{"id":3693,"date":"2018-05-28T14:08:53","date_gmt":"2018-05-28T13:08:53","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=3693"},"modified":"2018-05-28T14:08:53","modified_gmt":"2018-05-28T13:08:53","slug":"edificio-do-arquivo-de-galicia-en-betanzos-por-maria-b-veres","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=3693","title":{"rendered":"EDIFICIO DO ARQUIVO DE GALICIA EN BETANZOS, por Mar\u00eda B. Veres"},"content":{"rendered":"<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3694\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/IMG_20180528_123333-300x169.png\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"169\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/IMG_20180528_123333-300x169.png 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/IMG_20180528_123333-768x433.png 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/IMG_20180528_123333-1024x577.png 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/IMG_20180528_123333.png 1064w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>O edificio do Arquivo de Galicia de Betanzos, co\u00f1ecido na actualidade como edificio do Liceo, foi construido para os fins de arquivo de Galicia en 1764 sobre un proxecto do enxe\u00f1eiro militar Feliciano M\u00edguez y Pereira. Recibe o nome de Edificio Arquivo ao ser sufragado polas sete provincias do Reino de Galicia (entre as que contou Betanzos at\u00e9 1834) co obxecto de ser Arquivo da Real Audiencia sendo con todo un dos edificios civ\u00eds m\u00e1is importantes da cidade e mesmo do estado, pois foi o primeiro edificio destas caracter\u00edsticas en Espa\u00f1a, a\u00ednda que non chegou a albergar nunca as actividades proxectadas. Hoxe \u00e9 co\u00f1ecido co nome de Liceo popularmente porque chegou a albergar ao Liceo recreativo de artes\u00e1ns desde mediados do s\u00e9culo XIX. Adem\u00e1is do Liceo chegou a acoller numerosas e variadas actividades, sendo hoxe un edificio administrativo do concello e tendo, adem\u00e1is de despachos e oficinas, sal\u00f3n multiusos, salas de exposici\u00f3ns, oficina de turismo etc\u2026<\/p>\n<p>Moi de estilo daquel tempo e con claras influencias neocl\u00e1sicas e dos gostos militares da \u00e9poca, a grande variante arquitect\u00f3nica neste edificio foi, non sabemos si por encargo ou propia iniciativa, as sete naves abovedadas que representaban \u00e1s sete capitais galegas e que adem\u00e1is da orixinalidade e simbolismo, supuxeron posiblemente o posterior derrubamento casi douscentos anos despois de grande parte do emblem\u00e1tico edificio.<\/p>\n<p>Segundo o artigo de Xos\u00e9 Raimundo N\u00fa\u00f1ez Lendoiro titulado \u201cel teatro de la Ciudad\u201d, o edificio chegou a albergar numerosos usos desde a s\u00faa construcci\u00f3n e nunca o de arquivo, entre eles os de \u201ccuartel, escuela, alh\u00f3ndiga p\u00fablica, cuadra de posta, sede de sociedades (Tertulia, Circo, Tertulia-Circo, Liceo Recreativo de Artesanos), sala de fiestas,tabernas y cafeter\u00edas\u201d e mesmo na s\u00faa fachada, at\u00e9 pasar a ser sede municipal figurou un letreiro que po\u00f1\u00eda \u201cTEATRO DE LA CIUDAD\u201d.<\/p>\n<p>A orixe do Arquivo do Reino de Galicia data da Real C\u00e9dula emitida polo Rei Carlos I con data de 3 de febrero de 1529 e unha Real provisi\u00f3n da Ra\u00ed\u00f1a Juana I con data do 1 de marzo de 1543, cando se ordenou a salvagarda e custodia dos procedementos da Real audiencia de Galicia, un organismo creado polos reis Cat\u00f3licos mediante varias disposici\u00f3ns a partires de 1480. O seu inicio formal data da Real c\u00e9dula de Carlos III de 22 de Outubro de 1775, cando se crea o Arquivo, asignandolle tam\u00e9n personal e normas de funcionamento, e para esto ordenouse a construcci\u00f3n do edificio para Arquivo en Betanzos a fin de ret\u00edralo dos baixos da Real Audiencia.<\/p>\n<p>O edificio constaba de sete b\u00f3vedas con sete chaves, tantas como provincias ti\u00f1a o Reino de Galicia, unha por provincia, entre as casi estaba a de Betanzos. Sen embargo, nunca chegou a realizar o seu cometido fundacional por un decreto que obrigou o traslado do arquivo \u00e1 cidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>O edificio esta situado na Praza dos Irmaos Garc\u00eda Naveira, antiga Praza do Campo. Ten duas prantas e unha lonxitude na fachada principal duns 50 mts. e un ancho nos laterais de 25 mts. En disposici\u00f3n rectangular en duas alturas. Coa fachada principal de canter\u00eda, a disposici\u00f3n xeral do edificio articulase en basamento, corpo principal e cornisa. Ten o acceso pola primeira pranta a trav\u00e9s dunha dobre escaleira de pedra exterior. A fachada principal conta con un tragaluz oval e o escudo de Galicia tam\u00e9n en pedra e os desaugues do teito en forma de g\u00e1rgolas.<\/p>\n<p>Ti\u00f1a un paseo arredor do que s\u00f3 se conservan a parte traseira e unha lateral co\u00f1ecida hoxe como Alameda, conserv\u00e1ndose os peares que sosti\u00f1an as portas as\u00ed como p\u00e9treos pebeteiros nas esquinas e alg\u00fan m\u00e1is entre estes.<\/p>\n<p>O 6 de xaneiro de 1948 desplomouse unha ala do edificio e parte do muro orixinal, que foron reconstruido pero xa sen as\u00a0 b\u00f3vedas interiores.<\/p>\n<p>Actualmente, ag\u00e1s as escaleiras interiores que se unen coas exteriores mediante un descanso, \u00e9 o \u00fanico que queda da parte interior do edificio orixinal, que conserva sin embargo no exterior moita da grandeza orixinal.<\/p>\n<p>O proxectista, o enxe\u00f1eiro militar Feliciano Miguez y Pereira, fixo os planos do edificio en 1765, de estilo neocl\u00e1sico. Miguez proxectou tam\u00e9n o edificio de Capitan\u00eda General da Coru\u00f1a. O edificio do Arquivo\u00a0 costou 800.000 re\u00e1s da \u00e9poca, recadados gravando o consumo de sal e vi\u00f1o con impostos durante 10 anos. Miguez dese\u00f1ou as sete naves abovedadas recubrindo a parte superior das b\u00f3vedas de pedra, seguramente para evitar o uso de madeira e aminorar os riscos de incendios, sometendo a estrutura a un enorme peso e segundo contan provocando en 1948 o derrubo do muro da ala esquerda.<\/p>\n<p>En 1921, sendo o Liceo o ocupante do edificio, o reputado arquitecto Rafael Gonzalez Villar, que acometeu diversas obras en Betanzos para os irmaos Garc\u00eda Naveira, acomete reformas conxuntamente coas do cine Alfonsetti. Reforma a porta e o vest\u00edbulo, con unha tendencia ecl\u00e9ctica, con certo barroquismo pero sen romper coa unidade est\u00e9tica do edificio. Crea un vest\u00edbulo que exerce\u00a0 de centro sim\u00e9trico e referencial do edificio desde o cal se distribuen as distintas dependencias. Busca un efecto suntuoso con unas amplas escaleiras de m\u00e1rmol branco e motivos decorativos en estucados moi proprios da s\u00faa primeira etapa. Gusta de pequenos detalles decorativos facendo do hall e a escaleira o centro e a centralidade do edificio e coa porta, en dese\u00f1o de ferro fundido con motivos arquitect\u00f3nicos, que pretenden tam\u00e9n buscar ese reclamo da centralidade desde o exterior.<\/p>\n<p>O uso orixinal que nunca chegou a ter o edificio do Arquivo, deu lugar a m\u00faltiples usos adaptados \u00e1 disposici\u00f3n arquitect\u00f3nica do mesmo sin apenas modificaci\u00f3ns estructurais at\u00e9 producirse o derrubo das b\u00f3vedas e o muro esquerdo. O paso do tempo e o cambio de propiedade e usos motivou a s\u00faa rehabilitaci\u00f3n a finais do s\u00e9culo XX. A volta ao seu estado anterior viuse pr\u00e1cticamente impos\u00edbel tanto pola inviabilidade econ\u00f3mica como polos servizos que deb\u00eda prestar a partires de entonces. Non se pod\u00eda facer revivir o pasado tal cual era. A duraci\u00f3n da realidade cultural est\u00e1 cifrada non na duraci\u00f3n da materia, sen\u00f3n nos significados socias atribuibeis a esas materialidades e que permanecen na memoria, pero eses significados non son un conxunto est\u00e1tico de datos suscept\u00edbeis de recuperarse, sen\u00f3n un proceso do recordo que os fai presentes, o que deixa os conceptos nun cami\u00f1o intermedio, nunha concepci\u00f3n din\u00e1mica do significado, que se entende radicalmente marcado pola temporalidade, o cal non significa de ning\u00fan modo que sexa algo arbitrario, pois xoga dentro dun campo limitado de posibilidades. A restauraci\u00f3n dos significados, a duraci\u00f3n do cultural, non \u00e9 pois unha continuidade id\u00e9ntica co pasado, a recuperaci\u00f3n de algo xa dado, pero tampouco pode ser unha invenci\u00f3n, sen\u00f3n que se atopa nese medio cami\u00f1o no que os autores xustificaron a s\u00faa intervenci\u00f3n. As\u00ed, o edificio orixinal mant\u00e9n a estructura exterior pr\u00e1cticamente id\u00e9ntica \u00e1s orixes nunha impresionante imaxe hist\u00f3rica, proba visual da grandeza do pasado da vila, capital dunha das sete provincias do reino de Galiza, si ben no interior nada lembra xa aquel pasado.<\/p>\n<p>Foi o arquitecto Rafael Gonz\u00e1lez-Cebri\u00e1n Tello o encargado, baixo estes preceptos de recuperar o edificio por encargo do Concello e que manifestou ao respecto do dese\u00f1o orixinal o seguinte: \u201cA \u00fanica culpa\u00a0 do sucedido co derrubo, foi do arquitecto. O edificio estaba dividido en sete naves abovedadas e a parte superior de cada b\u00f3veda cuberta de pedras, o peso era inmenso e o muro que contrarrestaba na ala esquerda o empuxe das b\u00f3vedas xa estaba debilitado e sen ning\u00fan informe que advertira dese feito anterior \u00e1s mi\u00f1as observaci\u00f3ns. A falta de cartos impideu solucionar o problema a tempo. Cecais foi mellor as\u00ed porque a reconstrucci\u00f3n debeu ser total e aca\u00edda aos novos usos. Puido caer polo efecto de desgaste da choiva ou por un simple portazo, non pod\u00eda resistir as\u00ed moito tempo, polo menos a nave lateral, xa condenada. Para min, repito, a causa foi o se\u00f1or Miguez y Pereira. As\u00ed e todo, a fachada, un lateral e os accesos principais non sofreron desperfectos e poderanse manter \u00edntegros nas obras de restauraci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>Mant\u00e9n o simbolismo m\u00e1is mudou de usos e estructura arquitect\u00f3nica orixinal no interior onde alberga un espazo moderno e funcional, con un teito con lucernarios e espazos multiusos con ascensores para a accesibilidade e perda evidente do encanto de anta\u00f1o, sacrificado para adaptalo a novas funci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Segundo resume o historiador Mart\u00ednez Santiso \u201cAcaso este edificio sea el \u00fanico construido en Espa\u00f1a expresamente para\u00a0 archivo; pero por una de tantas aberraciones y anomal\u00edas, que en nuestra patria suceden, sirvi\u00f3 para todo menos para el objeto para el que fue destinado, sirvi\u00f3 de c\u00e1rcel, cuartel, almac\u00e9n, caballerizas, oficina, escuela de primeras letras, lugar de recreo, habitaciones particulares, hospital provisional, granero, alh\u00f3ndiga, local de espect\u00e1culos, y hasta hubo instaladas tabernas; mas nunca lleg\u00f3 ni a\u00fan a intentarse la traslaci\u00f3n del archivo a tal edificio\u201d.<\/p>\n<p>A diversidade funcional fixo que o edificio do arquivo, ao longo de m\u00e1is de 200 anos de vida, te\u00f1a pasado por diversas fases e formas culturais de ser entendido e utilizado. Esta explendida construcci\u00f3n, sigue con uso e vida activa e da s\u00faa funci\u00f3n orixinaria conserva a\u00ednda o nome como testemu\u00f1a dunha parte importante da hist\u00f3ria de Betanzos, de Galiza e da s\u00faa relevancia no estado, e testemu\u00f1a tam\u00e9n da evoluci\u00f3n dos \u00faltimos douscentos anos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>CONCLUSI\u00d3NS:<\/p>\n<p>O edif\u00edcio do Arquivo do Reino de Galicia de Betanzos, concebido para un uso concreto e dese\u00f1ado a tal fin polo enxe\u00f1eiro militar Feliciano Miguez y Pereira foi o primeiro edif\u00edcio p\u00fablico das suas caracter\u00edsticas no estado. O dese\u00f1o coas sete naves con bovedas de pedra manti\u00f1an tam\u00e9n unha forte carga simb\u00f3lica e representativa das sete capitais galegas. O dese\u00f1o s\u00f3brio e robusto de estilo neocl\u00e1sico, moi do gusto militar da \u00e9poca non limitaba a s\u00faa grandiosidade. Circjnstancias pol\u00edticas levaron a que un inmoble concebido para un uso tan espec\u00edfico chegase a acoller entre as suas paredes moitas outras funcionalidades, moi d\u00edspares unhas das outras at\u00e9 o seu derrubamento parcial en 1948. Pr\u00e9vio \u00e1 remodelaci\u00f3n provocada polo desplome, s\u00f3 tivo unha intervenci\u00f3n estrutural a cargo do admirado arquitecto modernista Rafael Gonz\u00e1lez Villar en 1921 autor de numerosas construcci\u00f3ns na mesma vila hoxe verdadeiros monumentos dignos de estudio. A intervenci\u00f3n de Gonz\u00e1lez Villar supuxo a construcci\u00f3n da escaleira interior e o descanso entre esta e a exterior en marmol branco que imprimiu ao edif\u00edcio unha not\u00e1vel elegancia visual\u00a0 e a porta principal de ferro fundido as\u00ed como o axardinamento exterior hoxe desaparecido. Tanto o aspecto exterior orixinal do edif\u00edcio como a intervenci\u00f3n de Gonz\u00e1lez Villar en 1921 siguen a ser o m\u00e1is rese\u00f1able da construcci\u00f3n unha vez desaparecido o teito abovedado e as sete naves interiores. A adaptacion posterior aos actuais usos, audit\u00f3rio ou sala multiusos, salas de expisici\u00f3ns, oficina de turismo, despachos e salas administrativas, non aportaron nada novidoso desde o punto de vista arquitect\u00f3nico nin salientabel desde o punto de vista do dese\u00f1o. O actual edif\u00edcio sigue destacando polo seu grandioso aspecto exterior, a fachada em pedra coa grande escalinata, as g\u00e1rgolas de desaugue e a escaleira interior de Gonz\u00e1lez Villar. Nin o audit\u00f3rio, non as reformas interiores te\u00f1en m\u00e1is relevancia que as de calquera outra oficina ou sala multiusos polivalente nin o arquitecto aproveitou a posibilidade de dotar ao edif\u00edcio con unha aportaci\u00f3n destacada con un lucernario que foi creado posiblemente con unha evidente escaseza de recursos na reforma. O edif\u00edcio representou desde o seu in\u00edcio unha oportunidade perdida e o derrubamento, que concedeu, ao ter que proceder a un dese\u00f1o partindo de cero segundo o pr\u00f3prio arquitecto Cebri\u00e1n Gonz\u00e1lez-Tello, outra grande oportunidade perdida desde o punto de vista arquitect\u00f3nico ainda que, por sorte, o actual uso, contribue \u00e1 s\u00faa vixencia e conservaci\u00f3n. O caso do edif\u00edcio do Liceo \u00e9 um exemplo claro dos condicionantes pol\u00edticos na construcci\u00f3n civil, no dese\u00f1o urbano e nos destinos destas edificaci\u00f3ns. Betanzos, unha vila con unha importante hist\u00f3ria arqueoloxico, medieval, e moderna, conta con un interesante convivio de estilos arquitect\u00f3nicos, civ\u00eds e deliciosos romanicos, g\u00f3ticos, neocl\u00e1sico ou modernistas. Unha riqueza moi importante da que o edif\u00edcio do Arquivo do Reino de Galicia \u00e9 unha das pezas m\u00e1is importantes. Como salientou o historiador \u00e9 arquivei municipal, Alfredo Erias Rodr\u00edguez &#8220;a riqueza do pasado foi moi agredida no \u00faltimo s\u00e9culo perdendose construcci\u00f3ns de grande relevancia consequ\u00eancia dunha especulaci\u00f3n pr\u00f3pria dun novo pailanismo pol\u00edtico&#8221;.<\/p>\n<p>Maria B. Veres<\/p>\n<p><a href=\"mailto:mariabveres@gmail.com\">mariabveres@gmail.com<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Bibliograf\u00eda:<\/p>\n<p>-Anuario de Betanzos N\u00ba 82- Arquivo do reino de Galicia en Betanzos.<\/p>\n<p>-Anuario de Betanzos. El teatro de la Ciudad, deXos\u00e9 Raimundo N\u00fa\u00f1ez Lendoiro.<\/p>\n<p>-Feliciano Miguez y Pereira y los Ingenieros militares de Betanzos.<\/p>\n<p>-Archivo hist\u00f3rico del Reino de Galicia, gu\u00eda del investigador, por Antonio gil Merino.<\/p>\n<p>-Arquivo do reino de Galicia, Cat\u00e1logo.<\/p>\n<p>-El Archivo de Galicia de Fco. J. Martinez\u00a0 Santiso.<\/p>\n<p>Orientaci\u00f3ns, Alfredo Erias Martinez.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3695\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/IMG_20180528_130755-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/IMG_20180528_130755-300x200.jpg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/IMG_20180528_130755.jpg 615w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>*Mar\u00eda B.Veres (12\/09\/1995)<\/p>\n<p>Cursa estudos de dese\u00f1o de interiores na escola Ram\u00f3n Falc\u00f3 do campus de Lugo da USC. \u00c9 tam\u00e9n monitora de tempo libre e realizadora de diversos proxectos audiovisuais, alg\u00fan deles En colaboraci\u00f3n coa Asociaci\u00f3n Socio-Cultural Lareira de so\u00f1os dos Vilares. Ten ra\u00edces familiares nos Vilares.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O edificio do Arquivo de Galicia de Betanzos, co\u00f1ecido na actualidade como edificio do Liceo, foi construido para os fins de arquivo de Galicia en 1764 sobre un proxecto do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3696,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,6,1],"tags":[],"class_list":["post-3693","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-autoresas","category-novas","category-xeral"],"jetpack_featured_media_url":"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/IMG_20180528_123304.png","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3693","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3693"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3693\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3697,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3693\/revisions\/3697"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/3696"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3693"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3693"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3693"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}