{"id":580,"date":"2017-02-15T21:17:49","date_gmt":"2017-02-15T21:17:49","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=580"},"modified":"2017-02-23T23:49:30","modified_gmt":"2017-02-23T23:49:30","slug":"piares-dunha-verdadeira-reforma-educativa","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=580","title":{"rendered":"Piares dunha verdadeira reforma educativa"},"content":{"rendered":"<p>Non sei moi ben como iniciar este artigo\u2026 Son mestre. Ou iso di nun papel, asinado polo anterior rei,\u00a0 que anda\u00a0 durmindo nalgunha carpeta dalg\u00fan caix\u00f3n da casa. Tam\u00e9n aprobei unha oposici\u00f3n e cobro n\u00f3mina de profesor. Pero eu non me reco\u00f1ezo como mestre, como un bo mestre&#8230; No pasado, cando a maior\u00eda da poboaci\u00f3n era analfabeta ou posu\u00eda un nivel de formaci\u00f3n moi elemental, o mestre, ou a mestra, era unha autoridade. Autoridade erudita e moral. \u00a0E como tal era reco\u00f1ecida. Pola familia e pola sociedade. Porque a palabra do mestre era luz e identific\u00e1base coa verdade. E a escola marc\u00e1balle o cami\u00f1o \u00e1 sociedade. Hoxe\u2026 Hoxe a escola \u00e9 un axente formador m\u00e1is. A familia, primeiro; e os valores e os modelos sociais, despois, son axentes formadores non menos influentes, \u00a0dependendo dos casos e das circunstancias. Hoxe \u00e9 tan dif\u00edcil ser mestre, ser bo mestre\u2026\u00a0 Son tantas as cousas que\u00a0 desco\u00f1ezo\u2026 Sempre llelo digo aos meus alumnos e alumnas: \u201cO que eu sei \u00e9 a pulga; o que non sei, o elefante\u201d. Non, non me reco\u00f1ezo como un \u201cmestre\u201d\u2026 Daquela, si, son un covarde. Porque o honrado ser\u00eda deixarlle o sitio a outra persoa e ver de ganar o pan doutra maneira. Mais, xa o dixen, non son un heroe\u2026<\/p>\n<p>Por ser, tam\u00e9n son unha v\u00edtima. Unha v\u00edtima dun sistema educativo que forma moi deficientemente (deforma) os seus aspirantes a mestres. Unha v\u00edtima dun sistema educativo que dese\u00f1ou unhas probas selectivas (oposici\u00f3ns) que garanten moi escasamente a val\u00eda e a profesionalidade das persoas que as superan. Unha v\u00edtima duns sistemas educativos e duns gobernos que valoran moi pouco as persoas que se dedican ao ensino, en calquera das s\u00faas etapas. E unha v\u00edtima duns sistemas educativos que dese\u00f1an uns curr\u00edculos sen xeito. E aqu\u00ed, neste par\u00e1grafo, quedan xa presentadas as grandes eivas do sistema educativo espa\u00f1ol. Eivas que lle afectan aos alicerces mesmos da educaci\u00f3n e que ningunha reforma educativa tivo o valor nin a vontade de abordar. E iso que esta si que deber\u00eda ser cuesti\u00f3n de estado. Deber\u00eda\u2026<\/p>\n<p>Formaci\u00f3n inicial. Cando eu fun alumno da Escola de Formaci\u00f3n do Profesorado de Lugo, estudei Matem\u00e1ticas, Linguas, F\u00edsica, Debuxo, M\u00fasica\u2026 E, non pod\u00eda faltar, Relixi\u00f3n! Os contidos que eu estudei en calquera destas \u00e1reas do saber nada ti\u00f1an que ver cos contidos das mesmas \u00e1reas das e dos que no futuro hab\u00edan ser as mi\u00f1as alumnas e os meus alumnos. M\u00e1is matem\u00e1ticas, m\u00e1is castel\u00e1n, m\u00e1is xeograf\u00eda\u2026 do que xa estudaramos nos seis cursos do antigo bacharelato e do C.O.U. daquel tempo. Tam\u00e9n hab\u00eda algunhas materias que se chamaban, por exemplo, Did\u00e1cticas das Matem\u00e1ticas, Did\u00e1ctica da F\u00edsica\u2026 Did\u00e1cticas? Non, non; m\u00e1is f\u00edsica, m\u00e1is matem\u00e1ticas, etc. E, despois, menos mal, hab\u00eda Psicolox\u00eda e Pedagox\u00eda\u2026 Pero estas, que deb\u00edan ser d\u00faas materias fundamentais, eran unha estafa te\u00f3rica e memor\u00edstica, totalmente desconectadas e descontextualizadas da realidade: as nenas e os nenos cos que iamos traballar. E, se falamos da metodolox\u00eda do profesorado\u2026 Sen a menor intenci\u00f3n de culpar a ningu\u00e9n, eran persoas que non foran formadas especificamente para realizar aquel traballo; ent\u00f3n, cada quen sa\u00eda do paso como pod\u00eda, en funci\u00f3n da s\u00faa formaci\u00f3n, da s\u00faa intuici\u00f3n e da s\u00faa capacidade individual. Amais da s\u00faa personalidade, claro; porque, por riba, hab\u00eda malas persoas; non caben eufemismos. Mesmamente, iguali\u00f1o, iguali\u00f1o ca seguimos facendo hoxe. Unha pedagox\u00eda baseada na rutina, na improvisaci\u00f3n intuitiva e na experiencia vivida; si, porque, cando un non sabe, reproduce esquemas. As\u00ed foi. E segue a ser. Pero\u2026 como pode ser? Como pode ser que un aspirante a profesor non traballe con alumnos e alumnas dende o primeiro d\u00eda do primeiro curso? Como pode ser que os fundamentos psicopedag\u00f3xicos te\u00f3ricos non vaian acompa\u00f1ados dunha vivenciaci\u00f3n e dunha experimentaci\u00f3n que permita atoparlle sentido a esa teor\u00eda? Este \u00e9 un mal com\u00fan de toda a formaci\u00f3n en Espa\u00f1a, pero moito m\u00e1is inxustificable no caso da formaci\u00f3n do profesorado. Uns meses de \u201cpr\u00e1cticas\u201d, \u00a0desconectados e dedicados, fundamentalmente, a remexer nos documentos burocr\u00e1ticos, son toda a experiencia previa que acumulan as e os estudantes de Maxisterio. Vaiche boa! Calquera reforma educativa aut\u00e9ntica ti\u00f1a que comezar por aqu\u00ed. Unha reforma que garantise unha verdadeira formaci\u00f3n das profesoras e dos profesores futuros. Ning\u00fan centro de formaci\u00f3n de profesores de calquera nivel deber\u00eda estar desvinculado dun centro no que estudasen alumnos dese nivel concreto. Por exemplo: unhas horas (poucas) de teor\u00eda polas tardes e, polas ma\u00f1\u00e1s, nas aulas, con alumnos reais. E a\u00ednda ir\u00eda m\u00e1is lonxe: os profesores dos aspirantes a profesores deber\u00edan ser profesores ou profesoras \u00a0en exercicio, do nivel correspondente e de contrastada val\u00eda profesional. Convertemos o sinxelo en complexo; dende o principio dos tempos, o aprendiz aprende a car\u00f3n de quen sabe e interact\u00faa con el e co material necesario; neste caso, os nenos e as nenas, adolescentes, universitarios\u2026 \u00c9 tan obvio! Pero\u2026<\/p>\n<p>Probas selectivas. Moi relacionadas cunha formaci\u00f3n inicial irracional, cunha concepci\u00f3n burocr\u00e1tica do sistema e cun curr\u00edculo sobredimensionado e absurdo,\u00a0 des\u00e9\u00f1anse unhas probas\u00a0 selectivas te\u00f3ricas que non buscan lexitimar a persoas vocacionais, creativas e competentes. Dunha parte, as esixencias para entrar na Facultade de Formaci\u00f3n do Profesorado son m\u00ednimas e descontextualizadas, sen requisitos espec\u00edficos para dedicarse \u00e1 docencia. Cal foi, e segue a ser, o perfil dos e das\u00a0 estudantes de Maxisterio? Por que nunca se fala disto? Cando eu estudei, hab\u00eda un dito chocalleiro; pero, tam\u00e9n, en boa medida, verdadeiro: \u201cQuen vale, vale; e, quen non\u2026\u201d \u00a0Por outra, a proba de acceso (oposici\u00f3n) \u00e9 fundamentalmente memor\u00edstica e cunha carga de contidos lexislativos esaxerada. Mesmo as supostas probas \u201cpr\u00e1cticas\u201d son estereotipadas e escasamente representativas.<\/p>\n<p>Valoraci\u00f3n da profesi\u00f3n docente. Se os diferentes gobernos valorasen como \u00e9 debido a profesi\u00f3n clave dunha sociedade, por extensi\u00f3n, a sociedade tam\u00e9n o far\u00eda. Ent\u00f3n, como prestixiar esta nosa profesi\u00f3n? En primeiro lugar, dedic\u00e1ndolle \u00e1 educaci\u00f3n unha porcentaxe do PIB moi superior \u00e1 actual. Pero, ollo, non para constru\u00edr m\u00e1is e mellores centros nin para investir m\u00e1is en pseudorreformas, en infraestrutura tecnol\u00f3xica, cursos parche\u00a0 de formaci\u00f3n, etc. Sen\u00f3n, fundamentalmente, para abordar unha reforma educativa en profundidade. E para pagarlles aos profesionais da educaci\u00f3n o que merecer\u00edan, se lle deramos importancia \u00e1 funci\u00f3n social que desempe\u00f1an. Como lles imos pedir\u00a0 \u00e1s persoas m\u00e1is capaces de cada promoci\u00f3n que se dediquen ao ensino se \u00e9 das profesi\u00f3ns cualificadas peor pagadas? Xa sei, xa sei, hai casos moi vocacionais que, a\u00ednda as\u00ed, apostan pola docencia; pero, en que porcentaxe? Unha sociedade que inviste intelixentemente en educaci\u00f3n ten asegurado o seu futuro. Aqu\u00ed non hai segredos. Unha sociedade que escolle as persoas m\u00e1is capacitadas de cada promoci\u00f3n para transmitir co\u00f1ecementos e para formar de maneira integral as xeraci\u00f3ns futuras ser\u00e1 unha sociedade avantaxada, m\u00e1is xusta e m\u00e1is libre. Pero para iso faise necesario cambialo case todo: a formaci\u00f3n inicial, a selecci\u00f3n de aspirantes a docentes e a valoraci\u00f3n dos profesionais da educaci\u00f3n. Con isto, e coa elaboraci\u00f3n dun curr\u00edculo menos rutineiro, menos \u201cprecoz\u201d, \u00a0menos pechado e menos pensado exclusivamente nun perfil est\u00e1ndar de alumno,\u00a0 dariamos paso a unha educaci\u00f3n na que de verdade primase a calidade educativa. Todos os pol\u00edticos e todas as pol\u00edticas de todos os gobernos enchen a boca falando da calidade educativa. Pero ningu\u00e9n dese\u00f1a e executa un verdadeiro modelo educativo que garanta tal realidade. Remendo por aqu\u00ed, remendo por al\u00e1\u2026 Se de verdade queremos unha educaci\u00f3n de calidade, \u00e9 imprescindible unha revoluci\u00f3n; unha revoluci\u00f3n educativa, claro est\u00e1. Si, revoluci\u00f3n, reforma integral! Porque, se mal est\u00e1n a Educaci\u00f3n Infantil, a Primaria e a Secundaria, que pasa coa universidade? A maior\u00eda das carreiras universitarias son unha aut\u00e9ntica estafa, cheas de contidos desfasados e in\u00fatiles, que non forman profesionais competentes do ramo, por regra xeral. A profesionalizaci\u00f3n vir\u00e1 da man dos m\u00e1sters, das becas explotadoras e humillantes\u2026 e de ir aprendendo de aqu\u00ed e de acol\u00e1\u2026 Lamentable. Quizais medicina e enfermer\u00eda constit\u00faan unha m\u00ednima excepci\u00f3n. E pouco m\u00e1is. Que profesores, que avogados, que enxe\u00f1eiros, que psic\u00f3logos\u2026 forma a universidade? E non \u00e9 porque o alumnado universitario non se esforce. Cada vez son m\u00e1is dif\u00edciles e elitistas as carreiras universitarias, comparadas coas da mi\u00f1a xeraci\u00f3n. Toneladas de teor\u00eda, toneladas de traballos\u2026 Para que? Viva o Plan Bolonia! E o contacto coa realidade de cada unha das profesi\u00f3ns? Ula?<\/p>\n<p>Ai\u2026 Vou canso\u2026 E corro o risco de cansar, ben o sei. Pero\u2026 o tema \u00e9 moi denso. E intenso. Ao longo da mi\u00f1a experiencia vital, como alumno e como profesor mediocre, padec\u00edn xa non sei cantas reformas. En cada unha delas, un te\u00f3rico, ou un equipo de te\u00f3ricos, impuxeron a s\u00faa receita educativa. Comecei estudando na Enciclopedia \u00c1lvarez. Despois vi\u00f1eron os libros por materias. Cada vez m\u00e1is materias, m\u00e1is curr\u00edculo. E menos horas por materia\u2026 Cando comecei a traballar, a palabra m\u00e1xica era \u201cmotivaci\u00f3n\u201d; dez actividades de motivaci\u00f3n para explicar unha idea. M\u00e1is adiante chegaron as aprendizaxes significativas. Agora as competencias (seguro que deixo algunha \u201cmoda\u201d destas no cami\u00f1o). Est\u00e1 moi ben isto das competencias. O que ningu\u00e9n quere decatarse \u00e9 que a inmensa maior\u00eda do profesorado seguimos explicando contidos e avaliando\u2026 contidos! \u00c9 o que sabemos facer! Remendo vai, remendo v\u00e9n\u2026 M\u00e1is al\u00e1 da implantaci\u00f3n do sistema de becas (que xa non \u00e9 o que era) e da universalizaci\u00f3n do ensino, que queda? Palla para o palleiro. Esaxerando algo, claro.<\/p>\n<p>E, que pasa co curr\u00edculo? Dixen que era rutineiro, precoz,\u00a0 pechado, demasiado extenso e pensado exclusivamente para un perfil de alumno ou alumna est\u00e1ndar. Rutineiro, porque en moitas materias \u00a0hai contidos que se dan dende o Primeiro Ciclo de Primaria ata os \u00faltimos cursos da ESO. E isto conv\u00e9rteos nunha rutina, \u00e1s veces, dif\u00edcil de superar. E, ademais, precoz. Porque moitos destes contidos aparecen en idades demasiado temper\u00e1s, nas que s\u00f3 os individuos m\u00e1is avantaxados de cada promoci\u00f3n entenden a idea. Ent\u00f3n, ve\u00f1a moer e remoer nunhas abstracci\u00f3ns para as que a maior\u00eda do alumnado non ten a\u00ednda desenvolvemento cognitivo suficiente\u00a0 como para comprendelas. Un exemplo: as clases de palabras. Os alumnos estudan o substantivo, o adxectivo\u2026 ao longo de toda a primaria. E unha elevada porcentaxe dos mesmos chega a 1\u00ba curso da ESO sen entender de verdade o quen son cada unha das distintas categor\u00edas gramaticais. A queixa m\u00e1is com\u00fan do profesorado \u00e9 que os alumnos non comprenden. Vaites! Pero\u2026 como han comprender, se pasan m\u00e1is da metade do tempo escolar traballando conceptos gramaticais?! E esta enfermidade cont\u00e1xiase \u00e1s linguas estranxeiras, \u00a0e o profesor de Franc\u00e9s non pode explicar non sei que porque o alumno X de 1\u00ba da ESO non sabe as preposici\u00f3ns! E ve\u00f1a a aprender de memoria as preposici\u00f3ns! E, para que serve iso, se non entenden o seu significado e a s\u00faa funci\u00f3n? \u00a0Ai\u2026 Canta rutina! Canta perda de tempo! Da Educaci\u00f3n Primaria ti\u00f1a que desaparecer m\u00e1is da metade do curr\u00edculo. E dedicarnos a traballar o b\u00e1sico de cada \u00e1rea do saber. En Lingua, traballo con textos: lectura, escritura, comprensi\u00f3n e expresi\u00f3n, selecci\u00f3n da informaci\u00f3n\u2026 Que f\u00e1cil ser\u00eda, daquela, explicarlle o adxectivo a un rapaz ou a unha rapaza de 3\u00ba da ESO! Falo do que co\u00f1ezo, da mi\u00f1a materia, claro; pero supo\u00f1o que haber\u00e1 un paralelismo coa maior\u00eda das materias de estudo. E, relacionado coa precocidade, est\u00e1 tam\u00e9n o parcelamento do saber. Dentro de pouco, en Educaci\u00f3n Infantil xa haber\u00e1 materias optativas encami\u00f1adas a que o neno ou a nena vaia ser astronauta ou enxe\u00f1eira&#8230; Ai\u2026 Ao meu parecer, nas etapas de formaci\u00f3n xeral deber\u00edanse traballar todos os co\u00f1ecementos dunha maneira moito m\u00e1is global e relacionada. As\u00ed \u00e9 que, xa hoxe, podemos atopar un t\u00e9cnico moi cualificado no seu; pero que non sabe nadi\u00f1a de calquera outra \u00e1rea do co\u00f1ecemento. Primeiro ser\u00eda necesario formar as persoas; despois, sen pr\u00e9sas, especializalas. Ademais, dixen, curr\u00edculo pechado e dirixido a un perfil de alumno est\u00e1ndar. Claro, todo o que non aparece nos libros de texto, non existe. Toda alumna ou alumno que se aparte da maior\u00eda do grupo-clase, no tipo de intelixencia, na sensibilidade, nos intereses, na interacci\u00f3n, etc, o sistema xa o encami\u00f1a ao fracaso; porque, as medidas correctoras previstas fallan, en primeiro lugar, debido \u00e1 xa mencionada escas\u00edsima formaci\u00f3n inicial, tam\u00e9n, dos profesionais dedicados a esta tarefa. E, que dicir da \u201cabolici\u00f3n\u201d das materias humanistas dos plans de estudos?<\/p>\n<p>En fin, para min, estes son os piares nos que se asenta unha verdadeira educaci\u00f3n de calidade: selecci\u00f3n dos profesionais, formaci\u00f3n inicial, dignificaci\u00f3n da profesi\u00f3n e revisi\u00f3n a fondo e racionalizaci\u00f3n do curr\u00edculo. A continuaci\u00f3n, haber\u00eda que entrar noutros niveis de concreci\u00f3n, importantes, pero menos decisivos; curiosamente, nos \u00fanicos nos que entraron ata o de agora as pseudorreformas educativas que eu padec\u00edn ata hoxe. Despois din que imos mal na clasificaci\u00f3n esa do Informe PISA. E utilizan isto para xustificar reformas ideol\u00f3xicas impostas: LOMCE. Ou ser\u00e1 que non interesa ter unha sociedade formada? Como se pode explicar que persoas como Aznar, Berlusconi, Zapatero, Rajoy, Trump\u2026 individuos mediocres, cando non perversos, cheguen a ser presidentes dos seus pa\u00edses? Ter\u00e1 algo que ver?<\/p>\n<p>To\u00f1o N\u00fa\u00f1ez<\/p>\n<p>(Praza P\u00fablica, 22 de xaneiro de 2017)<\/p>\n<p>Ilustraci\u00f3n:<strong> En ausencia da mestra<\/strong> (MIGUEL ANXO MAC\u00cdA)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non sei moi ben como iniciar este artigo\u2026 Son mestre. Ou iso di nun papel, asinado polo anterior rei,\u00a0 que anda\u00a0 durmindo nalgunha carpeta dalg\u00fan caix\u00f3n da casa. Tam\u00e9n aprobei [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":30,"featured_media":582,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7],"tags":[],"class_list":["post-580","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-autoresas","category-creacion"],"jetpack_featured_media_url":"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/En-ausencia-da-mestra-MIGUEL-ANXO-MAC\u00cdA.jpg","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/580","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/30"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=580"}],"version-history":[{"count":5,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/580\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":595,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/580\/revisions\/595"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/582"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=580"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=580"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=580"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}