{"id":756,"date":"2017-03-02T01:00:19","date_gmt":"2017-03-02T01:00:19","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=756"},"modified":"2017-03-29T15:24:46","modified_gmt":"2017-03-29T15:24:46","slug":"arredor-de-cantigas-para-aprender-a-sonar","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=756","title":{"rendered":"Arredor de CANTIGAS PARA APRENDER A SO\u00d1AR"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: left;\">Nun primeiro momento, dada a traxectoria tem\u00e1tica da mi\u00f1a escrita, sen ning\u00fan vencello co eido da denominada literatura infantil, consideraba que, se cadra, era un exercicio de ousad\u00eda ou de irresponsabilidade pola mi\u00f1a parte realizar unha opini\u00f3n e, daquela, amosala ao p\u00fablico lector, de <em>Cantigas para aprender a so\u00f1ar<\/em>, un poemario cativador co que a s\u00faa autora, a chairega Mar\u00eda Xos\u00e9 Lamas, nos agasalla neste enceto do 2016, despois de que tivese ga\u00f1ado con el a s\u00e9tima edici\u00f3n do Premio Arume de Poes\u00eda para Nenos convocado pola Fundaci\u00f3n Xos\u00e9 Neira Vilas.<\/p>\n<p>Mais, despois de encami\u00f1arme novamente na s\u00faa lectura, unha vez \u00a0tomara corpo de obra impresa, (xa antes o fixera cando a\u00ednda non pasaba de ser unha especie de feto dixital), sentinme afortunado por gozar destes versos que amosan unha transparencia e familiaridade tem\u00e1ticas, que os fai atraentes conforme un avanza polo sendeiro que se vai debuxando ao longo de cada unha das estrofas. E a iso temos que xunguir a alta dose de lirismo subxectivo que a autora deixa impregnado nas palabras, dispostas de modo tan atinado que un halo de musicalidade as envolva para que o pracer da lectura non pare de multiplicarse.<\/p>\n<p>Afirma a mesma Mar\u00eda Xos\u00e9 Lamas, nunha entrevista publicada no xornal El Progreso, que para escribir este libro tivo que volver ser nena. Pois, un proceso semellante realiceino eu cando principiei a romar\u00eda versal por <em>Cantigas para aprender a so\u00f1ar<\/em>; e non de xeito forzado, sen\u00f3n empurrado por esa ninfa da memoria que me levou, querendo eu tam\u00e9n, a esa etapa remota da nenez que eu experimentei e viv\u00edn pola xeograf\u00eda f\u00edsica e, \u00e1s veces, imaxinativa de Xoib\u00e1n, o meu berce, (ou, como eu digo sempre, ese pequeno recuncho perdido na inmensidade da Chaira), e ao car\u00f3n de meus pais, uns labregos que me amosaron que a terra, a nosa enxebreza, hab\u00eda que amala coma outro fillo m\u00e1is. Algo semellante abrolla das p\u00e1xinas deste libr<br \/>\no, onde a autora nos prop\u00f3n que esa canle comunicativo-afectiva non fique enxoita, sen\u00f3n que por ela fl\u00faa un regueiro no que compartir experiencias e lembranzas entre seres de distintas xeraci\u00f3ns (pais e fillos, por ex.), m\u00e1is al\u00f3 dun simple e rutineiro acto de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p><em>Cantigas para aprender a so\u00f1ar <\/em>\u00a0ten o extraordinario poder dos bos poemarios: implica de xeito emocional ao lector e conv\u00eddao (conv\u00eddanos) a que fagamos unha reflexi\u00f3n sobre a vida que percorremos e a paisaxe tanxible ou non que visualizamos nese percorrido e como nos relacionamos con ela. Parafraseando unhas verbas doutro gran poeta, Luis Alberto de Cuenca, atr\u00e9vome a dicir que Mar\u00eda Xos\u00e9 Lamas olla sempre o mundo dende a perspectiva de poeta e despois verte esa mirada nun r\u00edo de versos. As\u00ed acontece aqu\u00ed. A voz po\u00e9tica que Mar\u00eda Xos\u00e9 debuxa neste poemario \u00e9 di\u00e1fana e tocada por unha aur\u00e9ola de accesibilidade e divertimento; sen esquecer a s\u00faa vocaci\u00f3n de ensinante, coa cal propicia a conxunci\u00f3n das emo<br \/>\nci\u00f3ns co co\u00f1ecemento, da vida coa literatura.<\/p>\n<p>Atop\u00e1monos con estruturas versais que van de algo tan absoluto e distante de n\u00f3s, como pode ser o ritmo dos astros: esa <em>xigante L\u00faa\/ coroando o ceo,\/ con grandes meni\u00f1as\/ axexa luceiros<\/em>; ou ese sol, de nome Lourenzo, que alumea a terra, espantando as sombras. Paseando por un esbozo alegre e feiticeiro dun universo de galaxias, constelaci\u00f3ns, planetas, inclu\u00eddo Plut\u00f3n (porque na \u00e9poca da nena Mar\u00eda Xos\u00e9, dito astro a\u00ednda non f\u00f3ra condenado ao ostracismo dentro da nomenclatura planetaria). E sen esquecer o lirismo deses versos que enxalzan fen\u00f3menos m\u00e1is \u00a0achegados ao devir existencial dun ser infantil, tal son as etapas do d\u00eda, relacionadas coas vivencias tam\u00e9n coti\u00e1s desa nena que ten medo \u00e1 noite e desexa que abrolle a luz do d\u00eda, que sofre os efectos da preguiza para erguerse, mais cando o fai sente ledicia de ver o sol e di: <em>Un d\u00eda de sol,\/ un d\u00eda de festa!<\/em>; que goza do instantes de lecer co resto dos nenos; que ansia o pracer que lle produce a merenda; que sente a obriga de deixarse caer nos brazos de lenzo abertos desa cama que por ela agarda para durmir at\u00e9 o na<br \/>\ncemento dunha nova xornada. Mais tampouco faltan esas cantigas que evocan a etimolox\u00eda dos d\u00edas da semana, ou que narran a trav\u00e9s de ollos infant\u00eds esa relaci\u00f3n entre a natureza e a vida que vai acaecendo en cada mes do ano ou en cada ciclo estacional.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-758\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/Cantigas-para-aprender-a-so\u00f1ar-e1488417009565.jpg\" alt=\"\" width=\"400\" height=\"405\" \/>Cantigas para aprender a so\u00f1ar, tal e como leva impl\u00edcito no t\u00edtulo, invita aos lectores (adultos e nenos) a cantar e so\u00f1ar. A cantar para dignificar a ledicia de vivir. E a so\u00f1ar para crer que un mundo \u00e9 mellor e que est\u00e1 nas nosas mans realizalo e gozar del.<\/p>\n<p>Porque este poemario, a\u00ednda que semelle circunscribirse ao eido da literatura infantil, coido que non est\u00e1 pensando soamente para unha lectura exclusiva por parte daqueles que se encontren no per\u00edodo da nenez, sen\u00f3n que debe utilizarse tam\u00e9n para que ese v\u00ednculo entre o adulto (pai\/nai) e o neno\/-a (fillo\/-a) se sublime nun proceso comunicativo no que uns e outros consigan afondar no co\u00f1ecemento mutuo, sen que a comunicaci\u00f3n rache e, ao mesmo tempo, adquira un car\u00e1cter l\u00fadico-afectivo.<\/p>\n<p>Daquela, permit\u00eddeme que concl\u00faa argumentando que <em>Cantigas para aprender a so\u00f1ar<\/em> \u00a0establece un exercicio <em>memor\u00edstico<\/em> (eu, todos teremos a oportunidade, ao lelo, de sentirnos novamente nenos xunto aos que a\u00ednda o son) e grazas a dito exercicio podemos amosar o relato do que fomos e do que somos. Engadido ao anterior aparece un exercicio <em>did\u00e1ctico<\/em> (a memoria do vivido, do que fomos axuda a que llo transmitamos aos que nos suceden para que eles, chegado o momento, tam\u00e9n o fagan). E, finalmente, vir\u00e1 un exercicio <em>l\u00fadico<\/em>: debemos recordar e ensinar ou transmitir desfrutando de tal tarefa, non de xeito impositivo, para que a mensaxe transmitida vaia permanecendo para sempre na memoria e no coraz\u00f3n dos \u00a0seus receptores, para que poida ser prorrogada no elo emotivo-temporal.<\/p>\n<p>Non vos canso m\u00e1is, s\u00f3 me resta animarvos e convocarvos a que compartades esta festa dos so\u00f1os a trav\u00e9s da palabra e a m\u00fasica que a nena-poeta Mar\u00eda Xos\u00e9 Lamas argallou para todos\/-as neste universo m\u00e1xico chamado <em>Cantigas para aprender a so\u00f1ar.<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>*[Este texto foi escrito al\u00f3 polo febreiro de 2016, cando se presentou o libro en Vilalba. En vindeiras datas, disporemos das palabras maxistralmente elaboradas por Antonio Garc\u00eda Teijeiro e que acompa\u00f1aron a presentaci\u00f3n deste poemario en Vigo]<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nun primeiro momento, dada a traxectoria tem\u00e1tica da mi\u00f1a escrita, sen ning\u00fan vencello co eido da denominada literatura infantil, consideraba que, se cadra, era un exercicio de ousad\u00eda ou de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":767,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7],"tags":[82,84,85,83],"class_list":["post-756","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-autoresas","category-creacion","tag-cantigas","tag-fundacion-neira-vilas","tag-maria-xose-lamas","tag-sonar"],"jetpack_featured_media_url":"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/03\/entrega-premio-Arume-POES\u00cdA.jpg","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/756","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=756"}],"version-history":[{"count":14,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/756\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1020,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/756\/revisions\/1020"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/767"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=756"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=756"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=756"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}