e9n a \u00e9 en si&#8230; entendendo o corpo como: corpo pol\u00edtico, corpo casa com\u00fan, corpo <em>vial<\/em> (como escribiu Cortegoso), corpo empat\u00eda, carne de so\u00f1o e sufrimento, corpo elemento com\u00fan no que todos podemos sentir e mellor o do outro para chegar a ser m\u00e1is humanos. Para min a <em>performance<\/em> \u00e9 o elemento \u00abtop\u00bb da expresi\u00f3n posmoderna. Temos a sorte de ter, neste cacho de terra tan pouco occidental (actualmente), a unha das mellores <em>performers<\/em> do mundo que \u00e9 Marina Abramovic\u00b4. E temos a sorte de ter, neste grao de nord\u00e9s, a Helena Salgueiro. Eu v\u00e9xoo as\u00ed, ambas (a poes\u00eda e a <em>performance<\/em>) me serven en termos existenciais, ontol\u00f3xicos e metaf\u00edsicos. &nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>En que andas agora?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Que pode aparecer despois do dito? Estaban tolos Hugo Ball, Andre Breton&#8230; Leopoldo Mar\u00eda Panero? Home sempre quedar\u00e1 Frank Cortegoso non? Que por certo non falei nada del, mais para min marca un antes e un despois na poes\u00eda galega contempor\u00e1nea: l\u00e9mbrame ao Rimbaud do estado perpetuo de rebeld\u00eda e o mesmo tempo \u00e9 un Manuel Antonio de rotunda actualidade (outra cousa \u00e9 o fondo). Quedar\u00e1 Frank e haber\u00e1 moitas opci\u00f3ns si: iremosvendo-iremosvendo!<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Agora mesmo ded\u00edcome por completo \u00e1 escrita, hai cousas que merecen lume outras que me enchen&#8230; intento encaixar un conxunto de poemas e sobre todo procuro unha voz po\u00e9tica que polo de agora aparece moi tenuemente, mais en fin, moitos morreron sen ela dedic\u00e1ndose a isto, \u00e9 comprensible. V\u00e9s, para esa voz, non me axuda nada a lectura excesiva de poes\u00eda. Por iso insisto no \u00abser tocado\u00bb, no \u00abnada\u00bb, no \u00absubconsciente\u00bb&#8230; a\u00ed aparece a mi\u00f1a voz pero para iso debo liberarme por completo previamente. Por outro lado, si que \u00e9 certo que procuro lugares propicios para que apareza esa voz e adoita aparecer en movemento, tam\u00e9n a\u00ed \u00e9 cando o dou captado todo e me interpelan as cousas; tam\u00e9n aparece en observaci\u00f3ns m\u00ednimas. Neste sentido, poido entenderme como un situacionista ou como un <em>fl\u00e2neur <\/em>premiado. Mais non debo abusar de isto \u00faltimo, sei que se pode converter no mellor inimigo. Polo de agora, coido que a frase \u00abcircunda o abismo e a\u00ednda as\u00ed mantense en p\u00e9\u00bb segue definindo ben o que escribo actualmente.&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Poes\u00eda, narrativa&#8230;, \u00bfonde te moves mellor como creador?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Te\u00f1o aparcada unha novela e gustar\u00edame moito sacala alg\u00fan d\u00eda adiante, te\u00f1o unha m\u00ednima sensaci\u00f3n de que hoxe o que chamamos <em>millenials<\/em>, xeraci\u00f3n Z,&#8230; se \u00edan sentir reconfortados nela. E pese a ter escrito poucas p\u00e1xinas, hei dicir que me movo mellor na narrativa, pero g\u00fastame m\u00e1is a poes\u00eda, son m\u00e1is libre e m\u00e1is afinado nela. E atr\u00e1eme esa condenaci\u00f3n, como dir\u00eda Sartre (\u00abEstamos condenados a ser libres\u00bb).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Por citar dous nomes familiares, \u00bfcomo levas iso de ser parente do Dar\u00edo Xoh\u00e1n Cabana ou do Lois P\u00e9rez? Sempre desde un punto de vista literario.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Adoitan tratar sobre a vida propia as mellores creaci\u00f3ns literarias. Desde este punto, a importancia radica no com\u00fan, que non deixa de ser un pasado. E isto ven, a que moi probablemente non estar\u00eda respondendo estas cuesti\u00f3ns se non me tocara (nun momento preciso) unha lectura e unha escrita; que foi a de \u00abCabalgada na br\u00e9tema\u00bb. Do que eu sigo pensado, que \u00e9 o libro m\u00e1is perfilado e completo de Dar\u00edo (no eido po\u00e9tico e tam\u00e9n m\u00e1is al\u00f3). Desa lectura sa\u00edu unha voz que desembocou no meu primeiro premio de poes\u00eda. Ent\u00f3n por esta banda, dir\u00edamos que mal non o levo. Deixando que repouse a iron\u00eda comezamos con Lois. El abre paso ao que xace detr\u00e1s dos ollos do p\u00fablico desde a retranca e a profundidade (obviamente, non todo Lois \u00e9 o escenario, como puideran pensar alg\u00fans). Si, semella que manexa unha especie de radiograf\u00eda do humor; do que chega, do l\u00facido e do que non distingue (tan mal acostumados que estamos \u00e1 \u00abpanorama\u00bb, seica agora \u00abCospeito\u00bb tam\u00e9n \u00e9 unha palabra irrisoria). E penso que aqu\u00ed esta o vaso comunicante entre os tres, a vontade de chegar; emparentamos ben ent\u00f3n. Tam\u00e9n temos un \u00abdesde\u00bb moi semellante (atrever\u00edame a dicir), outra cousa son as formas, a est\u00e9tica, o estilo&#8230; que polo que poido observar no meu traballo m\u00e1is recente (do que tan s\u00f3 sabe Xabier Cordal), si se est\u00e1n a distanciar; como tam\u00e9n \u00e9 l\u00f3xico, natural e bo para os lectores, en definitiva. M\u00e1is ese \u00abdesde\u00bb pesa, cavou nel Lois Pereiro (tam\u00e9n ao ancho), paredouno Cortegoso&#8230; andan alg\u00fans\/as teitando e imos ver&#8230; todos (alg\u00fan d\u00eda) quixeron renunciar ao que son por constru\u00edr algo novo: tam\u00e9n \u00e9 rebelde asumir a ca\u00edda. O caso \u00e9 non quedar soterrados no pozo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E desde un punto literario tam\u00e9n, aparecen inmanentes Amelia e Alba. Eu dir\u00eda que \u00e9 rotundamente imposible po\u00f1elos no panorama literario sen elas. Xa eles de por si abrilo e gozar desa especie de pulsi\u00f3n de vida. A min v\u00e9\u00f1ense a cabeza inmediatamente. Hai unha man serena en Amelia, hai un ollo transgresor en Alba: \u00e9 curioso lelos despois de dicir isto. E inmediatamente tam\u00e9n, venme \u00e1 cabeza unha reflexi\u00f3n sobre o feminismo. Talvez \u00e9 unha autocr\u00edtica profunda. En todo o abano ideol\u00f3xico, excepto na extrema dereita, observo usar palabras que dulcifican os ollos do que xa debera ser a nosa sociedade. Utilizan a defensa do que debera ser obvio, como populismo. Para un escritor, \u00e9 dif\u00edcil chegar a entender como un se pode expresar con ese af\u00e1n sen chegar a sentilo. Pero vale, en definitiva, como di a canci\u00f3n: \u00abnada novo baixo o sol\u00bb. A min f\u00f3deme ese uso, e en gran medida, o \u00abpoliticamente correcto\u00bb. E renuncio a palabras bonitas, a quedar ben en p\u00fablico&#8230; prefiro distinguirme dese \u00abpostureo\u00bb, reconfortarme nos meus actos e apoiar cando podo e consideran que sirvo. Estou moi agradecido de meus pais nesa educaci\u00f3n: non entendo de distinci\u00f3ns por x\u00e9nero, sexo, raza&#8230; vexo o humano e \u00e9 unha postura que encaixa coa mi\u00f1a filosof\u00eda. En definitiva, a\u00ednda que aparecen ligadas \u00e1 t\u00faa pregunta, gustar\u00edame que o falo delas non sexa por ligaz\u00f3n a Dar\u00edo ou a Lois; elas est\u00e1n aqu\u00ed pola s\u00faa val\u00eda. E de forma sa, envexo moito a interpretaci\u00f3n da Amelia e a captaci\u00f3n da Alba, refer\u00edndome \u00e1 po\u00e9tica tam\u00e9n claro. Apr\u00e9cioas tanto coma o Dar\u00edo e o Lois e ent\u00f3n a cuesti\u00f3n poder\u00eda xirar en torno a como levo no eido literario o feito de ser parente delas. Sei que entenden perfectamente que o seus nomes non son escusa para expresar unha visi\u00f3n feminista sentida. Saben que son piares; tam\u00e9n saben que loito desde o <strong>\u00ab<\/strong>sentipensante\u00bb (ese palabro que comunica a Galeano con Rivas). &nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignleft size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imaxe-DANIEIL-IRIMIA3.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"240\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/Imaxe-DANIEIL-IRIMIA3-240x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7640\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Por distintos lugares da xeograf\u00eda galega xorden <em>grupos po\u00e9ticos<\/em>, algo moi positivo de non ser pola doenza da endogamia cultural que soe darse nalg\u00fan deles. Que opinas precisamente desa doenza? \u00c9 un mal exacerbado ou ten unha cura doada?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O termo \u00abendogamia\u00bb manexase moito nun campo do que se cadra controlo algo. Habemos de saber que a \u00abendogamia\u00bb \u00e9 un punto fundamental no paradigma das poboaci\u00f3ns pequenas, \u00e9 dicir, a extinci\u00f3n comeza as\u00ed. Eu te\u00f1o unha postura aberta ao mundo desde o meu propio; desde o meu \u00ednfimo. \u00c9 unha&nbsp; postura a favor da multiculturalidade. E desde a\u00ed comunico co car\u00e1cter polifac\u00e9tico. Ded\u00facese ent\u00f3n que neste caso apostar\u00eda pola converxencia de persoas de distintos eidos e procedencia para crear calquera \u00abcorpo de intervenci\u00f3n\u00bb. E penso no colectivo \u00abL\u00edmites\u00bb, do que vexo un proxecto interesante, con horizonte e chegada. Tampouco obvio o rol que xogaron e xogan alg\u00fans grupos po\u00e9ticos: o interese pola poes\u00eda en moitos lugares de Galicia comezou as\u00ed grazas a eles. Pero ben, non falamos do corpo que conforman sen\u00f3n da s\u00faa medula: \u00e9 un principio de vontade. \u00c1 hora de conformarse, coido que deben ter claros uns obxectivos, un porqu\u00e9, unha estrutura (pechada, aberta, condicionada, etc). O que te\u00f1o claro \u00e9 que pecar desa \u00abdoenza\u00bb \u00e9 arriscarse a ser un feito hist\u00f3rico (algo similar \u00e1 beleza hist\u00f3rica da Comuna do 1871 franc\u00e9s) que no seu principio marca o seu fin. Con todo, por suposto, \u00e9 totalmente respectable. Mais manifestando a mi\u00f1a opini\u00f3n, como dixen, apostar\u00eda pola diversidade, pola inclusi\u00f3n da distinci\u00f3n (\u00e1 hora de conformar primar\u00eda o que proxectan as persoas, o interese diso, e non os lazos) e pola renovaci\u00f3n en base aos obxectivos. F\u00edxate, que sobre esta cuesti\u00f3n, r\u00f3ldame un pensamento que cada vez se reafirma m\u00e1is. Penso que existe unha vontade de promover iso que ti entendes por \u00abendogamia cultural\u00bb desde quen goberna. E para min non deixa de ser unha estratexia latente que nos pecha ao mundo proxectando unha postura de Galicia unicamente folcl\u00f3rica, anacr\u00f3nica e hiperconservadora. Por iso o nacemento de novas propostas, a hibridaci\u00f3n das mesmas e o feito de que os autores comuniquen con outras linguas (o galego co ingl\u00e9s, franc\u00e9s, italiano, catal\u00e1n, castel\u00e1n, etc) contrib\u00fae a disipar esa concepci\u00f3n minimalista do pa\u00eds e a enriquecer a visi\u00f3n que alg\u00fans est\u00e1n tan conformes con proxectar. E penso no \u00abDi(n)versos\u00bb de Yolanda Casta\u00f1o, na importancia das traduci\u00f3ns, etc. Claro, po\u00f1amos por caso, que existe un \u00abcorpo de intervenci\u00f3n endog\u00e1mico\u00bb que ten proxecci\u00f3n fora do pa\u00eds (desco\u00f1ezo este caso), se en si non existe a vontade de apertura e de inclusi\u00f3n da distinci\u00f3n sen lazos, con que fundamento se abre ao mundo? Talvez para que nos acollan debemos ser primeiro acolledores. De todas formas se pensamos en clave lucense, propo\u00f1o pensar as\u00ed porque me gustar\u00eda expresar isto, debemos estar moi tranquilos. Facemos boa honra ao baleiro. So\u00f1amos cunha oferta cultural digna. Cando se cumpra ser\u00e1 un achado paleol\u00edtico. Por outro lado non obvio que existen grupos po\u00e9ticos na nosa provincia, simplemente quero expresar a din\u00e1mica institucional. En Cospeito contamos con d\u00faas Casas da Cultura e non lembro cando foi a \u00faltima intervenci\u00f3n (promovida institucionalmente) que as habitara de pleno.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con respecto a isto, e finalmente, a cura \u00e9 moi doada: quen verdadeiramente observa tena. Porque observar de verdade sempre implica unha vontade inclusiva. O ego remata por pechas as p\u00e1lpebras. E si, v\u00e9xoo coma un mal sen cualificativos, si, deix\u00e9molo a\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Seguro que quedaron moitas preguntas por facer. Escolle ti a que queiras, form\u00falaa e resp\u00f3ndea ti mesmo.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Non, os escritores (se \u00e9 que eu son un \u00e1pice diso) son (case dir\u00eda esencialmente) grandes buscadores de escusas. E eu fun trazando un di\u00e1logo coas t\u00faas cuesti\u00f3ns e con pensamentos que ultimamente resoan con certa intensidade na mi\u00f1a mente. Preguntar\u00edame moitas cuesti\u00f3ns a maiores, pero coido que me estend\u00edn demasiado neste relato e dalg\u00fan xeito estoume contradicindo a min mesmo. Brevidade e intensidade premisas para intervir: aqu\u00ed, talvez fixen unha excepci\u00f3n porque considero importante expulsar certos pensamentos e porque ademais considero esta web (blog) un bo soporte para darlles visibilidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00cda recomendar libros, mais prefiro facer unha suxesti\u00f3n de escritoras\/escritores, <em>performers<\/em>, proxectos, etc, relacionados coa cultura galega para que a xente interesada as\/os siga no Instagram. Si prefiro deixalo as\u00ed. Ao mellor quen le cae na tentaci\u00f3n e todo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@solaina.galeria<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@exculturaoficial<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@yanezantia<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@helenasalgueiro_<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@tamaarandres<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@arancharf<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@miriamferradans<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@orianameinhof<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@anton.patino<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@chus_pato_<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@ollobasilisco<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@entreverbas<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@edicionspositivas<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@lois_alcaydedans<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@oarquivodastrasnas<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@caleidoscopica.fotograf\u00eda<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@cuartodeinverno<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@poesiaengalego<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@a_fala_da_avoa<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">@limites.colectivo<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Vela\u00ed van unhas vinte, aportar\u00eda moitas m\u00e1is, pero escoll\u00edn aquelas\/es que se manifestan de xeito m\u00e1is activo. Creo que pode ser de interese o que verten nesta plataforma e por outro lado tam\u00e9n me gustar\u00eda destacar a naturalidade que ofrecen a este espazo. E non \u00eda haber oasis no deserto? A 21\u00aa pode ser perfectamente a propia @culturalia_gz. &nbsp;&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><em>*Imaxes facilitadas polo autor.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8220;Para min a Chaira, en sentido amplo, non \u00e9 unha soidade cantada sen\u00f3n unha soidade atroz. Un silencio distinto ao de Rosal\u00eda e o de Beckett: un silencio do espolio. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,370,1],"tags":[29,146,754],"class_list":["post-7634","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-parladoiro-con","category-xeral","tag-culturalia-gz","tag-daniel-irimia-yanez","tag-parladoiro-con"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7634","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=7634"}],"version-history":[{"count":9,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7634\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7648,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7634\/revisions\/7648"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=7634"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=7634"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=7634"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}