{"id":4169,"date":"2018-08-27T13:39:23","date_gmt":"2018-08-27T12:39:23","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=4169"},"modified":"2018-08-27T13:39:23","modified_gmt":"2018-08-27T12:39:23","slug":"a-lareira-de-sonos-prepara-unha-campana-de-crowdfunding-para-salvar-os-frescos-dos-vilares-por-anton-de-guizan","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=4169","title":{"rendered":"A LAREIRA DE SO\u00d1OS PREPARA UNHA CAMPA\u00d1A DE CROWDFUNDING PARA SALVAR OS FRESCOS DOS VILARES, por Ant\u00f3n de Guiz\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p>A Asociaci\u00f3n Sociocultural Lareira de so\u00f1os dos Vilares (Guitiriz) lanzar\u00e1 a comenzos do pr\u00f3ximo ano unha campa\u00f1a de crowdfunding para salvar os frescos renacentistas da igrexa parroquial, que despois de ter reclamado \u00e1s diferentes administraci\u00f3ns, a s\u00faa restauraci\u00f3n e ser aprobada est\u00e1 na Comisi\u00f3n de Cultura do Parlamento Galego, at\u00f3pase a\u00ednda sen dotaci\u00f3n econ\u00f3mica para a execuci\u00f3n dunha traballos que xa contan con estudos t\u00e9cnicos.<\/p>\n<p>Catro anos de reuni\u00f3ns, visitas de t\u00e9cnicos e pol\u00edticos, iniciativas parlamentares e mesmo a reclamaci\u00f3n \u00e1 oficina do Valedor do Pobo, non serviron para que se tomar\u00e1 a decisi\u00f3n pol\u00edtica de dotar de orzamento unha actuaci\u00f3n que salve unhas pinturas murais de m\u00e1is de 500 anos que se atrib\u00faen ao Mestre de Parga e que os especialistas consideran de grande calidade e valor hist\u00f3rico.<\/p>\n<p>A degradaci\u00f3n sofrida polas pinturas desde o seu descubrimento en 1992 e o risco de desaparici\u00f3n definitiva, obr\u00edganos a ter que asumir desde a Lareira de so\u00f1os a responsabilidade de salvar as pinturas pola falta de sensibilidade institucional e acadar, polo menos os cartos necesarios para consolidar o estado actual das pinturas e evitar que se sigan degradando at\u00e9 a desaparici\u00f3n definitiva.<\/p>\n<p>A campa\u00f1a de mecenado social comenzar\u00e1 no mesmo de febreiro de 2019 co nome de FRESCOS DOS VILARES, CINCO S\u00c9CULOS DE N\u00d3S. Contaremos con un dese\u00f1o de imaxe da artista Viki Rivadulla, un spot para as redes sociais, pancartas para a as festas da Pascua, a implicaci\u00f3n de persoeiros da cultura e da sociedade, xornadas profesionais, sorteos, campa\u00f1as informativas e de sensibilizaci\u00f3n e visitas guiadas \u00e1 igrexa e a contorna da mesma.<\/p>\n<p>Asimesmo, editarase un folleto informativo sobre o patrimonio relixioso dos Vilares para veci\u00f1os e visitantes arredor da historia dunha igrexa que ten as s\u00faas orixes no s\u00e9culo XII e que adem\u00e1is dos frescos, conta con tres importantes retablos, un sartego, un calvario (leva sete meses rompido e sen reparar) unha caliveras singulares na entrada do vello camposanto e unhas fant\u00e1sticas p\u00edas nun conxunto \u00fanico no lugar da emblem\u00e1tica Romar\u00eda dos Desamparados que se celebra pola Pascua.<\/p>\n<p>Adem\u00e1is do anteproxecto presentado pola Lareira de so\u00f1os \u00e1s diferentes instituci\u00f3ns, Patrimonio da Xunta de Galicia ten encargado o proxecto de execuci\u00f3n, polo que resulta incomprens\u00edbel que as diferentes instituci\u00f3ns (Igrexa, Concello, Deputaci\u00f3n e Xunta) non sexan quenes de acadar un acordo econ\u00f3mico por unha cantidade inferior a cen mil euros (valoraci\u00f3n econ\u00f3mica dos traballos) para salvar e po\u00f1er en valor este importante ben patrimonial.<\/p>\n<p>Si adem\u00e1is temos en conta o paso do Cami\u00f1o de Santiago polo Concello de Guitiriz a xustificaci\u00f3n deste investimento faise m\u00e1is que evidente \u00e1 hora de sumar atractivos na segunda parroquia de Guitiriz en habitantes e lugar de orixe do poeta D\u00edaz Castro.<\/p>\n<p>FRESCOS DOS VILARES, CINCO S\u00c9CULOS DE N\u00d3S, ser\u00e1 pois, o eixo central da nosa actividade p\u00fablica o pr\u00f3ximo ano e as distintas acci\u00f3ns sociais e culturais a desenvolver estar\u00e1n vinculadas a esta campa\u00f1a, non s\u00f3 para acadar os fondos necesarios, sen\u00f3n tam\u00e9n para informar e sensibilizar arredor da importancia destas pinturas.<\/p>\n<p>Os Vilares, lareira de so\u00f1os<br \/>\n<a href=\"mailto:dosvilares@gmail.com\">dosvilares@gmail.com<\/a><br \/>\n+34 662 183 149<br \/>\n<a href=\"http:\/\/www.facebook.com\/osvilares\">www.facebook.com\/osvilares<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Asociaci\u00f3n Sociocultural Lareira de so\u00f1os dos Vilares (Guitiriz) lanzar\u00e1 a comenzos do pr\u00f3ximo ano unha campa\u00f1a de crowdfunding para salvar os frescos renacentistas da igrexa parroquial, que despois de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4170,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,6,1],"tags":[],"class_list":["post-4169","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-autoresas","category-novas","category-xeral"],"jetpack_featured_media_url":"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/FRESCOS-DOS-VILARES.jpg","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4169","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4169"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4169\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4171,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4169\/revisions\/4171"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/4170"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4169"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4169"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4169"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}