{"id":7597,"date":"2021-02-12T00:58:46","date_gmt":"2021-02-11T23:58:46","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=7597"},"modified":"2021-02-13T18:59:34","modified_gmt":"2021-02-13T17:59:34","slug":"parladoiro-con-beatriz-dourado","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=7597","title":{"rendered":"Parladoiro con&#8230; BEATRIZ DOURADO"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/beatrizdourado3.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"728\" height=\"729\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/beatrizdourado3.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7599\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/beatrizdourado3.jpg 728w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/beatrizdourado3-480x481.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) 728px, 100vw\" \/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">PARLADOIRO CON&#8230;<em>BEATRIZ DOURADO<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><em>&#8220;Necesito ler, observar, dialogar, investigar e despois xa aparecer\u00e1, en todo caso, a escrita. Probablemente haber\u00e1 un detonante que provoque esa necesidade de plasmar coas palabras unha ou varias ideas, mais previamente tivo lugar ese traballo invis\u00edbel que permite isto \u00faltimo.(&#8230;)&#8221;<\/em>,<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En Culturalia GZ retomamos os espazos do<em> Parladoiro con<\/em>&#8230; E nesta ocasi\u00f3n contamos coa palabra creadora, coa imaxinaci\u00f3n reflexiva de Beatriz Dourado, unha autora que vai constru\u00edndo a s\u00faa senda particular na xeograf\u00eda literaria galega.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignright size-medium is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/beatrizdourado2.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/beatrizdourado2-300x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7598\" width=\"300\" height=\"300\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Quen \u00e9 Beatriz Dourado?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Coido que definirse en primeira persoa sempre \u00e9 arriscado e podemos tender \u00e1s fabulaci\u00f3ns. Mais no eido persoal, con toda a carga de defectos que pos\u00fao, dir\u00eda que me movo moito pola sensibilidade e a empat\u00eda. De feito, si que me te\u00f1en dito que son algo avogada das causas perdidas<em> (Ri)<\/em>. No literario \u2013que confl\u00fae tam\u00e9n co persoal- procuro ser moito m\u00e1is intr\u00e9pida e achegarme de preto \u00e1 ferida que habita en todxs n\u00f3s. Creo que esta voz foi modul\u00e1ndose, especialmente, na \u00faltima d\u00e9cada como resultado de diferentes procesos. Entre eles destacar\u00eda, a indagaci\u00f3n na propia xenealox\u00eda e as s\u00faas migraci\u00f3ns, a revelaci\u00f3n das diversas violencias que padecemos as mulleres polo simple feito de sermos muller e a formaci\u00f3n como escritora a trav\u00e9s de lecturas, coloquios con outrxs autorxs e obradoiros. Con todo, penso que non deixo de ser un animal salvaxe, en permanente alerta, e, polo tanto, preciso tentear o terreo que piso, cuestionarme e cuestionar o meu contorno m\u00e1is pr\u00f3ximo. E malia que ese exercicio de interrogaci\u00f3n resulta inc\u00f3modo a maior parte das veces, tam\u00e9n me permite como autora descubrir novas pasaxes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>F\u00e1lame da t\u00faa faceta como escritora. Descr\u00edbeme o proceso.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Creo que escribir como tal, ben sexa de maneira manual, con bol\u00edgrafo nun caderno, ou dixital, a trav\u00e9s do m\u00f3bil, tableta ou ordenador, precisa dun limiar que \u00e9 tan importante como a escrita en si. \u00c9 dicir, necesito beber de diferentes fontes antes de sentirme preparada para desenvolver esta tarefa. Necesito ler, observar, dialogar, investigar e despois xa aparecer\u00e1, en todo caso, a escrita. Probablemente haber\u00e1 un detonante que provoque esa necesidade de plasmar coas palabras unha ou varias ideas, mais previamente tivo lugar ese traballo invis\u00edbel que permite isto \u00faltimo. A partir de a\u00ed, si que considero que debe existir unha disciplina de oficio para darlle forma a ese ideario. Outras veces ese limiar non desemboca nun texto e tampouco ocorre nada. Temos que desfac\u00e9rmonos desa concepci\u00f3n capitalista de producir constantemente a calquera prezo. Eu procuro unha escrita artes\u00e1 con independencia das modas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Con varios galard\u00f3ns acadados no eido da literatura, acreditas nos certames literarios como ferramenta importante para o desenvolvemento da Beatriz escritora?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Eu podo falar, obviamente, da mi\u00f1a propia experiencia. Hai xa unha d\u00e9cada que recib\u00edn o meu primeiro premio. Foi no certame literario que convocaba A Pipa de Becerre\u00e1 \u2013perm\u00edtaseme p\u00f3r en alza o labor que desenvolveu- e desde aquela suced\u00e9ronse varios m\u00e1is. Por\u00e9n, debo reco\u00f1ecer que aquel primeiro galard\u00f3n foi un aliciente importante. Non para escribir \u2013escrib\u00eda antes de ga\u00f1ar e seguir\u00eda escribindo de todos os xeitos-, mais si para experimentar coa escrita en canto a tem\u00e1ticas ou formatos (desde o haiku at\u00e9 a novela breve) e tam\u00e9n para peneirar, necesariamente, os textos, mediante ese <em>feedback <\/em>que che devolve a mirada allea dun xurado experto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Alg\u00fan proxecto creativo no que andes mergullada ou queiras mergullarte?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Agora mesmo estou tratando de dar forma a uns versos que xurdiron desde o confinamento, por\u00e9n non te\u00f1o a\u00ednda claro alg\u00fans matices. Coido que me levar\u00e1 un tempo chegar a conclu\u00edlo. E cando as circunstancias o permitan presentarei <em>intraGUERRAS<\/em>, publicado pola editorial Urutau, que acadou, asemade, o premio de poes\u00eda Mar\u00eda Mari\u00f1o. Non obstante, como son unha fervellasverzas da utop\u00eda \u2013 modo brincadeira- preciso alimentarme seguido de ilusi\u00f3ns. As\u00ed que nun futuro pr\u00f3ximo gustar\u00edame mergullarme en proxectos creativos que engloben diferentes disciplinas. Mais non me engano e son consciente de que iso precisa dun intenso adestramento. Xa se ver\u00e1&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Na t\u00faa escrita literaria predomina algunha tem\u00e1tica? Por que?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Esta \u00e9 unha pregunta que te\u00f1o respondido noutras ocasi\u00f3ns e, polo momento, non mudei a resposta. Serei previs\u00edbel, en consecuencia <em>(Ri)<\/em>. Te\u00f1o dito, e soste\u00f1o, que o feminismo est\u00e1 presente na mi\u00f1a obra. Non xa tanto como tem\u00e1tica en si sen\u00f3n como perspectiva. E isto non \u00e9 algo que faga con certa intencionalidade. O que acontece \u00e9 que escribo a partir da experiencia e da observaci\u00f3n e negar que o machismo est\u00e1 presente en todo o que nos rodea \u00e9 unha absoluta falacia. Segue habendo moita xente que non quere nin ouvir falar do feminismo porque non est\u00e1 disposta a repensar os seus privilexios. O sistema patriarcal n\u00fatrese da desigualdade que orixina.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignleft size-medium is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/beatrizdourado.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/beatrizdourado-294x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7604\" width=\"300\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Partindo do t\u00edtulo daquela canci\u00f3n de Golpes Bajos, <em>Malos tiempos para la l\u00edrica<\/em>, \u00bfti tam\u00e9n cres que son malos tempos para a arte, en xeral? Ou es optimista nese senso?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Eu creo que Galiza xoga na primeira divisi\u00f3n da liga l\u00edrica. Contamos cunha equipa de poetas incompar\u00e1bel. Pilar Pallar\u00e9s (Premio Nacional de Poes\u00eda 2019), Alba Cid (Premio Nacional de Poes\u00eda Xove 2020) ou Olga Novo (Premio Nacional de Poes\u00eda 2020) son algunhas das voces que ve\u00f1en a constatar a fertilidade po\u00e9tica da nosa terra. As tataranetas de Rosal\u00eda de Castro est\u00e1n ofrecendo unha poes\u00eda de primeir\u00edsima calidade. Agora ben, mentres desde abaixo estamos pico e p\u00e1, nas alturas miran para outro lado. Non se inviste o suficiente neste eido. Segue a considerarse desde as poltronas, e m\u00e1xime nestes momentos, sectores non esenciais. Eu, desde logo, non sei se ter\u00eda sobrevivido sen acceso \u00e1 cultura nos \u00faltimos meses. E non \u00e9 unha esaxeraci\u00f3n, para min foi e est\u00e1 a ser un bote salvavidas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>So\u00f1emos un pouco: \u00bfata onde che gustar\u00eda chegar como escritora?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Se por so\u00f1ar fose, eu que son unha so\u00f1adora empedernida&#8230; Gustar\u00edame parir unha soa obra \u2013polo menos, unha ser\u00eda m\u00e1is que suficiente- que chegase de maneira potente ao p\u00fablico, coma unha especie de sacudida, unha interpelaci\u00f3n da que non puidese fuxir. O resto, os ornamentos dos tempos inter\u00e9sanme m\u00e1is ben pouco. Vivo comodamente facendo o que fago, coma unha cidad\u00e1 calquera \u2013ou non?-. At\u00e9 o de agora son quen de manexar os meus delirios en intermitente interacci\u00f3n coas rutinas diarias.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Nada nas terras de Catalunya, a\u00ednda que de ascendencia galega, \u00bfcomo te desenvolves sendo unha escritora principalmente na lingua das t\u00faas ra\u00edces?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para min escribir en galego \u00e9 un compromiso que non sei cando e onde asinei, mais que sinto ferventemente. Tam\u00e9n debo dicir que forma parte dun proceso de aprendizaxe e revisi\u00f3n constante, xa que fun educada en castel\u00e1n. As\u00ed e todo, &nbsp;s\u00edntome orgullosa do meu empe\u00f1o e podo afirmar, como xa sinalou S\u00e9chu Sende, que ao mudarmos de lingua tam\u00e9n mudamos de vida. E iso para min foi unha descuberta enorme. Non poder\u00eda ter accedido a certas vivencias, desde ese di\u00e1logo de igual a igual, de non recuperar a lingua dxs devanceirxs. Agora eu non ser\u00eda quen de falarlle \u00e1 mi\u00f1a filla noutra lingua que non fose esta.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>A inspiraci\u00f3n conta no teu proceso creativo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Particularmente non creo nesa inspiraci\u00f3n que agroma sen m\u00e1is, que semella que fai o groso do traballo. Como xa mencionei anteriormente, identif\u00edcome m\u00e1is coa escrita artes\u00e1, dos procesos \u2013 e metaprocesos-, do pouso. Os detonantes ve\u00f1en a posteriori. Deleit\u00e1cheste co voo da aguia porque subiches, primeiro, ao cume do monte. E para iso tiveches que prepararte fisicamente, sortear obst\u00e1culos, improvisar rutas&#8230;<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"alignright size-medium is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/beatrizdourado4.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/beatrizdourado4-219x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7600\" width=\"300\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Que pregunta desexar\u00edas que che tivese feito? Daquela, form\u00falaa ti mesma e resp\u00f3ndea.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pois falemos de libros, par\u00e9ceche? Imos ao palp\u00e1bel. Enum\u00e9roche as \u00faltimas lecturas e relecturas \u2013nalg\u00fans casos- que emprend\u00edn nestes tempos de pandemia. Lecturas que me inspiraron e que se abriron coma novos cami\u00f1os para seguirmos avanzando malia todo.<\/p>\n\n\n\n<ol class=\"wp-block-list\" type=\"1\"><li><em>El infinito en un junco <\/em>de Irene Vallejo<\/li><li><em>Agosto <\/em>de M\u00edriam Ferrad\u00e1ns<\/li><li><em>Que me queres amor?<\/em> de Manuel Rivas<\/li><li><em>Bodas de sangre<\/em> de Federico Garc\u00eda Lorca<\/li><li><em>Un hivern fascinant<\/em> de Joan Margarit<\/li><li><em>La Casa de Bernarda Alba<\/em> de Federico Garc\u00eda Lorca<\/li><li><em>Las madres no<\/em> de Katixa Aguirre<\/li><li><em>Yerma<\/em> de de Federico Garc\u00eda Lorca<\/li><li><em>Abril<\/em> de Luz Darriba<\/li><li><em>Matar a Plat\u00f3n<\/em> de Chantal Maillard<\/li><\/ol>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Quixera tam\u00e9n confesar que me afeccionei, en certa maneira, aos paseos con audiolibro inclu\u00eddo. \u00c9 unha delicia, por exemplo, escoitar os poemas de Chantal Maillard na s\u00faa singular e inconfund\u00edbel voz.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><em>*Imaxes facilitadas pola autora<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>PARLADOIRO CON&#8230;BEATRIZ DOURADO &#8220;Necesito ler, observar, dialogar, investigar e despois xa aparecer\u00e1, en todo caso, a escrita. Probablemente haber\u00e1 un detonante que provoque esa necesidade de plasmar coas palabras unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"off","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,370,1],"tags":[501,754],"class_list":["post-7597","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-parladoiro-con","category-xeral","tag-beatriz-dourado","tag-parladoiro-con"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7597","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=7597"}],"version-history":[{"count":12,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7597\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7624,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7597\/revisions\/7624"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=7597"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=7597"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=7597"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}