{"id":2331,"date":"2017-10-24T17:26:57","date_gmt":"2017-10-24T16:26:57","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=2331"},"modified":"2017-10-24T23:32:06","modified_gmt":"2017-10-24T22:32:06","slug":"os-nomes-da-terra","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=2331","title":{"rendered":"Os nomes da terra"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify\">Se vou, como fago de cando en cando, desde a casa onde nac\u00edn ata a Castro de Zo\u00f1\u00e1n, apenas un quil\u00f3metro de distancia, te\u00f1o que elaborar un mapa mental e rotulalo cunha morea de nomes propios que identifican a contorna do cami\u00f1o que te\u00f1o que pisar. Saio da casa de Ambrosio, de Carreiras ou a do Caminero, que est\u00e1 cabo doutras (de Xan do Campo, de Cabanas, de Patricio) no lugari\u00f1o do Campo, un dos once n\u00facleos que conforman (a maior\u00eda deshabitados) Zo\u00f1\u00e1n. \u00a0E sigo a orde pola que van aparecendo a dereita e esquerda leiras, prados, sebes, valados&#8230; e digo Sucampo, O Carballi\u00f1o, O Camichao, A Cova, A Areosa, A Zarralla, As C\u00e1rcuas (as largas e as curtas), As Vali\u00f1as, O Couteiro, A Antigua, O Castro de Riba, A Costa Vella, O Carballo do Rego para, unha vez que cruzo o rego que se apelida como a aldea, e que corre cara as casas de San Cristovo, chegar \u00e1 Croa que \u00e9 como se chama de seu a coroa do castro que quero visitar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Se fixese a viaxe por outro cami\u00f1o os nomes ser\u00edan diferentes, e se andase todos os cami\u00f1os do meu territorio da infancia xuntar\u00eda centos, pode que miles destes nomes e con eles rememorar\u00eda outros de propietarios, usos, orograf\u00eda, arboredo &#8230; Canta riqueza a pesar de que esquezo os nomes propios particulares que se lles asignan a algunhas das parcelas por raz\u00f3ns de tipo familiar, de herdanza, de compra ou por outro motivo.Estes son os nomes da mi\u00f1a terra que \u00e9, coma todas, unha sucesi\u00f3n ininterrompida de microtop\u00f3nimos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Hai m\u00e1is de 40 anos publicouse na colecci\u00f3n O Moucho de Edici\u00f3ns Castrelos un libri\u00f1o de Celso de Bai\u00f3n (Xos\u00e9 M\u00aa \u00c1lvarez Bl\u00e1zquez) con este t\u00edtulo \u201cOs nomes da terra\u201d. Desde ent\u00f3n esta parte da onom\u00e1stica que estuda os nomes de lugar avanzou ata o punto de que hoxe en d\u00eda contamos con obras de m\u00e9rito da autor\u00eda de consumados especialistas como o desaparecido Nicandro Ares, ou como Carlos V\u00e1zquez Garc\u00eda, autor do monogr\u00e1fico \u201cToponimia do concello de Lugo\u201d, de edici\u00f3n recente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Xornada de Literatura de Tradici\u00f3n Oral, celebrada en Lugo o 21 de outubro, contamos coa presenza doutro reco\u00f1ecido especialista, Gonzalo Navaza, que nos falou dunha parte deses nomes. \u201cToponimia e lendas\u201d, un corpus inmenso derivado da intensa humanizaci\u00f3n, cando non dunha aut\u00e9ntica sacralizaci\u00f3n do noso territorio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Haber\u00e1, por tanto, ocasi\u00f3n para que relator e asistentes po\u00f1amos na palestra top\u00f3nimos vinculados ao imaxinario como poden ser aqu\u00ed na provincia de Lugo os de Ponte de Gat\u00edn, Triacastela, Pena Rold\u00e1n, Alegr\u00edn, Salto do Can &#8230; e tantos outros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A lenda do Demo e o \u201cgat\u00edn\u201d que lle d\u00e1 nome \u00e1 ponte de Liber (Becerre\u00e1) \u00e9 das m\u00e1is co\u00f1ecidas; a da orixe de Triacastela, \u201ctira ca estela\u201d, tam\u00e9n. Se cadra non o son tanto a orixe de Pena Rold\u00e1n, Os Vilares (Guitiriz), bautizado as\u00ed por este heroe cando pasou en persoa por al\u00ed, ou a de Alegr\u00edn, areal de Suegos (O Vicedo), onde houbo vila agora asolagada por maldici\u00f3n divina.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">En Saldanxe (A Pastoriza) hai un lugar que se chama Salto do Can. A n\u00f3s d\u00edxonos Bel\u00e9n Chao, de Breto\u00f1a, que hai xa moito tempo houbo unha loita entre cans e lobos, e un dos cans deu un salto tan grande que saltou por enriba de todos os demais. Puidera ser! Por que non!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>\u00a9 Antonio Reigosa<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Se vou, como fago de cando en cando, desde a casa onde nac\u00edn ata a Castro de Zo\u00f1\u00e1n, apenas un quil\u00f3metro de distancia, te\u00f1o que elaborar un mapa mental e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":25,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,1],"tags":[],"class_list":["post-2331","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-xeral"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2331","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/25"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2331"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2331\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2332,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2331\/revisions\/2332"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2331"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2331"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2331"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}