{"id":21670,"date":"2026-11-13T10:45:00","date_gmt":"2026-11-13T09:45:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=21670"},"modified":"2026-11-13T00:53:38","modified_gmt":"2026-11-12T23:53:38","slug":"arredor-de-nakba-de-patricia-torrado-queiruga","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=21670","title":{"rendered":"Arredor de&#8230; NAKBA, de Patricia Torrado Queiruga"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/Nakba-alvarellos-ed-2026.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"818\" height=\"1240\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/Nakba-alvarellos-ed-2026.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-21675\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/Nakba-alvarellos-ed-2026.jpg 818w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/Nakba-alvarellos-ed-2026-480x728.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) 818px, 100vw\" \/><\/a><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Imaxe tomada da web de Alvarellos Editora<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center wp-block-paragraph\" style=\"font-size:18px\">&#8220;<em>Para min esta obra non s\u00f3 foi un berro de loita con premio, foi a oportunidade de darlle voz a quen<\/em> <em>est\u00e1 en Palestina gritando mentres o mundo mira a outro lugar<\/em>&#8220;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center wp-block-paragraph\" style=\"font-size:18px\">&#8220;<em>Calquera tipo de arte debe remexernos dentro, facernos replantexar o mundo, facernos pensar. Iso era o que pretend\u00eda esta obra, meter a man no peito da persoa lectora, remexela dentro e que iso lle mudase a ollada&#8221;<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">P._ <strong>O primeiros versos de NAKBA din:<\/strong> <strong><em>O bisav\u00f3 colleitaba trigo\/ no ventre dunha terra\/ que esca\u00f1ara coas s\u00faas mans\u2026<\/em><\/strong> <strong>Que colleitamos agora no ventre desta terra que aldraxamos coa violencia das nosas mans?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">R._ S\u00f3 podemos colleitar vergo\u00f1a, complicidade, tristura e morte.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">P._ <strong>Lendo<\/strong> <strong>NAKBA percibo que a s\u00faa poes\u00eda vai m\u00e1is al\u00f3 desta<\/strong> <strong><em>cat\u00e1strofe<\/em><\/strong> <strong>nefanda que sup\u00f3n o xenocidio do pobo palestino. Talvez pretend\u00edas tam\u00e9n reflectir a desfeita do concepto contempor\u00e1neo de<\/strong> <strong><em>humanidade<\/em><\/strong><strong>?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">R._ U-la humanidade? Coido que hai xa moito que esa verba se espiu de significado. Dic\u00eda Hannah Arendt que a morte da empat\u00eda humana era un dos primeiros e m\u00e1is reveladores sinais dunha cultura a piques de caer na barbarie. E non \u00e9 isto no que estamos agora? Xente que non se doe dos seus semellantes por estaren noutras latitudes, a quil\u00f3metros dunha mesma, e cos que, ao non ter trato directo, desvencellamos dos mesmos medos, incertidumes, esperanzas ou dereitos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Adoito dicir que estamos nun tempo tan escuro e tan individualista que cando non nos quede con quen relacionarnos, non sendo coas intelixencias artificiais -por non valorar as naturais- teremos que inventar un xogo capitalista para volver reconectar coa calor humana e quedar\u00e1 dela algo m\u00e1is que feluxe?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/PHOTO-2026-11-12-19-34-50-2.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1530\" height=\"2040\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/PHOTO-2026-11-12-19-34-50-2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-21673\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/PHOTO-2026-11-12-19-34-50-2.jpg 1530w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/PHOTO-2026-11-12-19-34-50-2-1280x1707.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/PHOTO-2026-11-12-19-34-50-2-980x1307.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/PHOTO-2026-11-12-19-34-50-2-480x640.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1530px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">P._ <strong>O corpo deste poemario referencia no seu inicio e mais no seu remate a figura do<\/strong> <strong><em>bisav\u00f3.<\/em><\/strong> <strong>Unha celebraci\u00f3n da sabedor\u00eda dos nosos devanceiros? C\u00f3nstame que en ti hai moita desa aprendizaxe dos teus antecesores. Canto dela percorre os r\u00edos emocionais de NAKBA?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">R._Se algo temos en particular como especie \u00e9 que precisamos das demais para valernos, somos tribo sangu\u00ednea ou non. Menosprezar o heredado a nivel cultural, ling\u00fc\u00edstico ou emocional \u00e9 recomezar da nada. E non sei se estamos dispostas a ser t\u00e1bula rasa cos tempos que corren.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Unha das maneiras m\u00e1is atroces de erradicaci\u00f3n dunha poboaci\u00f3n comeza pola eliminaci\u00f3n das ra\u00edces. Hai unha imaxe que me fai trousar: arrincan oliveiras de Palestina, rouban o seu froito e logo agas\u00e1llano a outros pa\u00edses (o Concello de Madrid acaba de recibir estas semanas unha manchea de oliveiras como \u201cofrenda de irmandade con Israhel\u201d). Unha imaxe aterradoramente po\u00e9tica: arrincar os cad\u00e1veres do ventre de Palestina e deixalos \u00e1 porta dun concello c\u00f3mplice do xenocidio.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">P._ <strong>Este poemario desde a s\u00faa concepci\u00f3n \u00e9 unha voz coral, na que os teus versos en galego conviven e dialogan coas ilustraci\u00f3ns da artista Reem M Al-Arqan e o limiar do poeta Nasser Rabah, d\u00faas voces que berran coa s\u00faa arte, cos seus adentros desde o inferno creado sobre a s\u00faa terra de Gaza polo estado sionista de Israel. Tecer esa especie de rede art\u00edstica sup\u00f3n dalgunha maneira alimento para a esperanza de que a\u00ednda se poden avivar en n\u00f3s brasas de loita pola existencia dun mundo mellor? Cres que realmente inda \u00e9 pos\u00edbel esa esperanza?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">R._Tecer rede \u00e9 o que deberiamos facer cada unha de n\u00f3s sendo moi conscientes, como di un amigo meu s\u00f3 hai tres cousas que non te\u00f1en volta, a palabra dita, a pedra que guindas e a oportunidade que perdes. Para min esta obra non s\u00f3 foi un berro de loita con premio, foi a oportunidade de darlle voz a quen est\u00e1 en Palestina gritando mentres o mundo mira a outro lugar.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para min, dende setembro de 2025 Nasser e Reem son familia, as s\u00faas coitas son tam\u00e9n mi\u00f1as, non do mesmo xeito, non vou banalizar o sufrimento directo que conleva un xenocidio; pero si a preocupaci\u00f3n por que estean ben, por que te\u00f1an que comer, por que a climatolox\u00eda sexa ben\u00e9vola con eles e cos seus.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Como se artella a esperanza? A esperanza \u00e9 que dediques novembro e decembro de 2025 a facer acuarelas da serie \u201cOud- Palestina\u201d e que haxa quen as merca porque sabe que os cartos acadados van \u00edntegros para eles dous. Que as env\u00edes a Sevilla, Vilalba, Barcelona, C\u00e1ceres, Porto, Roma, Santiago, Valencia, Murcia,&#8230; Axudar \u00e9 dar o que se ten para soster, e non precisamos todas n\u00f3s que nalg\u00fan intre nos soste\u00f1an?&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Dic\u00eda Eduardo Galeano: \u201cMoita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode mudar o mundo\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-audio\"><audio controls src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/AUDIO-2026-11-12-19-21-34.m4a\"><\/audio><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Patricia Torrado Queiruga recita un poema de NAKBA<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">P._ <strong>A internacionalizaci\u00f3n de NAKBA coa s\u00faa versi\u00f3n tetraling\u00fce (galego, castel\u00e1n, ingl\u00e9s e \u00e1rabe) axuda a establecer con maior firmeza esa conectividade emocional entre a ollada dunha autora situada f\u00f3ra (xeograficamente falando) do lugar onde acontece a cat\u00e1strofe e as propias v\u00edtimas de tal desfeita humanitaria? Que sensaci\u00f3ns experimentaches no transcurso creador desta obra po\u00e9tica? E agora que a ves plasmada no corpo de libro, que sentes? Que desexar\u00edas que probase a persoa lectora que se achegue a esta labazada po\u00e9tica de cruenta realidade que retratas en NAKBA?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">R._ Calquera tipo de arte debe remexernos dentro, facernos replantexar o mundo, facernos pensar. Iso era o que pretend\u00eda esta obra, meter a man no peito da persoa lectora, remexela dentro e que iso lle mudase a ollada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Para min era preciso tomar partido, porque non tomalo \u00e9 ser c\u00f3mplice, non po\u00f1er o noso gran de area \u00e9 ser parte do problema e ollar para outro lado ou negar a aberraci\u00f3n non entra dentro da definici\u00f3n de humanidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As\u00ed nace tam\u00e9n NAKBA, como unha sorte de incendio na boca do est\u00f3mago ante a inxustiza irracional e constante cometida contra un pobo, polo simple feito de ser cobiza e esquezo do resto.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Coido que se acadou a finalidade que buscaba. Quen o leu f\u00e1lame do moito que chorou, de como viviu cada poema, de que tiveron que lelo en anacos para non esgazar. E a mirada do pobo \u00e1rabe en xeral tam\u00e9n \u00e9 moi positiva. Com\u00e9ntanme palestinas afincadas en Galiza que viron retratado o sufrimento do seu pobo como se ese mesmo sufrimento fose padecido por min, como se a mi\u00f1a voz fose a das s\u00faas irm\u00e1s, das s\u00faas nais, das s\u00faas avoas. Porque non \u00e9 unha ollada dende f\u00f3ra -nunca pretendeu selo- como muller europea, cuns privilexios e prexu\u00edzos adquiridos, a milleiros de quil\u00f3metros de distancia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">P._ <strong>Entre os matices que atinxen \u00e1 vida est\u00e1 o do compromiso coa vida mesma e\/ou con algunha causa dentro da mesma. Que opinas diso? Que caracter\u00edstica\/-s procuras que trace a t\u00faa literatura? \u00c9tica e\/ou est\u00e9tica?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">R._ Como dic\u00eda anteriormente, calquera tipo de arte ten que comprometerse co seu tempo, coa s\u00faa realidade social, pol\u00edtica, cultural e emocional. A est\u00e9tica por si mesma non deixa ning\u00fan regusto no padal. Un bo verso queda pegado na pel, no pensamento, volve aos beizos sen sequera invocalo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Son unha muller comprometida, inc\u00f3moda, directa e irreverente e iso n\u00f3tase na mi\u00f1a escrita, na mi\u00f1a forma de estar no mundo, no xeito de relacionarme co que me rodea. Co cal\u2026 \u00e9tica e est\u00e9tica, sempre.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/PHOTO-2026-11-12-19-36-09-2.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"917\" height=\"667\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/PHOTO-2026-11-12-19-36-09-2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-21672\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/PHOTO-2026-11-12-19-36-09-2.jpg 917w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/11\/PHOTO-2026-11-12-19-36-09-2-480x349.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) 917px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">P._ <strong>Se colaps\u00e1semos como civilizaci\u00f3n, que derradeiras palabras deixar\u00edas ditas ou escritas? Ou gardar\u00edas silencio?<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">R._ Cando a poes\u00eda chegou a min, chegou con Neruda e aquel verso de \u201cme gusta cuando callas\u201d&#8230; moito me deu que pensar.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nunha \u00e9poca anterior da mi\u00f1a vida aprend\u00edn a ser a correcta, a pasar desapercibida, a non pedir, a non retrucar,&#8230; Pero a aprendizaxe \u00e9 daga afiada, e pode asaltarte en calquera intre. Descobres que hai loitas que se deben librar, cuesti\u00f3ns polas que se debe alzar a voz, principios e dereitos que defender e o silencio \u00e9 indiferenza, complicidade, desleixo, apat\u00eda. O silencio s\u00f3 \u00e9 preciso para que a m\u00fasica e as verbas respiren.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Se pens\u00e1semos con detemento a importancia e responsabilidade que conleva cada palabra que dicimos e o impacto que pode ter en quen nos le ou nos escoita, o mundo ser\u00eda moito m\u00e1is amable. Porque tanta amabilidade hai nun <em>Qu\u00e9rote!<\/em> coma nun <em>Vaffanculo!<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8220;Para min esta obra non s\u00f3 foi un berro de loita con premio, foi a oportunidade de darlle voz a quen est\u00e1 en Palestina gritando mentres o mundo mira a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[4092,23,7,129,6,370,1],"tags":[411,4091,3315,3712,3710,792,3711],"class_list":["post-21670","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-arredor-de","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-parladoiro-con","category-xeral","tag-alvarellos-editora","tag-arredor-nakba","tag-nakba","tag-nasser-rabah","tag-omneia-sadek-el-shahat","tag-patricia-torrado-queiruga","tag-reem-m-arkan"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/21670","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=21670"}],"version-history":[{"count":11,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/21670\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":21687,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/21670\/revisions\/21687"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=21670"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=21670"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=21670"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}