{"id":3703,"date":"2018-05-29T13:11:26","date_gmt":"2018-05-29T12:11:26","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=3703"},"modified":"2018-05-29T13:11:26","modified_gmt":"2018-05-29T12:11:26","slug":"corazon-de-canteria-por-anton-de-guizan","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=3703","title":{"rendered":"CORAZ\u00d3N DE CANTER\u00cdA, por Ant\u00f3n de Guiz\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: left;\">\u00c9 moita a xente que relaciona a parroquia dos Vilares co seu veci\u00f1o m\u00e1is importante, o poeta Xos\u00e9 Mar\u00eda D\u00edaz Castro ou pola <img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3704\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/CORAZ\u00d3N-DE-CANTER\u00cdA1-300x225.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/CORAZ\u00d3N-DE-CANTER\u00cdA1-300x225.jpg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/CORAZ\u00d3N-DE-CANTER\u00cdA1-510x382.jpg 510w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/CORAZ\u00d3N-DE-CANTER\u00cdA1.jpg 640w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>tradici\u00f3n do oficio dos trapeiros e trapeiras, pero son menos as persoas que relacionan \u00e1 segunda parr\u00f3quia de Guitiriz con outro dos seus oficios m\u00e1is representativos, o de canteiro. A\u00ednda que o concello ten creado hai pouco tempo o roteiro da pedra e D\u00edaz Castro que relaciona estes importantes simbolos, o certo \u00e9 que pouco se ten escrito deste feito a pesares de ser as penas unha parte fundamental da paisaxe vilarega, como coraz\u00f3ns que saen do corpo da terra. A m\u00edtica Pena de Rold\u00e1n \u00e9 a m\u00e1is co\u00f1ecida entre centos e que forma parte das lendas da Galicia Encantada de Antonio Reigosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Ra\u00fal R\u00edo xuntou a pedra e a poes\u00eda de D\u00edaz Castro esculpindo o busto do poeta nas Reixas e gravando a cincel as figuras de Castelao e do demo na Pena da Grallas.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Genaro P\u00e9rez e Yasmina Seijas contan no seu libro sobre as pegadas da cultura e a natureza en Guitiriz que entre os anos 40 e 60 do pasado s\u00e9culo, Os Vilares contaba con 50 dos 92 canteiros de todo o concello e 10 de 26 carreteiros mentras que Parga apenas contaba con sete a pesares de ter unha sona debida a que ate mediados dos 40 era capital do concello e posiblemente tam\u00e9n \u00e1s canteiras de granito al\u00ed existentes. Estas cifras dan unha idea real da importancia deste oficio non s\u00f3 na parr\u00f3quia sen\u00f3n no conxunto da comarca, pois o seu traballo trascend\u00eda f\u00f3ra dos limites dos Vilares. Na mem\u00f3ria quedan<br \/>\na\u00ednda grandes canteiros vilaregos como FranciscoPrieto Miragaya, da casa de Sopr\u00f3n,\u00a0 Manuel de Reburdi\u00f1os, Xos\u00e9 Pena, Eustaquio de Castro\u00a0(autor das caliveras do vello camposanto), Alvaro de Drada, Pepe de Nov\u00e1s, Emilio da Tolda, e m\u00e1is recentemente Luis de Farruquete ou o co\u00f1ecido Xavier Quijada, orixinario doutra terra chairega de canteiros, Donalbai de Begonte. A pedra de Guitiriz est\u00e1 presente no mosteiro de Sobrado, no pante\u00f3n dos Andrade, no Centro Galego da Habana ou no edificio do Banco de Espa\u00f1a da Coru\u00f1a. Tam\u00e9n o xenial Gaud\u00ed contou con granito (e canteiros) do lugar para moitos elementos da monumental Sagrada Familia en Barcelona.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Foron tam\u00e9n canteiros dos Vilares con pedra da Pena do monte do Viso, entre eles greg\u00f3rio, av\u00f3 de Ra\u00fal de R\u00edo (trapeiro de Honra 2018) os que construiron a s\u00faa obra social e educativa m\u00e1is importante para os veci\u00f1os, a escola Habaneira da Conchada coa iniciativa e aportaci\u00f3n econ\u00f3mica dos emigrantes en Cuba e que con 95 anos de existencia conserva a\u00ednda en b\u00f3 estado a s\u00faa estructura. Mudaron os tempos e os oficios, as novas tecnolox\u00eds sustituiron \u00e1s vellas ferramentas e os novos materiais de construcci\u00f3n incorporaronse \u00e1 vida diaria, m\u00e1is a arte e o oficio pervive a\u00ednda en alg\u00fans deses homes rexos como o granito da pena das Aparracelas, un esp\u00edritu daqueles\u00a0canteiros-artistas que est\u00e1 a ser protexido pola Asociaci\u00f3n Cultural Xermolos nos talleres e inicitivas que desenvolve para que o noso pasado siga a ser a columna de pedra que sostente o noso futuro. Esculturas, cruceiros, palleiras, pozos, casas, mu\u00ed\u00f1os, pontes, lavadoiros, capelas, igrexas, etc, son hoxe testemu\u00f1as silenciosas do b\u00f3 facer destes artistas da pedra na s\u00faa parr\u00f3quia, porque Os Vilares ten coraz\u00f3n de canter\u00eda&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>*Imaxes:<\/p>\n<p>-Pena das Aparracelas nos Ramos<\/p>\n<p>-Detalle de cruceiro do Calv\u00e1rio das Reixas<\/p>\n<p>Ant\u00f3n Tenreiro Ferreiro<br \/>\nANT\u00d3N DE GUIZ\u00c1N<br \/>\n<a href=\"mailto:antontenreiro@gmail.com\">antontenreiro@gmail.com<\/a><br \/>\n<a href=\"http:\/\/www.blogoteca.com\/antonte\/\">www.blogoteca.com\/antonte\/<\/a><br \/>\n+34 662 183 149<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 moita a xente que relaciona a parroquia dos Vilares co seu veci\u00f1o m\u00e1is importante, o poeta Xos\u00e9 Mar\u00eda D\u00edaz Castro ou pola tradici\u00f3n do oficio dos trapeiros e trapeiras, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3705,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,1],"tags":[],"class_list":["post-3703","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-xeral"],"jetpack_featured_media_url":"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/CORAZ\u00d3N-DE-CANTER\u00cdA2.jpg","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3703","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3703"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3703\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3706,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3703\/revisions\/3706"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/3705"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3703"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3703"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3703"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}