{"id":689,"date":"2017-02-24T11:27:44","date_gmt":"2017-02-24T11:27:44","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=689"},"modified":"2017-02-27T10:19:48","modified_gmt":"2017-02-27T10:19:48","slug":"airinos-de-rosalia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=689","title":{"rendered":"Airi\u00f1os de Rosal\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>Ou a historia de como os versos de Rosal\u00eda de Castro viaxaron no fardel da memoria de Dolores Iglesias desde Mondo\u00f1edo ata Arxentina nas primeiras d\u00e9cadas do s\u00e9culo XX.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft wp-image-691 size-full\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/Carta-de-identidade_Dolores-Iglesias-redu.jpg\" width=\"273\" height=\"385\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/Carta-de-identidade_Dolores-Iglesias-redu.jpg 273w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/Carta-de-identidade_Dolores-Iglesias-redu-213x300.jpg 213w\" sizes=\"auto, (max-width: 273px) 100vw, 273px\" \/>Segu\u00edmoslle o rastro a un anuncio que publicaba no seu perfil de facebook o amigo e incansable pescudador de historias mindonienses, Cidre Fern\u00e1ndez. Do cartel chaman a atenci\u00f3n dous detalles: que a foto de fondo reproduce a fachada da catedral de Mondo\u00f1edo e que o texto anuncia os lugares onde se pode mercar en Bos Aires unha novela da autor\u00eda de Manuel V\u00e1zquez que leva por t\u00edtulo \u201cLola, del Coto de Otero\u201d. A foto e a menci\u00f3n ao lugar do Couto, ou Couto de Otero, que \u00e9 o nome dun barrio pr\u00f3ximo \u00e1 cidade onde en tempos houbo unha pr\u00f3spera industria de olar\u00eda e onde a\u00ednda se ergue oufano o Pazo de San Isidro, conducen, inevitablemente, a Mondo\u00f1edo.<br \/>\nGrazas a internet descubrimos que a novela foi presentada publicamente o 12 de decembro de 2014 en Pilar, unha n\u00facleo urbano a uns cincuenta quil\u00f3metros ao norte da cidade de Bos Aires.<br \/>\nO texto promocional da editora non especula: \u201c Hija ileg\u00edtima de un caballero de fortuna, Lolita vivi\u00f3 junto a su madre una ni\u00f1ez y juventud en que la discriminaci\u00f3n social la marc\u00f3 para siempre en aquel Mondo\u00f1edo prejuicioso y pueblerino de principios del siglo XX\u201d. E m\u00e1is adiante \u201c \u2026 pero ella lleg\u00f3 sola, con el recuerdo de sus bosques poblados de magia y con los versos de Rosal\u00eda de Castro sonando en sus o\u00eddos junto al dulce lamento de las gaitas\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na portada do libro aparece a moza Dolores, de p\u00e9 e apoi\u00e1ndose nun lateral dun sof\u00e1, posando para a ocasi\u00f3n nunha foto de estudo t\u00edpica da \u00e9poca. Na contracapa outra foto, esta de Dolores coa s\u00faa nai Josefa, noutro posado que semella ser do mesmo estudo e probablemente na mesma data que a anterior.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Manuel V\u00e1zquez<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Urx\u00eda p\u00f3rse en contacto co autor da novela e as\u00ed o fixemos. Manuel V\u00e1zquez \u00e9 o m\u00e1is vello dos catro netos de Lola e o que m\u00e1is conviviu coa avoa. \u00c9 profesor de literatura e escritor. Ademais desta novela, a primeira que publica, asina dous tomos baixo o t\u00edtulo \u201cMitos y leyendas de Pilar\u201d que tiveron, conxuntamente coa novela, presentaci\u00f3n especial na Feira do Libro de Bos Aires.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O intercambio de informaci\u00f3n con Manuel V\u00e1zquez foi flu\u00eddo, sempre atento a responder o que sabe, que non \u00e9 todo. Facilitounos toda a documentaci\u00f3n da que disp\u00f3n (partida de nacemento, pasaporte, permisos e copia dos certificados pertinentes para emigrar), e mesmo nos informou de como tiveron que agardar a que morrese a avoa para descubrir, por exemplo, que era filla de nai solteira.<br \/>\nPor testemu\u00f1o oral dalg\u00fans familiares do marido de Lola e av\u00f3 de Manuel deducen que o pai ben puidera ser alg\u00fan mozo de familia acomodada que ignorou a nai e tam\u00e9n \u00e1 filla.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Lola Iglesias<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Por Manuel e polos documentos que nos amosa sabemos que Lola, Dolores Iglesias Fern\u00e1ndez, naceu nos Samord\u00e1s, en Galgao, parroquia do concello de Abad\u00edn, o 30 de novembro de 1889, onde foi bautizada o d\u00eda 1 de decembro. Era a \u00fanica filla e de pai desco\u00f1ecido de Josefa Iglesias Fern\u00e1ndez, muller natural da parroquia de Romariz do mesmo concello e veci\u00f1a xa ent\u00f3n da parroquia do Carme en Mondo\u00f1edo. Non se sabe cando comezaron a vivir nai e filla no Couto de Otero, \u00e9 probable que tam\u00e9n vivisen no barrio dos Mu\u00ed\u00f1os onde Lola, segundo Manuel, deixou amigos. Pola raz\u00f3n que fose, e que os netos desco\u00f1ecen, en 1922, cando contaba 32 anos, Lola preparou os papeis e decidiu marchar para Bos Aires.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Cruzou o Atl\u00e1ntico soa. A carta de identidade di que era solteira, que non constan antecedentes, que ti\u00f1a os ollos casta\u00f1os, e que est\u00e1 sa sen imperfecci\u00f3ns destacables. O consignatario da Compa\u00f1\u00eda The Royal Mail Steam Packet Company na Coru\u00f1a autoriza o embarque para o d\u00eda 24 de setembro de 1922 con destino a Bos Aires. Uns d\u00edas antes, o alcalde accidental de Mondo\u00f1edo, Antonio Pardeiro, expide un documento onde asegura que Lola nin se dedicou \u00e1 mendicidade, nin atentou contra a orde p\u00fablica, que se dedicou s\u00f3 aos seus labores e que pos\u00fae ideas sans. Outros documentos necesarios para poder emigrar aseguran que non cometeu delitos e que \u00e9 apta para o traballo.<br \/>\nEn Bos Aires viviu un tempo na casa dun paisano de Mondo\u00f1edo chamado Luis Basanta. Casou con Manuel V\u00e1zquez, un asturiano de Mieres que era labrador, e tiveron un \u00fanico fillo que morreu hai algo m\u00e1is de 25 anos. Dolores e Manuel mercaron unha propiedade e dedic\u00e1ronse a cultivar e vender o que produc\u00edan.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Manuel non chegou a co\u00f1ecer o av\u00f3 asturiano que, segundo conta, morreu por un \u201cataque de presi\u00f3n\u201d (hipertensi\u00f3n). Lola, xa vi\u00fava, vendeu a chacra (finca) e a partir dese momento sost\u00edvose coas rendas obtidas dunhas vivendas que ti\u00f1a alugadas. E tam\u00e9n dos tecidos que fabricaba ao ganchillo e facendo encaixes de bolillo. Lola morreu con 84 anos na cidade de Z\u00e1rate, onde resid\u00eda, o 17 de decembro de 1973.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Memoria de Mondo\u00f1edo<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Manuel V\u00e1zquez viaxou a Mondo\u00f1edo en maio de 2014 e en xaneiro de 2017. Foi nestas viaxes cando puido contrastar o que lle contara a avoa daquel Mondo\u00f1edo dos primeiros anos do s\u00e9culo XX e do que nunca sa\u00edra ata que pegou o chimpo transoce\u00e1nico. As canles dos Mu\u00ed\u00f1os, a catedral, a igrexa da parroquia do Carme e o seu camposanto, onde est\u00e1 enterrada Josefa, a nai de Lola \u2026<br \/>\nManuel dinos que en Mondo\u00f1edo, \u201cfermosa cidade\u201d, foi moi ben atendido por todas as persoas coas que procurou informaci\u00f3n e aseg\u00faranos que Dolores Iglesias era posuidora dunha educaci\u00f3n excelente, incluso sorprendente para a \u00e9poca. Dinos que l\u00eda moito desde pequena, e que o fixera toda a vida, que co\u00f1ec\u00eda e cantaba fragmentos de zarzuela, o que lles fai supo\u00f1er que acud\u00eda a espect\u00e1culos e funci\u00f3n teatrais, probablemente en ambas beiras.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O neto Manuel int\u00fae que se Lola puidese ler este artigo dir\u00eda unha frase que lles so\u00eda repetir: Xa andaches falando de min, lamb\u00f3n!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Lola e os versos de Rosal\u00eda de Castro<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Manuel V\u00e1zquez non resolve, non pode facelo, moito m\u00e1is dos numerosos enigmas da biograf\u00eda da s\u00faa avoa. Na s\u00faa novela \u201cLola, del Coto de Otero\u201d completa coa ficci\u00f3n o que non puido documentar, o que seguramente c\u00f3mpre a unha vida, unha de tantas, que precisaba resetear (borrar da memoria), experiencias amargas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">En calquera caso, e curiosamente, a avoa Lola \u201cnunca quiso que aprendi\u00e9ramos a hablar gallego, aunque s\u00ed me ense\u00f1\u00f3, siendo ni\u00f1os, a recitar de memoria algunos poemas de Rosal\u00eda de Castro\u201d. \u201cLa abuela lo canturreaba incluso. A\u00fan me parece recordar la melod\u00eda. \u00a1Y de esto hace m\u00e1s de cincuenta a\u00f1os!\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A<em>iri\u00f1os, airi\u00f1os, aires \/ Airi\u00f1os da mi\u00f1a terra \/ Airi\u00f1os, airi\u00f1os, aires \/ Airi\u00f1os levaime a ela!<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>Non permit\u00e1s que aqu\u00ed morra \/ airi\u00f1os da mi\u00f1a terra \/ que inda penso que de morta \/ hei de sospirar por ela<\/em>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Suspiros rosalianos que un d\u00eda de setembro de 1922 viaxaron de Mondo\u00f1edo a Bos Aires e que agora regresan pola maxia da palabra.<\/p>\n<p>\u00a9 <strong>Antonio Reigosa<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ou a historia de como os versos de Rosal\u00eda de Castro viaxaron no fardel da memoria de Dolores Iglesias desde Mondo\u00f1edo ata Arxentina nas primeiras d\u00e9cadas do s\u00e9culo XX. Segu\u00edmoslle [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":25,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7],"tags":[],"class_list":["post-689","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/689","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/25"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=689"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/689\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":692,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/689\/revisions\/692"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=689"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=689"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=689"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}