{"id":4553,"date":"2018-12-19T01:10:08","date_gmt":"2018-12-19T00:10:08","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=4553"},"modified":"2018-12-19T14:00:20","modified_gmt":"2018-12-19T13:00:20","slug":"parladoiro-con-adolfina-mesa","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=4553","title":{"rendered":"Parladoiro con&#8230; Adolfina Mesa"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><br><em>&#8220;Tanto a mi\u00f1a poes\u00eda como&nbsp;a mi\u00f1a pintura poder\u00edan levar adheridos os cualificativos de explosiva, critica, manifestante, reivindicativa&#8221;<\/em><\/h2>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"916\" height=\"916\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/PHOTO-2018-12-13-23-28-17.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4554\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/PHOTO-2018-12-13-23-28-17.jpg 916w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/PHOTO-2018-12-13-23-28-17-150x150.jpg 150w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/PHOTO-2018-12-13-23-28-17-300x300.jpg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/PHOTO-2018-12-13-23-28-17-768x768.jpg 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 916px) 100vw, 916px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Un fulgor na mirada que escudri\u00f1a mundos, a palabra sempre disposta no limiar da boca e as mans argallando novas formas pict\u00f3ricas no lenzo imaxinativo no que van medrando as emoci\u00f3ns. E a conversa comeza a pintarse&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que \u00e9 Adolfina Mesa: pintora, escritora, artista multidisciplinar..?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Adolfina Mesa &nbsp;\u00e9 unha persoa que se considera antes que nada, e dentro da humildade do ser,\u201cunha alma sensible\u201d. Artisticamente falando, e tendo que definir o que fago, comezarei dicindo que me sinto unha artista multidisciplinar, que traballa en diferentes eidos e con diversos materiais (\u00f3leo sobre lenzo, acr\u00edlicos,texturas, collage, arte mix media, acuarelas, lapis de cores, pasteis, carbonci\u00f1o, ilustraci\u00f3ns, escultura, fotograf\u00eda, etc.); a\u00ednda que me identifico, de xeito destacado coa pintura e a poes\u00eda, sen esquecer nin restar valor \u00e1s artes decorativas, nas que desenvolvo a mi\u00f1a faceta de profesora. Faceta que tam\u00e9n exerzo no terreo pict\u00f3rico. Abunda en min unha personalidade inquieta e curiosa por saber e por nutrirse de toda a beleza da arte, en xeral.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>En que disciplina art\u00edstica sentes maior comodidade?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>As artes creativas, a mi\u00fado, son divididas en categor\u00edas m\u00e1is espec\u00edficas, como as artes decorativas, as artes pl\u00e1sticas, as artes esc\u00e9nicas ou a literatura. As\u00ed, a pintura \u00e9 una forma de arte visual, e a poes\u00eda una forma de literatura; e, como&nbsp;che comentaba anteriormente, identif\u00edcome, e as\u00ed o proxecto nos meus traballos,con calquera desas d\u00faas disciplinas art\u00edsticas arriba mencionadas. Non obstante, a fotograf\u00eda, que tam\u00e9n forma parte das artes visuais, alimenta o meu interior creativo e sup\u00f3n un piar b\u00e1sico no meu desenvolvemento pict\u00f3rico\u2026 e outras para a creaci\u00f3n en arte dixital.<\/p>\n\n\n\n<p>Certamente, estou asentada entre esbozos, imaxes, cores eversos. Para min todo at\u00f3pase reunido na mensaxe da mi\u00f1a obra.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"633\" height=\"960\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/IMG_8051.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4571\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/IMG_8051.jpg 633w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/IMG_8051-198x300.jpg 198w\" sizes=\"auto, (max-width: 633px) 100vw, 633px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Con varias exposici\u00f3ns simult\u00e1neas en marcha, \u00bfcomo valoras a apreciaci\u00f3n da t\u00faa arte por parte do p\u00fablico?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Actualmente, en marcha hai tres exposici\u00f3ns: d\u00faas individuais e unha colectiva. As d\u00faas primeiras son, por unha banda, a Exposici\u00f3n EN FEMININO, na Casa da Cultura de San Sadurni\u00f1o,&nbsp; organizada pola Concellar\u00eda de Igualdade, e que referencia a tem\u00e1tica da violencia de x\u00e9nero; e por outro lado, a Exposici\u00f3n DIACRON\u00cdA CROM\u00c1TICA, que se desenvolve na Sala de Exposici\u00f3ns do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Lugo. A exposici\u00f3n colectiva \u00e1 que alud\u00eda \u00e9 unha que ten lugar no Palacio Paolo V en Benvento, Italia.<\/p>\n\n\n\n<p>En canto ao papel da cr\u00edtica e do p\u00fablico que visita as mi\u00f1as exposici\u00f3ns, hei de dicir que me sinto realmente moi afortunada,&nbsp; dado que ata agora, tanto a cr\u00edtica da prensa como a do p\u00fablico est\u00e1 sendo moi positiva e de boa acollida para a mi\u00f1a obra. O impacto visual e de contido \u00e9 comprendido e valorado, e a resposta amosa que agrada e iso \u00e9, talvez, o m\u00e1is importante para calquera persoa que se dedica \u00e1 arte. \u00c9 unha columna fundamental do edificio do ser artista: chegar coa t\u00faa obra ao espectador. Todo o demais chega a ti no transcurso do cami\u00f1o que che toca andare os diferentes ambientes aos que presentarse, que son coma unha noria que che permite estar un tempo arriba e outro tempo abaixo, ou, sinxelamente, dando voltas de modo constante agardando un d\u00eda que esa noria se dete\u00f1a nun bo lugar, nun bo momento que che conceda un reco\u00f1ecemento v\u00e1lido e constante, para seguir&nbsp; adiante de forma m\u00e1is segura e estable. Mentres non chegues a esa parada segues dando voltas, arriba e abaixo..<\/p>\n\n\n\n<p><strong>F\u00e1lame de novos proxectos art\u00edsticos.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>En principio, o m\u00e1is pr\u00f3ximo, e xa confirmado, \u00e9 un par de exposici\u00f3ns pict\u00f3ricas de forma consecutiva. A primeira, de car\u00e1cter individual, \u00e9 a Exposici\u00f3n <em>INTROSPECCI\u00d3N<\/em>, que se inaugurar\u00e1 o 28 de decembro deste ano en San Sadurni\u00f1o, na Sala de Exposici\u00f3ns de dito Concello. A segunda, de programaci\u00f3n colectiva, desenvolverase al\u00f3 polo 30 de xaneiro de 2019, na galer\u00eda La Ferreter\u00eda Eventos &amp; Co. de Lugo, eleva por t\u00edtulo <em>MUJERES LIBRES<\/em>. A dita exposici\u00f3n, organizada e comisariada por Luisa Paz Montenegro, concorren outros artistas pl\u00e1sticos e fot\u00f3grafos, ata acadar a cifra de dezaoito participantes.<\/p>\n\n\n\n<p>Xa entrados en febreiro, sen concretar a\u00ednda unha data porque se est\u00e1n ultimando detalles, terei outra exposici\u00f3n individual no concello chairego de Cospeito.<\/p>\n\n\n\n<p>As que si est\u00e1n confirmadas tam\u00e9n son outras d\u00faas, unha individual no mes de marzo na Casa da Cultura de Vilalba, e outra que traspasar\u00e1 ao pa\u00eds irm\u00e1n de Portugal, dentro da Colectiva Arte na Raia, que se inaugura o 2 de marzo co patrocinio do Ecomuseo de Barroso, a C\u00e1mara Municipal de Montalegre e a Galer\u00eda Vieira Portuense.<\/p>\n\n\n\n<p>Sen obviar outros moitos proxectos m\u00e1is en fase de avaliaci\u00f3n e case seguros; pero a\u00ednda restan meses e a chegada do vindeiro 2019 por diante para seguir anunciando \u2013ri-. As\u00ed que mellor deixamos espazo para as sorpresas.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/IMG_8050-800x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4570\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/IMG_8050-800x1024.jpg 800w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/IMG_8050-234x300.jpg 234w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/IMG_8050-768x983.jpg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/IMG_8050-1080x1382.jpg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/IMG_8050.jpg 1113w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>No tocante \u00e1 poes\u00eda, este pasado 15 de decembro vimos de entregar os premios do I Certame de Poes\u00eda TORRE DE CALDALOBA, do Concello de Cospeito, e no cal tiven a oportunidade actuar de xurado de dito certame po\u00e9tico. En datas posteriores, a\u00ednda que no mesmo mes de decembro, tam\u00e9n terei a posibilidade de xulgar obras po\u00e9ticas e narrativas pertencentes a outro certame literario. Asemade est\u00e1 prevista unha nova presentaci\u00f3n do meu libro POEMAS Y CATARSIS para o vindeiro 18 de xaneiro de 2019 na Casa da Cultura de Vilalba. A\u00ednda que, case un mes antes, o 21 de decembro, neste mesmo lugar terei a ocasi\u00f3n de participar na copresentaci\u00f3n do V Recital Po\u00e9tico Solidario Internacional. Ademais do recital, que vai servir de presentaci\u00f3n, da Colect\u00e2nea Luso-Galaica en Ribadavia, libro que xa fora amosado ao p\u00fablico na localidade lusa de Espinho, e no que interve\u00f1en poetas deGalicia e Portugal, nunha irmandade po\u00e9tica.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Como definir\u00edas dende o punto de vista tem\u00e1tico a t\u00faa arte, nas distintas disciplinas da mesma que realizas?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Tanto a mi\u00f1a poes\u00eda como&nbsp;a mi\u00f1a pintura poder\u00edan levar adheridos os cualificativos de explosiva, critica, manifestante, reivindicativa. Para min \u00e1mbalas d\u00faas disciplinas est\u00e1n unidas en concepto. No tocante aos pinceis, direi que sempre tentan impregnar poes\u00eda en cada resultado pict\u00f3rico, coa vontade de contar historias, expresar, comunicar e dialogar co espectador, a trav\u00e9s do cromatismo e a beleza, &nbsp;a\u00ednda cando todo nace do realismo e da dura realidade. Identif\u00edcome actualmente dentro do expresionismo abstracto e do abstracto en si, sen abandonar outros estilos que tam\u00e9n domino coma o realismo, o surrealismo e o impresionismo, entre outros. Todos eles forman parte das mi\u00f1as etapas pasada e presente en menor n\u00famero de obras ou segundo o compromiso que adquira.<\/p>\n\n\n\n<p>Po\u00e9tica e liricamente consid\u00e9rome cr\u00edtica e reivindicativa, sempre en defensa de causas de tanta transcendencia social coma son a da igualdade de x\u00e9nero e en contra da violencia de x\u00e9nero. (Moi concentrada tanto na mi\u00f1a poes\u00eda como na mi\u00f1a obra pict\u00f3rica). No meu libro <em>Poemas y Catarsis<\/em> navego nos versos dunha poes\u00eda intimista, rom\u00e1ntica, onde o amor, os sentimentos, o desamor, as emoci\u00f3ns, o erotismo, a intimidade dos seres te\u00f1en un papel protagonista.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p> <strong>Tomando o t\u00edtulo daquela canci\u00f3n de Golpes Bajos, <em>Malos tiempos para la l\u00edrica<\/em>, \u00bfti tam\u00e9n cres que son malos tempos para a cultura, en xeral? Ou es optimista nese eido?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Unha pregunta interesante e complexa para responder esta, xa que ten d\u00faas caras. A primeira \u00e9 cando amas o que fas e o xeito no que esa paix\u00f3n te domina, daquela, m\u00f3vete o optimismo e as t\u00faas esperanzas de que ser\u00e1 posible e que vas acadar o que persegues. A segunda cara \u00e9 a real, que se produce cando se vende arte que non \u00e9 arte. Plat\u00f3n dic\u00eda que <em>a beleza \u00e9 amor materializado<\/em>. Na arte tes que entr\u00e9galo todo, \u00e9 un constante morrer e renacer en cada creaci\u00f3n, e estamos atravesando por momentos nos que a creaci\u00f3n foi substitu\u00edda por copias ou falta de creaci\u00f3n, pola carencia de beleza. E, por iso, a arte est\u00e1 sufrindo nesta etapa da humanidade, e as\u00ed acontecen feitos negativos coma os seguintes: o mercado da arte \u00e9 infravalorado cunha competencia en series e de mala calidade, que se aproveita do pouco co\u00f1ecemento dos clientes que captan \u2013que actualmente van en aumento-, hai unha tendencia aos prezos baixos sen darlle importancia \u00e1 arte como tal, a competencia dos mercados asi\u00e1ticos que nada te\u00f1en que ver coa obra de autor, e iso vai contra o mercado do artista.<\/p>\n\n\n\n<p>Con todo, unha continua nese oc\u00e9ano das cores e os pinceis, navegando entre lenzos, brindando o mellor de min, morrendo e renacendo, e sempre con ese so\u00f1o aceso mant\u00e9ndome esperta.<\/p>\n\n\n\n<p>A poes\u00eda, pola s\u00faa parte, penso que actualmente goza de boa sa\u00fade, est\u00e1 chegando de xeito moi positivo \u00e1s novas xeraci\u00f3ns; hai un abano de oportunidades de participaci\u00f3n en certames e outras opci\u00f3ns no eido literario, que constit\u00faen elementos fundamentais para manter viva a palabra. A poes\u00eda sempre se considerou un x\u00e9nero de adeptos, e a\u00ednda que non deixou de selo, de certo, e ao seu favor, incrementou en n\u00famero deles e en posibilidades para as xeraci\u00f3ns m\u00e1is novas. Emporiso, non debemos esquecer que hai que madurar e seguir nun proceso continuo de aprendizaxe para dar o mellor de cada poeta, e ofrecer, daquela, unha boa poes\u00eda ao p\u00fablico ouvinte e\/ou lector.<\/p>\n\n\n\n<p>Por \u00faltimo, e non podo perder a ocasi\u00f3n de reivindicarme unha vez m\u00e1is e manifestarme a favor da muller na arte e na literatura. Disciplinas que a\u00ednda se gobernan e manexan por patriarcados e c\u00edrculos pechados, e nas que se nega unha equidade de condici\u00f3ns e oportunidades de visualizaci\u00f3n \u00e1 arte creada por mulleres. Resta moito cami\u00f1o por percorrer no \u00e1mbito da igualdade na cultura, e noutros campos en xeral. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"916\" height=\"934\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/PHOTO-2018-12-13-23-27-19.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4567\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/PHOTO-2018-12-13-23-27-19.jpg 916w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/PHOTO-2018-12-13-23-27-19-294x300.jpg 294w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/PHOTO-2018-12-13-23-27-19-768x783.jpg 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 916px) 100vw, 916px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Falemos algo de so\u00f1os, ou, mellor dito, de aspiraci\u00f3ns: \u00bfonde te ves amosando a t\u00faa arte?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ufff!!! como so\u00f1ar non custa nada e aspirar ao que se so\u00f1a tampouco, outra cousa \u00e9 que se cumpra o so\u00f1ado \u2013ri-, creo que que como calquera artista gustar\u00edame estar entre as m\u00e1is cotizadas do mundo (falamos desde un punto de vista cualitativo). Dicir o contrario ser\u00eda mentir. Coido que, dalg\u00fan xeito, perseguimos ser co\u00f1ecidos\/-as e reco\u00f1ecidos\/-as, a\u00ednda que eu desfruto do cami\u00f1o e sinto con plenitude a boa apreciaci\u00f3n do meu p\u00fablico. Por citar un nome, agradar\u00edame ser en vida como Lita Cabellut, non agardar a morrer para que outros fagan fortuna coa mi\u00f1a obra, e eu me vise privada de gozar mentres viv\u00eda do meu traballo e dos beneficios do mesmo. E nomeo a Lita Cabellut, non porque sexa unha artista de moda, nin moito menos, sen\u00f3n porque me identifico coa s\u00faa forza na s\u00faa loita, na s\u00faa paix\u00f3n pola arte, pola s\u00faa intensidade crom\u00e1tica, pola s\u00faa constancia e investigaci\u00f3n continua para reinventarse na s\u00faa obra e abrir portas \u00e1 fama e aos grandes mercados, onde a s\u00faa obra cotiza e se vende. So\u00f1o tam\u00e9n con ver a mi\u00f1a obra nos grandes museos de Espa\u00f1a e do resto do mundo, pasando por lugares coma M\u00f3naco, Par\u00eds, Venecia, Londres, Se\u00fal, Nova Yok, Miami, Dubai, Singapur, Hong Kong, entre outros. E que a mi\u00f1a persoa adquira, grazas \u00e1 mi\u00f1a arte, unha dimensi\u00f3n internacional. Coido que ao afirmar isto non estou negando o desexo que calquera pode chegar a ter nalg\u00fan momento da s\u00faa traxectoria vital e profesional. Son moi sincera ao dicilo tal e como sinto. A\u00ednda que tam\u00e9n son moi consciente do meu nivel de responsabilidade comigo mesma en manterme nunha preparaci\u00f3n e renovaci\u00f3n constantes, as\u00ed coma o compromiso de brindar sempre o mellor de min en cada pintura ou en cada poema.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>A\u00ednda sendo natalicia de Venezuela e, polo tanto, falante en castel\u00e1n, ao residir na Galiza fas a t\u00faa propia inmersi\u00f3n ling\u00fc\u00edstica no idioma galego. Como levas esa tarefa de inmersi\u00f3n na t\u00faa escrita literaria?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Escribir en galego converteuse nun reto, xa que escribo poes\u00eda dende unha idade ben nova, ao igual que os meus inicios pict\u00f3ricos son contempor\u00e1neos co nacemento da mi\u00f1a ansia de plasmar palabras en papel. Pero neses comezos escrib\u00eda e sigo a facelo en castel\u00e1n, por iso falo do reto de expresarme en galego na fala e na escrita. E se a iso engadimos que o fac\u00eda e o fago nunha comunidade (pa\u00eds) que estaba deixando perder o seu idioma, a dificultade para min era maior. Sempre tiven a convicci\u00f3n de que un pa\u00eds que esquece e deixa podrecer as s\u00faas ra\u00edces, a s\u00faa cultura, os seus valores, p\u00e9rdese no baleiro e muda na copia de outros, sen identidade propia. Polo tanto, sent\u00edn unha fonda motivaci\u00f3n de formar parte desa loita por salvar o idioma galego. \u00c9 o m\u00ednimo que podo facer ao sentirme adoptada con agrado por Galicia e a s\u00faa xente. De feito, s\u00edntome c\u00f3moda tanto falando coma escribindo, mais tam\u00e9n sei que falta moito por mellorar: a mi\u00f1a investigaci\u00f3n nesta lingua de acollida e o intento de perfeccionarme no seu uso \u00e9 constante. &nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Tes en conta a inspiraci\u00f3n como fonte fundamental para o teu proceso creativo?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A inspiraci\u00f3n habita en min as 24 horas do d\u00eda sen que pareza unha afirmaci\u00f3n esaxerada. Non \u00e9 incerto cando se fala do artista que esperta pola madrugada porque se lle ocorreu unha idea ou se lle presentou a inspiraci\u00f3n. Por iso ratifico que no meu caso ata durmindo me sorprende a musa inspiradora, e xa non me deixa continuar co sono ata que plasmo fisicamente a idea ou oconcepto, a\u00ednda que despois precise dun maior desenvolvemento do mesmo. Opino que&nbsp; o proceso creativo nace da inspiraci\u00f3n e que o poder de creaci\u00f3n en si mesmo, que habita nas cousas, lugares e situaci\u00f3ns m\u00e1is inh\u00f3spitas ou nas m\u00e1is belas , \u00e9 unha dicotom\u00eda persistente entre a mi\u00f1a vida e a mi\u00f1a obra. Dalgunha forma sinto que me consome porque entrego abondo de min en cada creaci\u00f3n art\u00edstica, quedando sempre algo ou moito de min en cada unha delas.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Que preguntas desexar\u00edas que che tivese feito? Daquela, form\u00falaa ti mesma e resp\u00f3ndea.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Gustar\u00edame que fixeras unha pregunta que estimo vital para un artista:<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\"><li>Que \u00e9 a arte para ti?<\/li><\/ul>\n\n\n\n<p>&nbsp;E dir\u00edache que \u00e9 un modo de concibir, de ver e sentir a vida. A arte vai m\u00e1is al\u00f3 do meramente tanxible. A arte \u00e9 unha empat\u00eda polo mundo, pola vida. Leva en si unha enorme carga \u00e9tica, de fundamentos e de compromiso. \u00c9 complicado e tan simple \u00e1 vez. O absurdo \u00e9 que sempre idealizamos a arte, pretendemos illala e facela individual. E iso, ao meu modo de ver, conv\u00e9rtea en algo que non \u00e9 arte.<\/p>\n\n\n\n<p>Finalmente, tam\u00e9n ter\u00eda desexado afondar m\u00e1is na faceta da poeta. Xa haber\u00e1 outra continxencia que permita abordar ese tema tan amplo e longo para unha primeira conversa.<\/p>\n\n\n\n<p>Agradecida por esta entretida entrevista que me fixo revivir no meu morrer constante e na liberdade de ser.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8220;Tanto a mi\u00f1a poes\u00eda como&nbsp;a mi\u00f1a pintura poder\u00edan levar adheridos os cualificativos de explosiva, critica, manifestante, reivindicativa&#8221; Un fulgor na mirada que escudri\u00f1a mundos, a palabra sempre disposta no limiar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,6,370,1],"tags":[],"class_list":["post-4553","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-novas","category-parladoiro-con","category-xeral"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4553","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4553"}],"version-history":[{"count":15,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4553\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4588,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4553\/revisions\/4588"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4553"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4553"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4553"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}