{"id":2305,"date":"2017-10-19T18:13:14","date_gmt":"2017-10-19T17:13:14","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=2305"},"modified":"2017-10-19T19:04:46","modified_gmt":"2017-10-19T18:04:46","slug":"palabras-con-memoria","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=2305","title":{"rendered":"Palabras con memoria"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Un d\u00edas atr\u00e1s o escritor Manuel Rivas dic\u00eda \u201cA memoria non ten que ver co pasado, ten que ver co co\u00f1ecemento\u201d. Reflexi\u00f3n moi certeira e necesaria pois, inclu\u00eddas as definici\u00f3ns ao uso que traen os dicionarios, soemos pensar que a memoria \u00e9 tan s\u00f3 unha facultade que permite reter mentalmente cousas pasadas. Pero non; a memoria, verbalizada, reflicte a percepci\u00f3n que temos do universo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Soe suceder que este vivir acelerado provoque que, sen decatarnos, esquezamos o son e a m\u00fasica de moitas desas palabras que foron e son arrolo no devir das nosas vidas, as\u00ed que para tratar de co\u00f1ecer, recuperar ou actualizar a memoria desas palabras preparamos a d\u00e9cima edici\u00f3n da Xornada de Literatura de Tradici\u00f3n Oral, a celebrar en Lugo o 21 de outubro e que leva por t\u00edtulo \u201cPalabras con memoria: top\u00f3nimos, ditos, frases, nomes \u2026 con historia\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A tal fin convocamos a reco\u00f1ecidas autoridades en toponimia, onom\u00e1stica, lexicograf\u00eda, fraseolox\u00eda e incluso a falantes dalgunha xerga para evocar esa memoria, esa sabedor\u00eda que atesouran as palabras que, tanto se as usamos coma se non, est\u00e1n impresas no noso mapa emocional e son ADN da nosa biograf\u00eda individual e colectiva. Boa parte do que sabemos est\u00e1 rexistrado a\u00ed, no disco duro da alma-esp\u00edrito das palabras.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por\u00e9n, a pesar do moito esquecido, seguimos vivindo rodeados de nomes cos seus significados. Os nomes da terra, dos cami\u00f1os, das plantas, das fontes e dos r\u00edos, das covas e das pedras, dos ventos e das estrelas, das n\u00e9boas, das monta\u00f1as ou do mar son rastros que deixamos. Os nomes dos obxectos, os dos males que padecemos, os nosos propios nomes e apelidos, inclu\u00eddos os alcumes, gardan historias que contar, nacidas unhas no lonxincuo esplendor das vellas culturas e outras no \u00edntimo da casa, aldea ou r\u00faa, con significados concretos, case secretos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Onde se chama Pena da Moura, un supo\u00f1er, \u00e9 seguro que hai un relato dun ser encantado chamado as\u00ed, Moura, que reside ou residiu por al\u00ed e que, se temos curiosidade, pode contarnos das crenzas relixiosas dos nosos tatarav\u00f3s. Onde lle din Fonte do Encanto, hai ou houbo \u201cencantados\u201d, e onde Pena da Vella a\u00ednda hai recordo dunha muller anci\u00e1, seguramente referido \u00e1 mesma divindade que lle presta o nome ao Arco da Vella.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Somos singulares porque cadaqu\u00e9n temos reservado en exclusiva un ou m\u00e1is nomes. Sabemos onde andamos e vivimos, o lugar que ocupamos, porque pisamos territorios nomeados. Socializ\u00e1monos compartindo unha lingua ou varias, \u00e1s veces un argot exclusivo dun gremio ou dun oficio; son moreas de palabras que ao pronuncialas ou escribilas revelan quen somos, que gustos temos e tam\u00e9n que territorios pisamos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para rematar perm\u00edtanme unha brincadeira. Tr\u00e1tase dun conto de ampla difusi\u00f3n. O protagonista \u00e9 un mozo que vai estudar f\u00f3ra. Cando regresa, xeralmente aos poucos d\u00edas pois \u00e9 de capacidades limitadas, ve ao pai traballando na eira cunha ferramenta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O mozo preg\u00fantalle ao pai: Pap\u00e1, como se chama iso? O pai, incr\u00e9dulo, responde: Xa non te acordas? Non! E di o pai: Ponlle o p\u00e9 enriba dos dentes! O mozo faino e, en consecuencia, recibe o golpe contundente do mango contra o propio dentame.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Agora si; xa ten memoria, e dixo: Carallo, anci\u00f1o, como me mancaches!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Un golpe de efecto simb\u00f3lico para activar a memoria desas nosas palabras \u00e9 o que pretendemos.<\/p>\n<p>\u00a9Antonio Reigosa<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un d\u00edas atr\u00e1s o escritor Manuel Rivas dic\u00eda \u201cA memoria non ten que ver co pasado, ten que ver co co\u00f1ecemento\u201d. Reflexi\u00f3n moi certeira e necesaria pois, inclu\u00eddas as definici\u00f3ns [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":25,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,1],"tags":[],"class_list":["post-2305","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-xeral"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2305","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/25"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2305"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2305\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2308,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2305\/revisions\/2308"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2305"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2305"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2305"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}